PRESENTACIÓN DO DIARIO GALEGO ESTE SÁBADO NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

PRESENTACIÓN DO DIARIO GALEGO ESTE SÁBADO NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

Este sábado día 9 de xuño ás 20.30h preséntase na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, o proxecto para a saída en 2019 de O Diario Galego.

Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María, Orlando Viveiro, estudoso do patrimonio da Terra Chá, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza serán as persoas que intervirán nun primeiro momento, para pasarmos, posteriormente, a un diálogo entre as persoas asistentes.

Nestes momentos Galiza non conta con ningún diario na nosa lingua e para o facer posíbel son necesarias un mínimo de 3 mil subscricións. A empresa editora é Sermos Galiza, que hai seis anos lanzou o diario dixital e mais o semanario en papel, o único que hai nos quiosques en lingua galega.

Gostariamos de contar coa túa presenza e pregámosche que fagas chegar este convite a todas as persoas que consideres.

Para máis información:

https://www.odiariogalego.gal/

 

*Información achegada dende a Casa-Museo Manuel María.

Um soneto de Francesco Petrarca traduzido para galego-português por André Da Ponte

Um soneto de Francesco Petrarca traduzido para galego-português por André Da Ponte

UM SONETO DE FRANCESCO PETRARCA TRADUZIDO PARA GALEGO-PORTUGUÊS

CCXCII

Os olhos que eu cantei tão vivamente,

e os braços, mãos e pés e o doce viso

que me tinham tão fora do meu siso

fazendo-me distinto da outra gente;

 

Os caracóis, puro ouro reluzente,

e o tão claro e angélico sorriso,

que tornavam o mundo um paraíso,

apenas já são pó que nada sente;

 

E, vivo ainda eu, sofro e desdenho,

pois fico sem o lume que amei tanto,

em grã fortuna e desarmado lenho.

 

Finda hoje aqui o meu amante canto:

seca está a fonte de que fui engenho

e a minha cítara mudada em pranto.

 

Francesco Petrarca (Arezzo, 20 de julho de 1304 – Arquià, 19 de julho de 1374)

 

Il Canzoniere Rerum vulgarium fragmenta

 

CCXCII

 

Gli occhi di ch’io parlai sí caldamente,
et le braccia et le mani et i piedi e ’l viso,
che m’avean sí da me stesso diviso,
et fatto singular da l’altra gente;

le crespe chiome d’òr puro lucente
e ’l lampeggiar de l’angelico riso,
che solean fare in terra un paradiso,
poca polvere son, che nulla sente.

Et io pur vivo, onde mi doglio et sdegno,
rimaso senza ’l lume ch’amai tanto,
in gran fortuna e ’n disarmato legno.

Or sia qui fine al mio amoroso canto:
secca è la vena de l’usato ingegno,
et la cetera mia rivolta in pianto.

 

 

http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/bd/Francesco_Petrarca..jpg

 

Proxección do documental ENTRAR AOS VILARES na parróquia da Xesta (Lalín), por Antón de Guizán

Proxección do documental ENTRAR AOS VILARES na parróquia da Xesta (Lalín), por Antón de Guizán

O próximo dia 10 de xuño ás 21:00 horas a Asociación de Veciños San Pedro Félix da Xesta (Parróquia singular de Lalín 2018) organiza a proxección do documental Entrar aos Vilares, producido pola Asociación da Terra Chá, Lareira de soños arredor da parróquia do poeta Xosé María Díaz Castro. O filme foi finalista da XII Mostra Internacional de Cinema Etnográfico de Compostela en tres categorías (mellor filme, mellor producción galega e prémio do público). A proxección contará com membros da equipa de realización que manterán um colóquio co público asistente.

Director, Cibrán Tenreiro (653968938).

 

“Entrar aos Vilares é, máis ou menos, un intento de explicar un lugar partindo de cero. Cando aos tres realizadores nos fixeron a proposta de facer un documental sobre Os Vilares, non tiñamos moi claro se iamos ser quen de comprender o que é a parroquia e o que representa para a xente que vive alí, nin se iso ía ser necesariamente interesante (para nós e para quen puidera velo despois). Así que a solución que se nos ocorreu foi, simplemente, rexistrar o noso intento. Así, aínda no caso de fracasar, teríamos como mínimo a opción de ensinar o retrato honesto das nosas limitacións.

Por iso a película dá, se cadra, a sensación de estar en proceso, ou de ser a ratos un vídeo doméstico. Preguntamos aos veciños tentando comprender a identidade do lugar, buscando as súas particularidades, arredor da idea de buscar a historia na vida cotiá. Observamos as paisaxes e os diferentes espazos da parroquia, ás veces cheos de actividade e ás veces baleiros. E, mentres o facemos, tentamos confrontar iso coa nosa propia perspectiva de xente nacida na cidade e estudante de cine, que nos leva aínda que non queiramos a facer as preguntas que facemos, ir aos sitios aos que imos e xogar entre nós. Non podiamos sequera pretender ser obxectivos, así que fomos subxectivos. Igual que nós entramos nos Vilares, no mellor dos casos o espectador podería entrar con nós, dubidar con nós, desviarse con nós do propósito inicial e, cada un á súa maneira, aprender”.

-Cibrán Tenreiro (Director).

 

SINOPSE:

 

Tres mozos entran a unha parroquia de Guitiriz que descoñecen co encargo de realizar un documental sobre ela. Entón:

1) Preguntan aos veciños tentando comprender a identidade do lugar seguindo unha cita de Charles Seignobos que leron na universidade: “Lamento non ter podido tratar máis que dunha maneira moi incompleta os feitos da vida cotiá, alimentación, vestido, habitación, usos de familia, dereito privado, diversións, relacións de sociedade, que constituíron o principal interese da vida para a enorme maioría de individuos”.

2) Tentan vincular o que aprenden á súa propia identidade e ás súas propias experiencias, sendo da primeira xeración das súas familias que non naceu na aldea. E cuestionan o resultado: non queren dar outra visión nostálxica do rural pero non teñen claro se o conseguen.

3) Pasean por leiras e casas abandonadas, xogan, distraense mirando aos animais e desvíanse das súas propias intencións como se estiveran facendo un vídeo doméstico.

 

Hastack:

#Entraraosvilares

 

Máis info no evento de Facebook:

https://www.facebook.com/events/1614637685270683/?ti=cl

Teaser/video on Vimeo:
https://vimeo.com/189907926

 

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1