IESCHA.- Avance de Actos Decembro 2019 a Febreiro 2020
O IESCHA avanza a programación de actos que desenvolverá de Decembro 2019 a Febreiro 2020.
O IESCHA avanza a programación de actos que desenvolverá de Decembro 2019 a Febreiro 2020.
O grupo de música BERLAI estará este sábado, días 14 de decembro, ás 20 hrs na Casa-Museo Manuel María nun concerto que é de entrada libre (até encher a capacidade do auditorio).
BERLAI vai presentar o seu traballo Desconhecido. Este é o resultado de unir música con banda deseñada, de feito durante o concerto proxectaranse ilustracións deste traballo que elaborou o debuxante Ernesto Torterolo.
Deixámosvos aquí algunhas ligazóns de youtube por se queredes saber como soan e lembrade que podedes reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal
Cruzei mares: https://www.youtube.com/watch?v=itAeIQeli8s
Um livro estranho: https://www.youtube.com/watch?v=itAeIQeli8s
Com os melhores desejos: https://www.youtube.com/watch?v=Njn48YjD6dg
*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María.
O xoves, 12 de decembro de 2019, ás 20:30 horas inaugurarase na Casa da Cultura de Vilalba a Exposición Leandro Seixas: esculturas.
Esta exposición, organizada polo IESCHA, en colaboración co Concello de Vialba, permanecerá aberta ata o 15 de xaneiro de 2020. E confórmana 11 pezas escultóricas, a maior parte delas realizadas en mármore.
*Información achegada polo IESCHA.
O sábado 14 de decembro ás 18 h., na Biblioteca Municipal de Antas de Ulla (Casa da Cultura), o IEU organizará un Recital Poético sobre o Pico Sacro no que se presentará o libro “Pico Sacro ferido polo lóstrego e a lenda”.
Presentarán o acto o profesor Jaime Rodríguez Ouro e o escritor e filólogo Xulio Pardo de Neyra, e contaremos no recital poético coas intervencións do coordinador do libro e coautor Xosé Manuel Lobato, de Xoán Xosé Fernández Abella, de Charo Golmar e de Henrique Neira.
*Información achegada desde o Instituto de Estudos Ulloáns http://ieu.gal/
Velaquí POEMAN II, o libro manuscrito por distintos/-as autores/-as para conmemorar a data do 25 de novembro, Día Contra a Violencia Machista. Case unha vintena de voces poéticas: Ana Mar Fraga Rábade, Ana Vila Portomeñe, Andrea Fernández Maneiro, Beatriz Dourado, Emilia Martínez Fuentes, José Carlos Ulloa García, Mariña Maceiras, Moncho Bouzas, Paco Ledo, Patricia Torrado Queiruga, Pilar Maseda, Primitivo Oliva Fernández, Teresa Ríos, Toño Núñez, Xess Mondelo, Xesús Trashorras e Ximena Mariño.
Distintas sensibilidades e heteroxéneos modos de describir con verso, e nalgún caso, acompañado de imaxe unha colectánea de emocións arredor do tema arriba mencionado.
Medre a Poesía!