Este sábado día 9 de xuño ás 20.30h preséntase na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, o proxecto para a saída en 2019 de O Diario Galego.

Saleta Goi, presidenta da Fundación Manuel María, Orlando Viveiro, estudoso do patrimonio da Terra Chá, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza serán as persoas que intervirán nun primeiro momento, para pasarmos, posteriormente, a un diálogo entre as persoas asistentes.

Nestes momentos Galiza non conta con ningún diario na nosa lingua e para o facer posíbel son necesarias un mínimo de 3 mil subscricións. A empresa editora é Sermos Galiza, que hai seis anos lanzou o diario dixital e mais o semanario en papel, o único que hai nos quiosques en lingua galega.

Gostariamos de contar coa túa presenza e pregámosche que fagas chegar este convite a todas as persoas que consideres.

Para máis información:

https://www.odiariogalego.gal/

 

*Información achegada dende a Casa-Museo Manuel María.