por martinho | May 31, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
Poucas vezes na história da arte um grande compositor como Gioachino Rossini, ou Gioacchino, quando o baptismo Giovacchino Antonio Rossini (Pésaro, 29 de fevereiro de 1792 – Passy, Paris, 13 de novembro de 1868) tem alcançado im fervor igual que o rouxinol de Pésaro.
Compostor de óperas como Il barbiere de Siviglia (O barbeiro de Sevilha), La Cenerentola (A Cinderela) ou Guillaume Tell (Guilherme Tell). Esta última escrita em 1829, marca o final da sua esplendorosa carreira como compositor de óperas.
Quando o gigantesco compositor morreu na sua casa de campo de Passy, perto de Paris em 1868, milhares de vozes entoaram a Prece de Moisés na sua honra.
Este é o texto que coloco traduzido desde o italiano, suplicando que, após lerdes a tradução escuiteis o vídeo que coloco desta prece genial que foi inspirada sobre a tragédia L´Osiride de Francesco Ringhieri:
https://youtu.be/MEjnUbRE0Hg
Mas, antes, um pequeno apontamento sobre o autor da letra: Andrea Leone Trottola.
Nada se sabe do dia nem do ano do nascimento do prolífico libretista que foi imensamente solicitado tanto por Gioachino Rossini como por Gaetano Donizetti. Nem sequer onde foi que viu à vida.
Sábe-se que começou escrever libretos para óperas em 1802.
O seu libreto para a ópera Gabriella di Vergy – no princípio criado por Michele Carafa – foi revisado por Donizetti entre as décadas de 1820 e 1830. Ainda escreveu seis libretos mais para Donizetti, incluídos os de La zíngara (1822), Alfredo il grande (1823), Il castello di Kenilworth (1829) e Imelda de Lambertazzi em 1830.
Para Vincenzo Bellini escreveu Adelson e Salvini (1825). Ainda escreveu letras para compositores como Giovanni Pacini (Alessandro nelle Indie, 1824) e para Saverio Mercadante, Johann Simon Mayr, Nicola Vacca, Enrico Petrella, Ferdinando Paer e Manuel Garcia.
O libretista morreu em Nápoles em 15 de setembro de 1831.
A ópera Mosè in Egito foi estreada no Teatro San Carlo de Nápoles em 5 de março de 1818.
E mais nada, deixo-vos, então com esta emocionante música e letra.
A PRECE DE MOISÉS (CENA TERCEIRA DO ATO TERCEIRO)
MOISÉS
(E de Israel o Deus
Invoca apenas Moisés)
Do teu trono estrelado,
Senhor., vira-te para nós.
Misericórdia para os teus filhos.
Do povo tem piedade.
ANAIDE, MARIA, ELISEU e CORO
Misericórdia para os teus filhos,
Do povo tem piedade.
ELISEU
Se estiver pronto para tua vontade
São elementos e esferas,
Teu amigo escapa ao apontar
Dúvida, errante pé.
ANAÍDE, MARIA, ELISEU e CORO
Deus é misericordioso
Nós vivemos apenas em você.
ANAÍDE
Neste coração doente
Deh! Desça, oh Deus clemente:
E fármaco suave
Seja de paz polo menos.
TODOS
Do teu trono estrelado,
Senhor., vira-te para nós.
Misericórdia para os teus filhos.
Do povo tem piedade.
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
Preghiera “Dal tuo stellato soglio”
MOSÈ
(E d´Israello il Dio
Invoca sol Mosè)
Dal tuo stellato soglio,
Signor, ti volgi a noi.
Pietà de´figli tuoi.
Del popolo tuo pietà.
ANAIDE, MARIA, ELISEO e CORO
Pietà de´figli tuoi,
Del popolo tuo pietà.
ELISEO
Se pronti al tuo volere
Sono elementi e sfere,
Tuo amico scampo addita
Al dubbio, errante piè.
ANAÍDE, MARIA, ELISEO e CORO
Pietoso Dio, ne aita:
Noi non viviam che in te.
ANAÍDE
In questo cor dolente
Deh! Scendi, oh Dio clemente:
E farmaco soave
Gli sia di pace almen.
ANAÍDE, MARIA, ELISEO e CORO
Il nostro cor che pena
Deh! Tu conforta almen.
TUTTI
Dal tuo stellato soglio,
Signor, ti volgi a noi
Pietà de´figli tuoi
Del popolo tuo pietà.
por Pilar Maseda | May 30, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
SURREALISMO
Sobrevaloramos a morte
Cando o único que nos fai esmorecer
é o medo!
O medo que nos derrota ante as loitas
Perante as escaramuzas, nas batallas
Por iso é que hai seres
Que van morrendo en anaquiños, no silencio
E vidas que resisten e camiñan
En ousadas valentías fronte aos prexuízos
Sobrevaloramos a morte construída no egoísmo
Hai quen di que por iso os poetas
Agonían o seu eu lírico moribundo
E os analfabetos heterodoxos
Practicamos as rimas inadaptados ás normas
Sobrevaloramos a morte coma se fose a metáfora
Madita sexa, só é unha escusa!!
En tanto o tempo nos delata
E o progreso nos institucionaliza e nos retrata
Neste xogo de espellos
Que é vivir!!
E deixar vivir !!
Sobrevaloramos a morte coma se fose a fin
Cando somos milleiros de ratos xirando na roda
Na gaiola
De quen son as mans que nos sentenzan a galeras ?
por martinho | May 30, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
A VITÓRIA COLONNA
Não tem um grande artista um só preceto
que a um tão só mármore se circunscreva
o seu repor, porque é que a isso leva
a mão que tem respeito ao intelecto.
O mal do que fujo e o bem que prometo,
ó linda mulher, altaneira e diva,
está em ti e esta arte, porque não viva,
tem na contrária o desejado afeto.
Não é nos amores, nem na beldade,
nem fado, nem rigor, desdém ingente,
causas do mal, nem sina, nem a sorte,
se no teu seio a morte e a piedade
levas à vez, a arte é impotente,
e acho a tanto ardor só a minha morte.
Miguel Ângelo di Lodovico Buonarroti Simoni (Caprese, 6 de março de 1475 – Roma, 18 de fevereiro de 1594), mais conhecido simplesmente como Miguel Ângelo.
À Vittoria Colonna
Non ha l’ottimo artista alcun concetto,
Ch’ un marmo solo in se non circoscriva
Col suo soverchio, e solo a quello arriva
La man che obbedisce ail’ intelletto.
Il mal ch’ io fuggo, e ‘l ben ch’ io mi prometto,
In te, donna leggiadra, altera, e diva,
Tal si nasconde, e, perch’ io più non viva,
Contraria ho l’arte al desiato effetto.
Amor dunque non ha, nè tua beltate,
O fortuna, o durezza, o gran disdegno,
Del mio mal colpa, o mio destino, o sorte,
Se dentro del tuo cor morte e pietate
Porti in un tempo, e che ‘l mio basso ingegno
Non sappia ardendo trame altro che morte.
*Imaxe: https://sobreitalia.com/files/Miguel-Angel.jpg
por martinho | May 29, 2018 | Autores/as, Creación, Novas, Xeral
É moita a xente que relaciona a parroquia dos Vilares co seu veciño máis importante, o poeta Xosé María Díaz Castro ou pola tradición do oficio dos trapeiros e trapeiras, pero son menos as persoas que relacionan á segunda parróquia de Guitiriz con outro dos seus oficios máis representativos, o de canteiro. Aínda que o concello ten creado hai pouco tempo o roteiro da pedra e Díaz Castro que relaciona estes importantes simbolos, o certo é que pouco se ten escrito deste feito a pesares de ser as penas unha parte fundamental da paisaxe vilarega, como corazóns que saen do corpo da terra. A mítica Pena de Roldán é a máis coñecida entre centos e que forma parte das lendas da Galicia Encantada de Antonio Reigosa.
Raúl Río xuntou a pedra e a poesía de Díaz Castro esculpindo o busto do poeta nas Reixas e gravando a cincel as figuras de Castelao e do demo na Pena da Grallas.
Genaro Pérez e Yasmina Seijas contan no seu libro sobre as pegadas da cultura e a natureza en Guitiriz que entre os anos 40 e 60 do pasado século, Os Vilares contaba con 50 dos 92 canteiros de todo o concello e 10 de 26 carreteiros mentras que Parga apenas contaba con sete a pesares de ter unha sona debida a que ate mediados dos 40 era capital do concello e posiblemente tamén ás canteiras de granito alí existentes. Estas cifras dan unha idea real da importancia deste oficio non só na parróquia senón no conxunto da comarca, pois o seu traballo trascendía fóra dos limites dos Vilares. Na memória quedan
aínda grandes canteiros vilaregos como FranciscoPrieto Miragaya, da casa de Soprón, Manuel de Reburdiños, Xosé Pena, Eustaquio de Castro (autor das caliveras do vello camposanto), Alvaro de Drada, Pepe de Novás, Emilio da Tolda, e máis recentemente Luis de Farruquete ou o coñecido Xavier Quijada, orixinario doutra terra chairega de canteiros, Donalbai de Begonte. A pedra de Guitiriz está presente no mosteiro de Sobrado, no panteón dos Andrade, no Centro Galego da Habana ou no edificio do Banco de España da Coruña. Tamén o xenial Gaudí contou con granito (e canteiros) do lugar para moitos elementos da monumental Sagrada Familia en Barcelona.
Foron tamén canteiros dos Vilares con pedra da Pena do monte do Viso, entre eles gregório, avó de Raúl de Río (trapeiro de Honra 2018) os que construiron a súa obra social e educativa máis importante para os veciños, a escola Habaneira da Conchada coa iniciativa e aportación económica dos emigrantes en Cuba e que con 95 anos de existencia conserva aínda en bó estado a súa estructura. Mudaron os tempos e os oficios, as novas tecnoloxís sustituiron ás vellas ferramentas e os novos materiais de construcción incorporaronse á vida diaria, máis a arte e o oficio pervive aínda en algúns deses homes rexos como o granito da pena das Aparracelas, un espíritu daqueles canteiros-artistas que está a ser protexido pola Asociación Cultural Xermolos nos talleres e inicitivas que desenvolve para que o noso pasado siga a ser a columna de pedra que sostente o noso futuro. Esculturas, cruceiros, palleiras, pozos, casas, muíños, pontes, lavadoiros, capelas, igrexas, etc, son hoxe testemuñas silenciosas do bó facer destes artistas da pedra na súa parróquia, porque Os Vilares ten corazón de cantería…
*Imaxes:
-Pena das Aparracelas nos Ramos
-Detalle de cruceiro do Calvário das Reixas
Antón Tenreiro Ferreiro
ANTÓN DE GUIZÁN
antontenreiro@gmail.com
www.blogoteca.com/antonte/
+34 662 183 149
por martinho | May 28, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Do 1 ao 3 de xuño no Mercado Municipal de Malpica celebrarase a I Feira do Libro de Poesía “Paco Souto”.
Véxase enlace.