A peza dirixida para público infantil e familiar e con elementos de monicreques de luva, “varilla”, fíos e ritmos percutidos en directo, constrúe unha ollada da vida dun navegante que chegado de lonxe atraca nun pequeno porto da Mariña. Serán Raio, un lobicán, Antolín, un bailarín, e o Propietario, as personaxes da terra que coa súa natureza e comportamento tracen o destino do nauta nesta simpática aventura.
As persoas interesadas en asistir teñen imprescindibelmente que reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros.
Presentará ao conferenciante a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro. Este acto estaba previsto para o mes de maio do pasado ano, coincidindo co Día das Letras Galegas 2020 e dedicado ao autor ferrolán, pero, debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, tivo que ser adiado.
Convócase a todxs xs ouvintes de Radio Liverdade a seguir a emisión en directo deste primeiro programa que contará cunha poeta convidada, cuxo nome se desvelará ao inicio do mesmo.
Dado que a capacidade no interior do local é limitada polas vixentes medidas sanitarias causadas pola pandemia da Covid-19, gardaranse os estritos protocolos de seguridade establecidos.
Espectáculo teatral baseado no libro de Xosé Neira Vilas que este ano cumpre sesenta anos da súa primeira publicación
Monólogo escénico-narrativo de Cándido Pazó sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 60 aniversario da súa primeira publicación. “Memorias dun neno Labrego” publicouse, en 1961, en Buenos Aires e é un dos libros máis sobranceiros da nosa literatura.
Trátase dun espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.O prezo do billete é de 5 euros. É imprescindíbel facer reserva en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
Para unha urbanita coma min, que naceu nunha gran cidade e pasou a maior parte da súa vida entre edificios e asfalto, ler a María Sánchez tras unha etapa de cambios importantes –cada vez máis próxima á raíz sanguínea e, por tanto, ao telúrico – é absolutamente revelador.
Nos últimos anos, nese proceso de identificación e achegamento á terra, teño lido con enorme entusiasmo a John Berger, autor que ocupa un lugar privilexiado na miña humilde biblioteca. Mais con Tierra de mujeresveño a constatar unha narrativa necesaria, imprescindíbel, que integra, xa desde o título, dous elementos cun vínculo especial: natureza e feminismo. Unha narrativa brillante, que furga no esquecemento para dignificar o rural desde a mirada das invisíbeis. Aquelas que, entre outras cousas, cultivaron a horta, aleitaron á prole e levaron o gando a pacer.
Asistimos, asemade, a unha lectura cálida, que nos arroupa con tenrura desde o principio, coa reprodución de escenas da infancia a cámara lenta. Unha especie de limiar das futuras aprendizaxes vitais. A autora consegue envolvernos nun relato verosímil, que non precisa de moitos ornamentos para sentilo propio e, que malia todo, posúe a capacidade de rexenerar coñecemento de maneira constante sobre un mundo que subestimamos con arrogancia –ou ignorancia- foránea. Quizais, non sería tan desencamiñado, volvermos ao discurso que Miguel Delibes pronunciaba na súa entrada na RAE, con aquela interpelación ao que denominamos progreso.
Mención á parte, merecen as referencias a outras autoras que labraron primeiro estas leiras do pensamento, como son Maria Gabriela Llansol ou Luz Pichel, porque escribir non é máis que ligarmos as mans unhas a outras. Do mesmo xeito, atopamos magníficas ilustracións e citas que abren cada capítulo do libro, enraizándose perfectamente no conxunto da obra, como esta de San Juan 4,38: “Otros se fatigaron y vosotros os aprovecháis de sus fatigas”.
Lede a María Sánchez, lede Tierra de mujeres, porque non sairedes indemnes desta inesperada turrada.