- Cargos:
– 1978-1986: Delegado Insular de Balonmano Plan de Formación Deportiva CSD – Cabildo Insular La Palma.
– 1985-1986: vicedirector do centro educativo San Antonio (La Palma, Canarias).
– 1995-1998: director do centro educativo Antonio Insua Bermúdez (Vilalba).
– Director do Equipo de Normalización Lingüística nos centros educativos Antonio Insua Bermúdez (1991-1994) e Santiago Basanta Silva (1999-2000).
– Presidente do Instituto de Estudios Chairegos (2001-2005).
Data de nacemento: 03-07-1951
Lugar de nacemento: San Xoán de Alba (Vilalba)
Datos de posíbel interese:
- Formación e destinos profesionais:
– 1965-1972: Instituto Masculino de Lugo (Bacharelato Elemental, Bacharelato Superior, COU)
– 1972-1975: Escola Universitaria de Maxisterio (Filoloxía e Francés).
– 1976: Ingreso por oposición no Corpo do Profesorado, sendo destinado en 1977 a Santa Cruz de La Palma (La Palma, Canarias), onde realiza paralelamente estudos na UNED.
– Exerce a docencia nos centros:
> Anselmo Pérez de Brito (La Palma, 1977-1979, Lengua Española y Literatura, EF).
> San Antonio (La Palma, 1979-1986, Lengua y Literatura, EF)
> Aquilino Iglesia Alvariño (Abadín, 1986-1988, Lingua Galega e Literatura)
> Antonio Insua Bermúdez (Vilalba, 1988-1998, Lingua Galega e Literatura).
> IES Santiago Basanta Silva de Vilalba (Vilalba, 1998-2011, Lingua Galega e Literatura)
- Publicacións e/ou colaboracións:
– Colabora habitualmente nalgunhas revistas de ámbito local.
– Colabora dende o ano 2000 en publicacións colectivas do Instituto de Estudios Chairegos.
– Dende o ano 2000 vén realizando colaboracións nalgúns medios de comunicación.
– “Catro Lúas (Caderno de Estudios Chairegos nº 3, VVAA, Instituto de Estudios Chairegos, Vilalba 2006).
– Chanot, pintor gaditano-vilalbés (José-Luís Novo Cazón – Xosé M. Felpeto Enríquez, Instituto de Estudios Chairegos, Biblioteca Chairega núm. 7, Vilalba 2007).
- Premios e distincións:
– 2º premio de ensaio do Certame Literario do Instituto Masculino de Lugo (1967).
– 1º premio de narrativa do Concurso de Contos Breogán 2004 (XXXVII edición), convocado polo Centro Galego de Barakaldo, polo relato Catro lúas.
– “Colaboración en el deporte de base. Planificación y coordinación” (Consejería de Educación, Cultura y Deporte, Gobierno de Canarias, 1977-1986).
– “Colaboración en el deporte. Planificación y coordinación deporte escolar” (Excmo. Ayuntamiento de Santa Cruz de La Palma, La Palma, Canarias, 1977-1986).
Suso De Merelas: Nacín en Betanzos en 1966. Vivín en Becerreá durante 23 anos e agora o meu corazón está en Pol, de onde era miña nai e onde meus pais fixeron unha casa. Estudei filoloxía galego-portuguesa e traballo como lingüista nun estudio de dobraxe en Santiago de Compostela. En 2012 publiquei un libro de poemas titulado Viaxe sen cancelas. Ando traballando no seguinte, que espero non tardar moito e dar ao prelo.
Cobro nómina de mestre, escribo algo (dixo de min unha vez un señor sabio que tiña ínfulas literarias), canto un pouco… Pero non sei tocar a guitarra nin o acordeón… E gústame moito, de cando en vez, escribir artigos de opinión. Tamén devezo polas cereixas… Xa que logo: home de moitos oficios e… non tantos beneficios. Mais, vivo ben. Moi ben… Por veces… ata son feliz… Si, son un home… Un home outonizo, ás portas da invernía. Hai moitos anos fun un neno-rapaz-mozo moi tímido e acomplexado. Pero a vida foise volvendo xenerosa comigo e fun perdendo o medo… Agora son un arroutado, un destemido… Mais… aínda, outras veces, un covarde… E vou así, engordiño (non hai présa) pola beira da vida, camiño da morte. Amén!
Por se a alguén lle interesase, toñadas:
-O soño de Ánxela (Infantil). Everest Galicia.
-O señor mago e a folla (Infantil). Everest Galicia.
-Amores de gato e rato (infantil). Kalandraka.
-Navia, nai (De todo un pouco). Servizo de Publicaciois da Deputación de Lugo.
-Macedonia de froitas (Infantil). Ir Indo.
-As cores da vida (Infantil). Ir Indo.
-O pirata Metepata (Infantil) Baía.
-O monstro dos Ancares (Infantil). Galaxia.
-Mago Goma (Infantil). Kalandraka.
-De cómo chispo o esquío puido co frío (Infantil). Galaxia.
-Poemas de Amor en Outono (Poemas e videopoemas). Fachinelo.
-Colaboracións en revistas e libros colectivos.
-Artigos de opinión.
-Ferretes… ferraduras… e outras travesuras…
Gasumelo. Edicións Positivas. 2004.
Materialquimia. Revista Infoxove nº 27. Xunta de Galicia. 2008.
Setestrelo. Antoloxía de referencia. Sentimentalismo. Editorial Bubela. 2012.
Moradía. Antoloxía Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega. Toxosoutos. 2013.
Desasosego. Antoloxía Transcendental. Sentimentalismo. Editorial Bubela. 2015.
Expreso e outros poemas da vía. Editorial Círculo Rojo. 2016.