QUEN SOMOS

Culturalia GZ é un lugar de encontro no que a cultura se define por medio da linguaxe plural. Un proxecto cultural en continua actualización feito polas persoas que se animen a participar manifestando as súas inquedanzas, o resultado da súa expresión imaxinativa ou, sinxelamente, observando e alimentándose do que outras persoas fagan no eido cultural.

Culturalia GZ pretende ser unha viaxe de participación e lecer. Un xeito de comunicación ininterrompida no que ti sexas @ protagonista, polo vieiro da colaboración, a opinión, a información…

Cultura plural, palabra colectiva.