O acto terá lugar o vindeiro domingo 26 de outubro de 2025, ás 20:00 horas, na CASA DA CULTURA DE VILALBA, e contará tamén coa actuación das canteareis LAMBE, LAMBE.
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade á escritora gañadora, EVA Mª MEJUTO, polo seu libro “QUECO E KIKA”, que terá lugar o sábado 25 de outubro de 2025, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.
Lumedoloop, a nova referencia do hip hop en galego, publica Rico de Sabor, un manifesto do materialismo afectivo fronte á aritmética fría do capital. Unha denuncia, en clave de retranca, da gran contradición do noso tempo: un sistema que promete abundancia para todos mentres estruturalmente require a escaseza da maioría.
Lumedoloop, que lanzará no mes de febreiro o seu primeiro disco, é o novo proxecto de Jamas, Møu e DJ Mil; e este Rico de sabor é o primeiro lume que dan a coñecer. Sobre unha instrumental exquisita asinada por Møu, Jamas asesta unha interpretación brillante que combina ironía, precisión poética e contundencia emocional. Un manifesto e toda unha declaración de intencións que, á vez, unha carta de presentación dun proxecto sonoro de gran personalidade e impacto. “Rico de Sabor, pero non teño un puto peso”, canta Jamas.
Lumedoloop nace do encontro entre tres figuras fundamentais do hip hop galego. Por unha banda, Jamas (voz principal), un dos MCs máis carismáticos dos nosos escenarios, cun estilo que mestura contundencia e sensibilidade, posuidor dun flow natural cargado de musicalidade e forza explosiva. Pola outra, Møu (produción musical e voz), o produtor que marcou a evolución do rap en Galicia, cunha identidade sonora tan asentada coma en constante exploración. Ambos, integrantes e fundadores de Dios Ke Te Crew, alíanse neste proxecto artístico con DJ Mil (scratches e djing), virtuoso dos pratos cunha carreira consolidada cuxos cortes e seleccións son parte esencial da narrativa sonora de Lumedoloop.
Lumedoloop nace do encontro entre tres figuras fundamentais do hip hop galego. Por unha banda, Jamas (voz principal), un dos MCs máis carismáticos dos nosos escenarios, cun estilo que mestura contundencia e sensibilidade, posuidor dun flow natural cargado de musicalidade e forza explosiva. Pola outra, Møu (produción musical e voz), o produtor que marcou a evolución do rap en Galicia, cunha identidade sonora tan asentada coma en constante exploración. Ambos, integrantes e fundadores de Dios Ke Te Crew, alíanse neste proxecto artístico con DJ Mil (scratches e djing), virtuoso dos pratos cunha carreira consolidada cuxos cortes e seleccións son parte esencial da narrativa sonora de Lumedoloop.
O rapeiro santiagués Cibrán García (Boyanka Kostova) prepara o lanzamento da súa proposta máis persoal e experimental da man do selo galego Tremendo Audiovisual
O álbum debut de Saibran, proxecto do que tamén forman parte o baixista Julián Goicoa e o batería Fiz García, verá a luz antes do Nadal
Durmir é para covardes. Unha sátira e declaración de intencións desenfadada, unha canción para insomnes creadas co desvaríos que trae o desvelo, é a proposta coa que se presenta o novo proxecto de rap galego Saibran. A súa carta de presentación xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais.
Saibran é o novo proxecto musical -e persoal- de Cibrán García, o rapeiro santiagués, tamén coñecido por ser o 50% de Boyanka Kostova. A proposta agroma da creatividade inxente do artista, da súa necesidade de experimentar e de colaborar con outros nomes da escena. Unha voz sen ataduras que se nos amosa tan introspectiva como reivindicativa e que, nesta andaina, acompáñase doutras dous figuras chave: Julián Goicoa, baixista, e Fiz García, batería.
O seu primeiro sinxelo, Durmir é para covardes, expón e retrata, dalgún xeito, as liñas principais do proxecto. Humor, diversión e experimentación son os piares dun tema no que a realidade trasnoitada se mestura deliberada -e consecuentemente- cos delirios que nacen nos desvelos. Un sinxelo que engloba a alma de Saibran, tanto a nivel sonoro como letrístico.
Este é o primeiro avance dun traballo que verá a luz, da man do selo galego Tremendo Audiovisual, antes do Nadal, e que contará coa colaboración de nomes como Juait, crnds e Møu. A estrea de Saibran ao vivo chegará no mes de decembro para sorprender ao público cun directo dinámico, con instrumentación de baixo e batería, que irá do máis orgánico e analóxico á electrónica máis pura.
O artista vigués Álex Cassen lanzou hoxe Culpable, un adianto do seu primeiro disco, que é unha canción pop con reminiscencias de funky onde Álex Cassen retrata a forza do desexo e a intensidade dun amor prohibido. Cun ritmo fresco e dinámico, o tema convértese nun relato sonoro de atracción inevitable. Este lanzamento marca o inicio dun novo capítulo na traxectoria do artista, servindo como adianto do seu primeiro disco, que verá a luz o vindeiro ano.