Gala de Entrega do VIII Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ a Eva Mejuto

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VIII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade á escritora gañadora, EVA Mª MEJUTO, polo seu libro “QUECO E KIKA”, que terá lugar o sábado 25 de outubro de 2025, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

NOTA-INFORMATIVA-gala-de-entraga

Lumedoloop lanza o seu primeiro manifesto, ‘Rico de Sabor’

Lumedoloop, a nova referencia do hip hop en galego, publica Rico de Sabor, un manifesto do materialismo afectivo fronte á aritmética fría do capital. Unha denuncia, en clave de retranca, da gran contradición do noso tempo: un sistema que promete abundancia para todos mentres estruturalmente require a escaseza da maioría.

Lumedoloop, que lanzará no mes de febreiro o seu primeiro disco, é o novo proxecto de Jamas, Møu e DJ Mil; e este Rico de sabor é o primeiro lume que dan a coñecer. Sobre unha instrumental exquisita asinada por Møu, Jamas asesta unha interpretación brillante que combina ironía, precisión poética e contundencia emocional. Un manifesto e toda unha declaración de intencións que, á vez, unha carta de presentación dun proxecto sonoro de gran personalidade e impacto. “Rico de Sabor, pero non teño un puto peso”, canta Jamas.

Lumedoloop nace do encontro entre tres figuras fundamentais do hip hop galego. Por unha banda, Jamas (voz principal), un dos MCs máis carismáticos dos nosos escenarios, cun estilo que mestura contundencia e sensibilidade, posuidor dun flow natural cargado de musicalidade e forza explosiva. Pola outra, Møu (produción musical e voz), o produtor que marcou a evolución do rap en Galicia, cunha identidade sonora tan asentada coma en constante exploración. Ambos, integrantes e fundadores de Dios Ke Te Crew, alíanse neste proxecto artístico con DJ Mil (scratches e djing), virtuoso dos pratos cunha carreira consolidada cuxos cortes e seleccións son parte esencial da narrativa sonora de Lumedoloop.

Lumedoloop nace do encontro entre tres figuras fundamentais do hip hop galego. Por unha banda, Jamas (voz principal), un dos MCs máis carismáticos dos nosos escenarios, cun estilo que mestura contundencia e sensibilidade, posuidor dun flow natural cargado de musicalidade e forza explosiva. Pola outra, Møu (produción musical e voz), o produtor que marcou a evolución do rap en Galicia, cunha identidade sonora tan asentada coma en constante exploración. Ambos, integrantes e fundadores de Dios Ke Te Crew, alíanse neste proxecto artístico con DJ Mil (scratches e djing), virtuoso dos pratos cunha carreira consolidada cuxos cortes e seleccións son parte esencial da narrativa sonora de Lumedoloop.

Saúdo de Jamas de Lumedoloop

Saibran estrea proxecto musical: DURMIR É PARA COVARDES é a súa carta de presentación

O rapeiro santiagués Cibrán García (Boyanka Kostova) prepara o lanzamento da súa proposta máis persoal e experimental da man do selo galego Tremendo Audiovisual

O álbum debut de Saibran,  proxecto do que tamén forman parte o baixista Julián Goicoa e o batería Fiz García, verá a luz antes do Nadal

Durmir é para covardes. Unha sátira e declaración de intencións desenfadada, unha canción para insomnes creadas co desvaríos que trae o desvelo, é a proposta coa que se presenta o novo proxecto de rap galego Saibran.  A súa carta de presentación xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais.

Saibran é o novo proxecto musical -e persoal- de Cibrán García, o rapeiro santiagués, tamén coñecido por ser o 50% de Boyanka Kostova. A proposta agroma da creatividade inxente do artista, da súa necesidade de experimentar e de colaborar con outros nomes da escena. Unha voz sen ataduras que se nos amosa tan introspectiva como reivindicativa e que, nesta andaina, acompáñase doutras dous figuras chave: Julián Goicoa, baixista, e Fiz García, batería.

O seu primeiro sinxelo, Durmir é para covardes, expón e retrata, dalgún xeito, as liñas principais do proxecto. Humor, diversión e experimentación son os piares dun tema no que a realidade trasnoitada se mestura deliberada -e consecuentemente- cos delirios que nacen nos desvelos. Un sinxelo que engloba a alma de Saibran, tanto a nivel sonoro como letrístico.

Este é o primeiro avance dun traballo que verá a luz, da man do selo galego Tremendo Audiovisual, antes do Nadal, e que contará coa colaboración de nomes como Juait, crnds e Møu. A estrea de Saibran ao vivo chegará no mes de decembro para sorprender ao público cun directo dinámico, con instrumentación de baixo e batería, que irá do máis orgánico e analóxico á electrónica máis pura.



Escoita Durmir é para covardes: https://orcd.co/saibran_durmir

Álex Cassen presenta CULPABLE, un adianto do seu primeiro disco

O artista vigués Álex Cassen lanzou hoxe Culpable, un adianto do seu primeiro disco, que é unha canción pop con reminiscencias de funky onde Álex Cassen retrata a forza do desexo e a intensidade dun amor prohibido. Cun ritmo fresco e dinámico, o tema convértese nun relato sonoro de atracción inevitable.
Este lanzamento marca o inicio dun novo capítulo na traxectoria do artista, servindo como adianto do seu primeiro disco, que verá a luz o vindeiro ano.

Ligazón da canción:

DOSSIER INFORMATIVO

DOSSIER-ALEX-CASSEN

Alizza inicia unha nova etapa con “Candles”, o seu novo sinxelo para quen alumea

ESTE TEMA MARCA UN NOVO COMEZO NA CARREIRA DA ARTISTA

Alizza volta con forza a atoparse coa súa música en Candles, o seu novo sinxelo. Nel, a madrileña busca levar ao público a eses momentos de cansazo emocional nos que estás rodeada de xente, mais sénteste soa. Baixo ese contexto, é onde aparece unha persoa que non encaixa nese baleiro e representa esa calma no medio do ruído, que fai que volvas estar presente. Con estas bases, a cantante presenta un tema que combina ritmos animados de funk con voces máis achegadas ao soul, onde, desde a vulnerabilidade, expresa o importante que é atopar a esa persoa que che dá luz pero que non te rescata, senón que te inspira a mirarte con máis amor e comezar a sandar desde dentro.

Durante o proceso de composición, Alizza viviu momentos complexos e á vez reveladores, nos que sentía que debía xustificarse por non encaixar en certos espazos, pero eses pensamentos fóronse disolvendo e aclarando a medida que foi atopando esa luz de quen che fai sentir como na casa. Tras anos buscando novos sons e novas formas de canalizar a súa música, a cantante recoñece que nunca deixou de compoñer, e que tras un tempo de introspección que a mantivo afastada dos focos e os escenarios, a música sempre estivo con ela, nunca desaparecendo, senón máis ben cambiando de lugar e contexto.

Candles vén acompañado dun videoclip realizado por Rare Audiovisual e dirixido por Omar Romero, no que se representa a tres versións dunha mesma persoa que configuran tres etapas distintas da vida, simbolizando a importancia de coidar, respectar e terlle agarimo tanto á nena que fuches como á muller na que te converterás. Unha reflexión de amor propio e un proceso de aprendizaxe nos auto-coidados que chegou da man desa persoa que che achega luz, e que te convida á reconciliación contigo mesma.


MÁIS SOBRE ALIZZA

Fusionando sons do pop alternativo e R&B contemporáneo xorde a figura de Alizza, unha das voces emerxentes máis prometedoras da escena. Con sensibilidades introspectivas, a artista madrileña constrúe atmosferas envolventes que se complementan con letras intimistas para servir de voz ás novas xeracións. Irrompendo con forza no panorama, Alizza faise oco con producións modernas e traballadas que se afastan do establecido con personalidade.

Tras os seus primeiros sinxelos publicados, nos que traballou man a man na produción dos temas xunto ao seu pai, Pulpul, cantante da banda Ska-P, a artista está a traballar nos seus seguintes traballos, buscando que a personalidade e calidade das súas producións siga afianzando a súa condición como un dos grandes talentos da escena emerxente estatal.

20251017-NP-GAL-LAZAMENTO-CANDLES-ALIZZA