ESTE SÁBADO CONCERTO DO BARÍTONO GABRIEL ALONSO E O PIANISTA RICARDO GARCÍA NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA
Será dentro da Gala-Concerto do 4º Concurso Manuel María de Composicións Musicais, onde se interpretarán as cinco composicións finalistas inspiradas en poemas de Manuel María e sete pezas baseadas en poemas Curros Enríquez, Eduardo Blanco Amor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Marica Campo, Ramón Cabanillas, Álvaro de las Casas e Castelao
Actividade de acceso libro e gratuíto, mais é necesario reservar no seguinte enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
A Casa-Museo Manuel María celebra este sábado, 4 de outubro, ás 17.30 hrs, a gala-concerto da fase final da IVª edición do Concurso Manuel María de Composicións Musicais. A esta fase final accederon cinco pezas seleccionadas entre o conxunto das presentadas a concurso: Tenrura, O meu barco, Nas leves tardes de Outono, Eu son de Outeiro de Rei e Alborada, compostas por Manuel Pacheco Sánchez, Luis Serrapio Fernández, Yónatan Sánchez Santianes, Manuel María Veiga Lombardía e Xosé Alfredo Oliveira Pérez.
O concerto contará como intérpretes convidados os músicas galegos Gabriel Alonso, barítono, e Ricardo García, pianista. O seu concerto constará de dúas partes. Na primeira interpretarán as cinco pezas finalistas do certame, mentres que na segunda o público asistente poderá desfrutar dunha serie de pezas dos compositores galegos José Baldomir, Manuel Moreno-Buendía, Juan Durán, Xavier Montsalvatge, Antón García Abril e Rosendo Mato Hermida baseadas en poemas de Curros Enríquez, Eduardo Blanco Amor, Miguel Anxo Fernán-Vello, Marica Campo, Ramón Cabanillas, Álvaro de las Casas e Castelao.
A Galería NÉBOA debuta en SWAB cunha proposta de Andrea Davila Rubio e Andrés Rivas Rodís
Datas: 2 – 5 de outubro de 2025
Localización: Stand MF2 – Pavillón Textil, Fira de Barcelona (Av. de Rius i Taulet, 10, Barcelona)
A Galería NÉBOA, con sede en Lugo, participará por primeira vez en SWAB Barcelona, Feira Internacional de Arte Contemporánea, dentro da sección MyFAF (My First Art Fair), un programa destinado a galerías emerxentes que se presentan por primeira vez nun contexto internacional.
Para esta edición, NÉBOA reúne o traballo recente de dúas voces destacadas da nova creación galega: Andrea Davila Rubio (Boiro, 1995) e Andrés Rivas Rodís (Santiago de Compostela, 2000). A proposta xira arredor das relacións entre corpo, territorio e memoria, entendendo estes tres eixos como espazos de diálogo crítico e poético.
NÉBOA é a única galería galega presente en SWAB 2025, e chega con unha selección que reforza o seu compromiso coa arte contemporánea do país e coa visibilidade de proxectos vinculados á identidade e ao territorio. A súa presenza en Barcelona supón un paso decisivo na consolidación do proxecto, expandindo a súa proxección no panorama artístico estatal e internacional.
Sobre os artistas
Andrea Davila Rubio (Boiro, 1995) é Doutora en Creación e Investigación en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo (2025). En 2021 completou a súa formación como investigadora predoutoral no Departamento de Filosofía do Boston College (Boston, EE. UU.) grazas a unha bolsa Fulbright-Xunta de Galiza. Ademáis, en 2025 foi becada polo Centro de Arte Fundación María José Jove para cursar o Máster en Belas Artes no Institute Art Gender Nature (IAGN) da HGK-FHNW University de Basilea (CH) durante os cursos 2025–2027.
Desde unha mirada crítica e situada, o seu traballo propón unha ruptura coas xerarquías tradicionais entre o humano e o non humano, expoñendo formas de convivencia e coidado nas que o corpo e a súa contorna comparten unha mesma lóxica de transformación mutua. A través da súa obra, a artista explora como a práctica escultórica pode converterse nunha forma de estar no mundo, e como o corpo é capaz de activar vínculos afectivos e materiais cando se entrelaza con elementos da paisaxe, así coma outros de vida cotiá.
Nos seus traballos, o corpo deixa pegadas, pero tamén é modelado polo que toca e convértese nunha superficie viva que acolle e se deixa afectar. A súa produción máis recente afonda nesta conexión entre corpo e materia, e propón novas formas de imaxinar a coexistencia interespecie desde o artístico.
Entre as súas exposicións destacan: A sweaty dispersal into the fog, Galería NÉBOA (Lugo, 2025); A Friend of a Friend of a Friend, der TANK (Basilea, CH, 2025); A que me refiero cando falo de corpo, Sarao Studio (Ferrol, 2025); Algo que brilla… ao final do bosque, Bienal de Arte Contemporánea, Fundación Sales (Vigo, 2024); atravesar o xardín / entre as dúas esquinas, Feira de Arte Culturgal (Pontevedra, 2023); Corpo, afectos, territorio, Centro de Arte Contemporáneo de Huarte (Pamplona, 2023); Snapshots de Chantada, Os Casares, Galería Vilaseco (Lugo, 2022); Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense, 2022); Feira de Arte Culturgal (Pontevedra, 2021); Novos Valores, Museo de Pontevedra (Pontevedra, 2020).
Ademais, realizou residencias artísticas na Fundación Walter & Nicole Leblanc en Bruxelas (BE) e no Centro de Residencias Artísticas de Matadero Madrid, grazas á Diputación de Pontevedra en colaboración ca 32ª Bienal de arte de Pontevedra; en Atelier Mondial en colaboración co Institue Art Gender Nature (IAGN) da HGK de Basilea (CH) a través do programa internacional de arte do Museo de Pontevedra; en 12Miradas da Galería Vilaseco en colaboración ca Fundación María José Jove (Lugo, 2021), en Residency Unlimited (Nova York, 2021), e foi premiada coa Residencia Artística Celestino Cuevas en Artesantander 2025 a través da Galería NÉBOA. Tamén recibiu bolsas e premios da Universidade de Vigo (bolsa predoutoral, 2020–2023), da Deputación da Coruña (bolsa de investigación, 2023–2024), da Deputación de Ourense (primeiro premio do XVI Certame de Artes Plásticas, 2021) e da Deputación de Pontevedra (premio do Certame de Artes Plásticas Novos Valores, 2020).
As súas obras forman parte das coleccións da Deputación de Ourense e da Deputación de Pontevedra.
Andrés Rivas Rodís (Santiago de Compostela, 2000) desenvolve a súa práctica artística entre Galiza, Valencia e o País Vasco. O seu traballo parte dunha investigación plástica arredor da linguaxe, a superficie pictórica e a construción das imaxes, a miúdo dende unha aproximación conceptual e procesual.
É graduado en Belas Artes pola Universitat Politècnica de València (2022) e máster en Investigación e Creación en Arte pola Universidade do País Vasco (2024). Actualmente realiza o seu doutoramento na Universidade de Vigo e foi residente en Piramidón Centre d’Art Contemporani (Barcelona, 2025) e nas Residencias Artísticas Celestino Cuevas (Reinosa, 2025).
Nos últimos anos recibiu varios recoñecementos, entre eles o Premio Gaztea do Concello de Leioa (2024) e o Premio Cátedra Bodegas Faustino & Willy Ramos (París, 2022) polo seu proxecto Luz negra. Foi tamén finalista do certame Xuventude Crea (2020 e 2021) e seleccionado para o Encontro de Artistas Novos EAN11 na Cidade da Cultura de Galiza, baixo a coordinación de Rafael Doctor.
Entre as súas exposicións destacan Isabelle Dinoire no Espazo Peculiar (Oleiros, A Coruña, 2025), Gramática de superficie na Galería NÉBOA (Lugo, 2024), a colectiva Territorio Contemporánea 2025 na sala ABANCA (Santiago de Compostela, 2025) dos galardoados coa Cátedra Faustino & Willy Ramos na Galería Lupe Fullana (Valencia, 2023), o XXVI Certame de Novos Pintores da Fundación Gaceta (Salamanca, 2023), Paisaxe_0 na Galería Metro (Santiago de Compostela, 2022), A imaxe da memoria na Biblioteca Azorín (Patraix, Valencia, 2022), Xuventude Crea na Igrexa da Universidade (Santiago de Compostela, 2021) e Hidden Sessions co colectivo Orbis Vacui no Centro Cultural Escola de Russafa (Valencia, 2020). En 2024 foi seleccionado para a exposición PLURI-IDENTITATS. IV Convocatòria Biennal d’Arts Visuals no Museu de la Universitat d’Alacant (Sala Sempere, 2025), así como para a mostra colectiva Tres o Cuatro Metros, organizada pola UPV/EHU en colaboración coas Xuntas Xerais de Bizkaia.
A súa obra foi recoñecida con tres premios de adquisición en Artesantander 2025, outorgados pola Colección Norte do Goberno de Cantabria, a Fundación Campocerrado e KELLS Art Collection, a través da Galería NÉBOA, e forma parte destas coleccións públicas e privadas.
Sobre SWAB Barcelona 2025
A 18.ª edición de SWAB Barcelona celebrarase do 2 ao 5 de outubro de 2025 no Pavillón Textil da Fira de Montjuïc, reunindo máis de 150 artistas e 60 proxectos procedentes de 22 países, cun enfoque especial nas escenas do norte de Europa, sudeste asiático e Latinoamérica.
Nesta edición, a primeira dirixida por Carolina Díez-Cascón, a feira reforza o seu carácter como plataforma para a arte emerxente, apostando por formatos que priorizan o diálogo, a solidariedade, a autoxestión e modelos alternativos de coprodución e correpresentación.
No marco do programa MyFAF, impulsado pola Fundación SWAB Barcelona, a Galería NÉBOA foi unha das tres galerías seleccionadas, xunto a Autokomanda (Belgrado) e Outhouse (Londres), para dar visibilidade a proxectos cunha mirada curatorial definida e comprometida coas dinámicas contemporáneas.
Información práctica
📍 Stand MF2 – Pabellón Textil. Fira de Barcelona, Avenida de Rius i Taulet, 10, Barcelona 📅 2 – 5 outubro, 2025 🕔 Horario:
Xoves 2 de octubre, de 5pm a 9pm (só con invitación)
O vindeiro sábado 4 de outubro de 2025, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) ten previsto visitar, no lugar de AS AGUIAS-MURAS, a exposición “Vigo-Muras Serigrafía Galega 1971”, un tributo aos irmánsÁlvarez Blázquez que acerca ao público 41 serigrafías saídas dos talleres da Serigrafía Gallega (Sega), fundada en Vigo por Álvaro Álvarez Blázquez, e expostas por primeira vez en Galicia en 1971.
Na exposición, promovida polo LEGADO ACTIVO BEIRAS CAL (LABC), poderán verse obras de artistas como Seoane, Laxeiro, Díaz Pardo, Virxilio Prego, Xosé Luis de Dios, os irmáns Quesada, Mercedes Ruibal, María Antonia Dans, Vidal Souto ou Maside, entre outros, configurando un percorrido pola creación galega contemporánea a través da serigrafía.
A chegada á As Aguias-Muras está prevista para as 12:00. A continuación faremos unha visita á exposición acompañados por Carme Varela, secretaria do LABC(Legado Activo Beiras Cal).
Nesta ocasión, non hai prazo de inscrición. Todas as persoas que desexen participar na visita acudirán polos seus medios ao punto de inicio, lugar de ÁS AGUIAS-MURAS, ás 12:00 horas.
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputacion de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental SALVAXE, SALVAXE, dirixida por EMILIO FONSECA, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta SÉTIMA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 4 de outubro de 2025, ás 20:00 horas.
Atrévete co risco, coa emoción, co humor tenro e intelixente. Sorpréndete co virtuosismo, coas novas linguaxes e descubre curiosas personaxes que che chegan ao corazón. Teatro creativo e exquisito.
Espectáculos para adultos e tamén para gozar en familia.
Co Bono OTNI poderás asistir a 4 obras excepcionais e case a metade de prezo (12 euros).
As novas e heteroxéneas linguaxes do circo e do teatro de obxectos, que fusionan con personalidade propia teatro físico, movemento, expresividade, destreza, linguaxe visual, danza, plástica, risco, música, poesía e emoción, son as protagonistas desta XIV edición do OTNI. Un cóctel explosivo do que brotarán peculiares personaxes na procura da súa identidade e historias que chegan ás nosas entrañas, á nosa raíz. Formas exquisitas e lúdicas que nos desafían a entender quen somos.
QUE ESPECTÁCULOS INCLÚE O BONO OTNI 2025?
Compaña
Xampatito Pato
Auditorio Pazo da Cultura
Domingo 5 de outubro, 20.00h
Déixate levar pola beleza e o humor a un universo onírico.
Experiencias, recordos, emocións… son capas que se entrelazan para definirnos como persoas únicas. Conformar a nosa identidade é un camiño que nos acompaña toda a vida.
SOBRE A 34ª EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO
Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresará ás táboas para celebrar a súa 34ª edición con 45 espectáculos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproducións e figuras imprescindibles da escena teatral contemporánea. Durante cinco semanas, o FIOT achegará a Galicia una coidada selección de propostas á altura dos teatros e festivais máis representativos de España e Europa.
Así, o FIOT de Carballo encherá ás salas, as rúas e os espazos non convencionais da vila bergantiñá con pezas de artistas e compañías como Andrea Jiménez, Jan Lauwers, Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta, María Galiana, Alex O’Dogherty, Lucas Escobedo, Pont Flotant, Gabriel Chamé Buendía, Galeatro, Pistacatro, Needcompany, Gonzalo Cunill, Ainé, Quico Cadaval, Paula Quintas, Evaristo Calvo ou El Patio Teatro.
“Raíz viva, memoria colectiva” é o leitmotiv dunha edición que busca poñer en valor a orixe e a tradición como símbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade. Nesta 34ª edición, o FIOT volverase converter no “corazón do teatro en Galicia” da man das súas liñas de programación habituais, con propostas abertas a todos os públicos, formatos e sensibilidades, procedentes de 3 países –España, Bélxica, Arxentina– e 9 comunidades autónomas –Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Comunidade de Madrid, Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha e País Vasco–, ademais dunha vintena de accións de mediación.
No FIOT haberá Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de 3 residencias artísticas, 2 presentacións de works in progress e actividades paralelas como exposicións, gravacións de OndaFIOT, presentacións de libros, conversas, o Premio do Público, o Certame de Teatro Lido, etc.