Unha decena de espectáculos e actividades protagonizan a cuarta semana do FIOT34, con Chévere, Cándido Pazó, Gabriel Chamé Buendía, Needcompany, Alex O’Dogherty, Evaristo Calvo, Lucas Escobedo e a Compañía Nacional de Teatro Clásico

Este mércores, 15 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura, a compañía Chévere, da man de XRon, conversará co público en torno ao proceso de creación do seu próximo espectáculo, Ictus, a derradeira leición

Ao día seguinte, Cándido Pazó presentará en aberto o seu libro Apaga o candil; a cita será o xoves, 16 de outubro, ás 20.00 horas, tamén no Pazo da Cultura

O Programa de Sala do FIOT achegará ao público tres pratos fortes esta fin de semana: o venres 17, ás 21.00h, regresa a Carballo Gabriel Chamé Buendía, coa súa versión de Shakespeare Medida por Medida (La culpa es tuya)

A prestixiosa compañía belga Needcompany visita por primeira vez o FIOT con Un sublime error, un exquisito monólogo interpretado polo sempre interesante Gonzalo Cunill, que poderá verse o sábado 18, ás 20.00 horas, no Auditorio do Pazo

Lucas Escobedo únese á Compañía Nacional de Teatro Clásico en Farra, una premiada proposta para todos os públicos –gañadora do Premio Max 2025 ao mellor espectáculo musical– que mestura circo, teatro, música en directo, verso e tradición barroca e chega ao FIOT o domingo 19, ás 20.00 horas

O público terá a oportunidade de escoitar en primeira persoa ao artista e conversar coa compañía nun Onda FIOT – Escola do Espectador nas Ondas arredor de Farra, que o festival organiza –con entrada libre– o domingo 18, ás 12.30h, no Pazo da Cultura

Pola súa banda, a Rúa dos Contos despídese dos escenarios este 2025 cun dos cómicos máis agardados do seu programa, Alex O’Dogherty, que o sábado 18,ás 23.00h, presentará no Mercado Municipal a súa nova creación  Palabras mayores

Este sábado, 18 de outubro, o FIOT acollerá tamén dúas novas funciónsdo VIII edición do Certame de Micro-Escenas M2, coa representación das creaciónsO novo, de Dani Blanco, e Covers2, de Corifeo Teatro, ás 12.00, 13.00, 17.30e 18.30 horas, na Residencia de Maiores e no Pazo da Cultura, respectivamente

O domingo 19 pola tarde, contra ás 18.00 horas, o FIOT en Ruta aterrará no Serradoiro Eucatar de O Tarambollo, en Sofán, coa obra Mala vida e pior morte de Ricardo III, de P.T. Excéntricas, protagonizada por Evaristo Calvo

Paralelamente, na Sala de Exposicións e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o público pode visitar as mostras Zoom FIOT e Xesto, a instalación artística de Noelia Paz

As últimas entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en liña na plataforma Ataquilla.com ou na billeteira dos espazos o mesmo día da función


Unha decena de espectáculos e actividades protagonizan a cuarta semana do FIOT34, con Chévere, Cándido Pazó, Gabriel Chamé Buendía, Needcompany, Alex O’Dogherty, Evaristo Calvo, Lucas Escobedo e a Compañía Nacional de Teatro Clásico, entre moitos outros artistas.

Para abrir boca, mañá mércores, 15 de outubro, ás 20.00h, no Pazo da Cultura, a compañía Chévere, da man de XRon, conversará co público en torno ao proceso de creación do seu próximo espectáculo, Ictus, a derradeira leición. Ao día seguinte, Cándido Pazó presentará en aberto o seu libro Apaga o candil; a cita será o xoves, 16 de outubro, ás 20.00 horas, tamén no Pazo da Cultura.

O Programa de Sala do FIOT achegará ao público tres pratos fortes esta fin de semana: o venres 17, ás 21.00h, regresa a Carballo Gabriel Chamé Buendía, coa súa versión de Shakespeare Medida por Medida (La culpa es tuya). Mentres, a prestixiosa compañía belga Needcompany visita por primeira vez o FIOT con Un sublime error, un exquisito monólogo interpretado polo sempre interesante Gonzalo Cunill, que poderá verse o sábado 18, ás 20.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura. Pola súa banda, Lucas Escobedo únese á Compañía Nacional de Teatro Clásico en Farra, una premiada proposta para todos os públicos –gañadora do Premio Max 2025 ao mellor espectáculo musical– que mestura circo, teatro, música en directo, verso e tradición barroca e chega ao FIOT o domingo 19, ás 20.00 horas. O público terá a oportunidade de escoitar en primeira persoa ao artista e conversar coa compañía nun Onda FIOT – Escola do Espectador nas Ondas arredor de Farra, que o festival organiza –con entrada libre– o domingo 18, ás 12.30h, no Pazo da Cultura.

Paralelamente, a Rúa dos Contos despídese dos escenarios este 2025 cun dos cómicos máis agardados do seu programa, Alex O’Dogherty, que o sábado 18,ás 23.00h, presentará no Mercado Municipal a súa nova creación Palabras mayores. Tamén este sábado 18, o FIOT acollerá tamén dúas novas funcións do VIII edición do Certame de Micro-Escenas M2, coa representación das creacións O novo, de Dani Blanco, e Covers2, de Corifeo Teatro, ás 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 horas, na Residencia de Maiores e na Terraza da Cafetaría do Pazo da Cultura, respectivamente.

Xa o domingo 19 de outubro, pola tarde, contra ás 18.00 horas, o FIOT en Ruta aterrará no Serradoiro Eucatar de O Tarambollo, en Sofán, coa obra Mala vida e pior morte de Ricardo III, de P.T. Excéntricas, protagonizada por Evaristo Calvo. Paralelamente, na Sala de Exposicións e no Andar -1 do Pazo da Cultura, o público pode visitar as mostras Zoom FIOT e Xesto, a instalación artística de Noelia Paz. As entradas para as propostas deste #FIOT34 poden adquirirse en liña na plataforma Ataquilla.com ou na billeteira dos espazos o mesmo día da función.


SOBRE A 34ª EDICIÓN DO FIOT DE CARBALLO

Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, regresará ás táboas para celebrar a súa 34ª edición con 45 espectáculos, 11 estreas absolutas, 11 estreas en Galicia, 2 coproducións e figuras imprescindibles da escena teatral contemporánea. Durante cinco semanas, o FIOT achegará a Galicia una coidada selección de propostas á altura dos teatros e festivais máis representativos de España e Europa, con propostas que triunfan no Teatro Español, a Compañía Nacional de Teatro Clásico, o Centro Dramático Nacional, os Teatros del Canal, o Festival de Almagro, Fetén, o Festival Temporada Alta de Girona ou o Festival de Otoño de Madrid.

Así, o FIOT de Carballo encherá ás salas, as rúas e os espazos non convencionais da vila bergantiñá con pezas de artistas e compañías como Andrea Jiménez, Jan Lauwers, Juan Diego Botto, Sergio Peris-Mencheta, María Galiana, Alex O’Dogherty, Lucas Escobedo, Pont Flotant, Gabriel Chamé Buendía, Galeatro, Pistacatro, Needcompany, Gonzalo Cunill, Ainé, Quico Cadaval, Paula Quintas, Evaristo Calvo ou El Patio Teatro.

Nesta 34ª edición, o FIOT volverase converter no “corazón do teatro en Galicia” da man das súas liñas de programación habituais, con propostas abertas a todos os públicos, formatos e sensibilidades, procedentes de 3 países –España, Bélxica, Arxentina– e 9 comunidades autónomas –Andalucía, Asturias, Comunidade Valenciana, Cataluña, Comunidade de Madrid, Galicia, A Rioxa, Castela-A Mancha e País Vasco–, ademais dunha vintena de accións de mediación.

No FIOT haberá Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, Micro-escenas M2, FIOTeen e Fiotiño, ademais de 3 residencias artísticas, 2 presentacións de works in progress e actividades paralelas como exposicións, gravacións de OndaFIOT, presentacións de libros, conversas, o Premio do Público, o Certame de Teatro Lido, etc.

Recoñecido como un proxecto pioneiro e clave da cultura en Galicia e unha cita referente da cultura galega, non só en termos de exhibición, senón tamén de produción e acompañamento artístico, no #FIOT34 non faltarán producións con selo galego que formarán parte fundamental do seu programa, da man de compañías e artistas tan queridas polo público de Carballo como Contraproducións, Ainé, Pistacatro, Paula Quintas Cía., Evaristo Calvo, Quico Cadaval e Celso Sanmartín, Marita Martínez ou Galeatro –esta última, en tándem artístico con Xarope Tulú e a Premio Nacional de Literatura Dramática Paula Carballeira–.

Cabe destacar que, fiel á súa vocación de apertura, con propostas transversais e inclusivas para o goce de todos os públicos, neste #FIOT34 moitas das grandes propostas están orientadas a todos os públicos, non exclusivamente adultos, como é o caso das marabillosas Matres ou Farra. Un ano máis, haberá espazo para o risco, os clásicos, os emerxentes, as novas linguaxes… e, en definitiva, unha invitación ao descubrimento. “Raíz viva, memoria colectiva” é o leitmotiv dunha edición que busca poñer en valor a orixe e a tradición como símbolos de identidade propia e faros da nosa contemporaneidade. Trátase dunha chamada á orixe: a aquilo que nos sostén por dentro, aínda que non se vexa. Como as entrañas do corpo, a raíz e a memoria forman parte desa anatomía común que nos une: emocional, cultural e escénica.

SOBRE O FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO DE CARBALLO (FIOT)

Máis de tres décadas creando teatro 

O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos máis prestixiosos do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo.

Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e pola súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programación, con preto de 40 espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas da comunidade galega.

Desde hai 34 anos, o FIOT dá a coñecer en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos públicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programación de teatro de calidade na comarca de Bergantiños e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes escénicas na zona. Desde entón, FIOT é o lugar de encontro entre artistas, compañías e programadoras, e aposta por estimular a creación e o traballo en rede tanto a través da oferta de espazos para residencias artísticas como da implicación, do propio festival, na produción e novos espectáculos, fundamentalmente de compañías galegas.

Nas súas pasadas 33 edicións, FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, outorgando así espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, máis de 350 formacións e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama escénico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael Álvarez ‘El Brujo’, Yllana, Ron Lalá, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compañía do Chapitô, Leo Bassi, Grupo Chévere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xosé A. Touriñán, Quico Cadaval…

Ao longo da súa traxectoria, diversos recoñecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes escénicas do século XXI á cidadanía e recoñeceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular máis relevantes na actualidade. Entre outras distincións cítanse, ademais da ‘Insignia Cultural’ do ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no ámbito das artes escénicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros. 

MÁIS INFORMACIÓN

www.fiot.gal 

2025.10.14.NP-Cuarta-Semana-FIOT34

Pakolas presenta o seu último traballo, ECORALIA, A LAMBONA ECOLÓXICA, na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, día 18 de outubro, ás 17 hrs, o público infantil e familiar poderá desfrutar de PAKOLAS, que vén presentar o seu último traballo Ecoralia, a lambona ecolóxica na Casa-Museo Manuel María.

As súas cancións e narracións levarán os asistente á carballeira máis extensa de Galiza, un lugar mesto e verde, onde mora unha meiga nova chamada Ecoralia. Sobre ela e todos os personaxes que a arrodean (Mistín, o lucecú, Ramón, o teixugo, as tías de Ecoralia, Rosa e Mónica…) xirará a súa música.

Paco Cerdeira (“Pakolas”), é un músico, compositor e produtor que leva dedicándose ao público infantil desde xa hai máis de dezaoito anos, comezando no seus inicios, e durante dez anos, co grupo Mama Cabra, para formar en 2014 a súa banda, A Gramola Gominola, e en 2015 o seu proxecto máis persoal Pakolas. Con este último leva editado catro  traballos: Pakolas  (2017), Ramona Órbita, a dona do tempo (2020), A Ramona Pequena vai á lúa (2023) e Ecoralia, a lambona ecolóxica (2024). Este último é un traballo editado pola CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galiza) e pódense escoitar e baixar todas as cancións, así como ler o conto que as acompaña, na propia páxina web do autor (https://pakolas.com/ecoralia/).

O concerto vai dirixido para nenas e nenos entre os 3 e os 10 anos. Para asistir é necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.