Título: A BOLBORETA

Un non sabe moi ben como pronuncialo na procura de que fique, de que permaneza o menos alterado posíbel. Entoación, volume, frecuencia. Soa a miña voz no intento, recitando un poema, repetindo o teu nome… E non atopa as formas adecuadas, as que permitan non perder anacos desa lembranza ou desa forma túa inconmensurábel de mirar as cousas, de achegarte ás flores dunha utopía latexante. De acender o espazo desde o que engala a bolboreta.
