Presentación da obra MERIDIANO ORIXE, de Andrea Fernández Maneiro, na Casa da Cultura de Vilalba

Este sábado 10 de maio, ás 12 h. na Casa da Cultura de Vilalba, celebrarase a presentación do poemario Meridiano Orixe, de Andrea Fernández Maneiro, obra gañadora no L Premio de Poesía do Concello de Vilalba.

Participarán en dita presentación, conducida por Xulio Xiz, ademais da propia autora, a alcaldesa de Vilalba Marta Rouco, a concelleira de Cultura Mónica González Fernández e Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.

Tamén se contará coa colaboración do músico Manel Dopico, que interpretará distintas pezas musicais coa guitarra, acompañando a Andrea Fernández Maneiro durante o recitado de poemas do seu libro.

O acto rematará coas palabras que dirixirá ao público asistente a alcaldesa de Vilalba e a posterior sinatura de exemplares por parte da autora galardoada.