
A iniciativa “Miradas sobre Agustín”, promovida polo IESCHA en Vilalba, nace coa vontade de divulgar a obra e o legado de Agustín Fernández Paz, unha figura fundamental da literatura galega contemporánea e da cultura vinculada á lectura, á educación e á creación.
Ao longo do curso 2026–2027, o programa propón encontros, conversas, actividades literarias e celebraciónsarredor das múltiples dimensións de Agustín: a literatura, o cinema, o cómic, a lingua, a renovación pedagóxica e a relación coas novas xeracións. A iniciativa está organizada polo IESCHA, co apoio da familia e coa participación das amizades e das persoas valedoras da figura do autor.Neste marco, o vindeiro venres 23 de outubro de 2026, ás 19:00 horas, a Biblioteca Municipal “Agustín Fernández Paz” de Vilalba acollerá o primeiro evento cultural especial para afondar nesta homenaxe.
Programa da Xornada
- Apertura da Exposición “O Herbario de Agustín”, realizada polo alumnado do IES Basanta Silva de Vilalba, e que poderá visitarse ata o 10 de novembro.
- Presentación do proxecto: Marisa Barreiro dará a coñecer de forma detallada as actividades e obxectivos que compoñen esta gran programación para o curso.
- Lectura do Manifesto: Como acto central de reivindicación e recoñecemento, os escritores Paco Martín e Xavier Senín serán os encargados de ler o Manifesto a favor da figura de Agustín Fernández Paz.
- Charla inaugural: Isabel Soto analizará a fonda vinculación da traxectoria do autor coa identidade e a sociedade galega impartindo a conferencia “Agustín Fernández Paz: o compromiso cun país e coa terra de nacenza”.