SANÇÃO DO CORAÇÃO LASTIMADO

SANÇÃO DO CORAÇÃO LASTIMADO

Traio prendido firme no pescoço

pesado, grave e rigoroso jugo.

Pra mim sou cruel juiz e verdugo,

um desprezível carrasco ao meu algozo.

 

Apenas sou espantalho pra remoço:

enquanto minhas lágrimas enxugo

é só do meu sofrer que aflição sugo

maldizendo o coração que destroço.

 

Nada alegarei do mal ante os mortais;

meu coração ruim e desumano

fique preso no erro cometido.

 

E mais não me tenham dó, porque jamais

hei tirar a escravatura em que afano

ser tão somente um tormento afligido.

 

[Do livro inédito “Sonata dum quebrado violino”]

https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/736x/cd/a3/c8/cda3c85f112cb9d4d8458dbab630290a.jpg

PORQUE O AMOR SE TORNA PERDURÁVEL

PORQUE O AMOR SE TORNA PERDURÁVEL

Trinta anos de penar tenho passado

em galope fuga e ardor consciente,

e ao mundo lhe demandei consulente

o que foi do teu olhar nunca olvidado.

 

Trinta anos no peito tenho guardado

o fogo que queima e alimenta ausente.

Trinta anos a te lembrar tão silente.

Trinta anos que teus olhos têm reinado.

 

O tempo vai e a tua face perdura

guardada como um ícone que acende

trinta anos em queixume que me fura.

 

O lume que todo o meu ser transcende,

nem nos dias murcha, nem se arrepende

que em mim há caminhar pra a sepultura.

[Do livro inédito “Sonata dum quebrado violino”]

https://byluis7.files.wordpress.com/2017/03/picsart_03-04-11-54-40.jpg?w=700https://byluis7.files.wordpress.com/2017/03/picsart_03-04-11-54-40.jpg?w=700

Intres da memoria…

Intres da memoria…

Promesas de doces

alboradas

nunhos ollos tan fondos coma o mar

bicos de ás de bolboreta

latexando nos beizos

sen parar

eu ollei para ti con agarimo

e prometinche moito amor

da promesa só quedou un bico

e na roseira, unha triste flor

pero ti tamén te esqueciches

do que un día foi ilusión

tamén deixaches atrás o que prometiches

e o vento levou lonxe

as nosas verbas de doce amor

mentres a rosa, tristeira e soíña

sécase sen vida, no xarrón

lembrando que un día nos quixemos

e abrollou en nós unha ilusión

mais pola teima daquel bico

en door se trocou… aquel amor.

PENA NA PRISÃO DO AMOR

PENA NA PRISÃO DO AMOR

Se das cousas certas a memória

lembra-se no presente confirmado,

não dissipem as sombras do afastado

e sejam provas da minha história.

 

Conste assim na causa acusatória

de todo este o meu penar encerrado.

Justo que à pena seja penado

por esta espinha da minha glória.

 

Desde que nada tenho já mais deixar,

assino aqui o soneto da minha herda.

no branco caderno deste memento.

 

Fique à penitência de implorar

que, sentido o sentimento da perda,

não perda de guardar o sentimento.

[Do livro inédito “Sonata dum quebrado violino”]

https://nomadasfsg.files.wordpress.com/2012/07/escritor-preso.jpg?w=490&h=286

A palabra de Toño Núñez acerca de CANTIGAS PARA APRENDER A SOÑAR

A palabra de Toño Núñez acerca de CANTIGAS PARA APRENDER A SOÑAR

Cantigas para aprender a soñar… 

Dende o corazón da Terra Chá, aló onde sentou cátedra o Manuel María (que terá a Terra Chá, que tantos poetas e poesía dá)… Pois… dicía que, dende o corazón da Terra Chá, vese ben o ceo todo. Pero para ver ben todo o ceo non chega con ter boa vista, nin aparellos tecnolóxicos… Non, non… Para ver ben o ceo precísanse dúas cousas máis importantes:  amor e sensibilidade. Boa vista e aparellos tecnolóxicos poden telos moitas persoas; amor e sensibilidade… xa non tantas… Pero María Xosé Lamas, aquela nena-adolescente-moza de Vilapedre, tenas a mans cheas. E, por iso, soubo mirar para o ceo con amor de nai, de tía e, mesmo, de profesora. E isto é moito amor… E coa sensibilidade de muller poeta, que é o que é esta chairega; dende a cabeza até os pés, e dende a epiderme ata a médula… deulle por escribir. E, con tanto amor e sensibilidade, escribiu estas Cantigas para aprender a soñar. Poesía doce coma o mesmo mel e tenra coma un abrocho de roseira en flor… Ou coma un bico de nena… Poesía chea de musicalidade… Poesía para nenas e nenos… Só para nenas e nenos? A min gústame tanto…

Porque nela hai… iso: sensibilidade, tenrura, amor, delicadeza, música, soños… Pero, tamén, unha lingua escollida, unha lingua de namorar, unha lingua de regueifa… E imaxes frescas e gorentosas… E lugares marabillosos onde aniñan a curiosidade e a fantasía… Así, con todos estes ingredientes, e con todo ese amor de neta, de filla, de nai, de tía… e de profesora, cociñou María Xosé, con lume lento e con mans amorosas, este feixe de versos; versos que alimentan e que saben… a pan de caramelo.

 Deste xeito, con ollos de nena da Terra Chá, mirou esta muller poeta para o ceo inmenso e viu, nas noitiñas mornas do verán, e nas frías e longas noites de invernía, como a raíña do firmamento, esa raíña xitana, ía mudando de cara. E ía gobernando a vida, a nosa vida. Viu, así, con eses ollos grandes de nena, primeiro, a lúa nena. E cantoulle a súa cantiga:

 

Tan só amosando

a metade da cara,

vén cantando a lúa

unha doce nana.

 “Durme meu ruliño,

que te hei levar

por riba dos montes,

dos vales… e do mar.

 E despois viuna medrar, até facerse moza e dixo:

 

 A xigante lúa

coroando o ceo,

coida das estrelas

que hai no firmamento.

 

No escuro da noite,

co seu branco veo,

entoa cantigas

que quitan o medo.

 E máis despois, viuna, sorprendida e tristeira, viuna encoller… Ai… pero, aos poucos, entusiasmada, ollouna renacer… E comparouna, incrédula, cun círculo:

 

Un círculo negro

raiado con liñas…

Como vai ser esa

a lúa noviña?

 E quedou durmida…   Mais… cando espertou, abriu o ollos e… mamaíña!  No canto da lúa, unha enorme bóla de ouro ocupara o trono da lúa lueira… E cavilou que eran noivos:

 O noivo da lúa

Catalina é o sol,

chámase Lourenzo

como un gran señor.

E comprobou, tamén, como o sol mudaba a fasquía da paisaxe. E, dixo:

 Durante o verán,

quentando e alumando,

o sol decorou

de ocre os prados…

 

 Agora no outono

salouca tristeiro

porque o vento tolo

con sopro lixeiro

 

espallou as follas

polo chan deitado.

Que bágoas de choiva!

Todo está mollado!

  E foille cantando, feliz e ditosa, ao sol todo o ano:

 Polo inverno:

 Tremendo de frío,

detrás dos nubeiros,

ben agochadiño,

agarda Lourenzo.

 Mais, de vez en cando,

dende o brando niño,

mándanos un raio

brillante e morniño.

 E, en chegando a primavera, renovou o seu canto:

 O sol espertou

da noite calada;

os paxaros volven

a facer niñada…

Ás veces o ceo

fica anubrado,

agochando o sol

detrás dun gris manto.

 

Cando temos frío,

só hai que chamalo…

baixiño, baixiño…

E vén de contado!

 E, cantando e cantando, foi facendo un río de versos… Porque, en vendo as xentes do ceo o ben que cantaba esta muller, os cometas, as estrelas fugaces, e aínda os planetas, tamén lle pediron a súa canción. E tivérona. E foron felices, sen comeren perdices nin nada diso, só cos versos, coas cantigas e coa música de María Xosé.

 Pero… un día… non saíu o sol… Nin asomou a lúa. Tampouco houbo estrelas fugaces. Nin cometas. Nin planetas… Porque reinaba, aquela noite, a escuridade con todo o seu negror, a raíña das tebras. E, daquela, aló pola beira do embigo, comezou a sentir así como un bule-bule de congoxa. E a noite foi medrando e a congoxa volveuse un algo de medo, un mediño pequeno…pequeno… E, para escorrentalo, botouse a cantar:

 A noite tan negra,

tan longa e escura,

dáme moito medo

se non sae a lúa.

Que medo me acode

cando estou soíña!

A casa é un castelo,

do patio á cociña.

 

Cheo de pantasmas,

de ogros e meigas,

e de homes do saco

que sacan manteigas.

 E, así, cantando, cantando, foise quedando durmida, durmida, durmida… E soñou… Soñou con cantigas, con amenceres, con música de paxariños…

 Ata que, de mañanciña, un raíño de sol coouse pola ventá e…

 Por detrás dos montes

de cor azulada,

aparece o sol

estreando a alba.

 

 De pé, sobre a alfombra,

ollo cara a fiestra…

Un día de sol…

Un día de festa!

 Despois foi ao colexio e, polo mediar da mañá…

 Son as once e media,

comeza o recreo.

Todos a xogar

baixo o azul do ceo!

 

 Cando soa o timbre,

que susto levamos!

Rematou o xogo

e volve o traballo.

 E foi camiñando o día… E chegou a merenda…

 Galletas con queixo,

chocolate e pan,

biscoitos, marmelo,

torta de mazá…

E a tardiña foi pasando… E a noite foise achegando…

 O día está rematando

e  a noite a espertar,

dende a fiestra do meu cuarto

vese xa á lúa asomar.

 

No horizonte lonxicuo

adormece o sol morniño,

polos nubeiros tapado

coma se fose un meniño.

 

 A cama por min agarda

cos brazos de lenzo abertos

e a brandiña almofada

tamén agarda en silencio…

 

que nela os cabelos pouse

para acaricialos tenra

mentres o meu maxín voe

por entre as máxicas letras

 

dun libro que ficará

comigo nun intre inerte

cando as meniñas, xa cansas,

entre as pálpebras se pechen.

 E foron pasando os días da semana… E os meses do ano… E, cos meses, as estacións… A primeiriña… ah… a primavera!

 Xa estamos na primavera,

anuncia o cuco cucando;

a escura noite xa mingua,

o día xa vai medrando.

 Despois, coma un lume poderoso, fíxose rei o verán…

 O verán pasea contento

co sorriso despregado

soprando o seu quente alento!

 E aínda despois, apareceu por alí un señor de longas barbas e  guedellas chamado Outono con pintas de bonachón. Era un extraordinario pintor de follas… E os nenos preguntaban… Quen será este vello? Que virá facer aquí?

 Tinguirei de vellos ocres

as árbores dos outeiros

e as follas voarán lonxe

en remuíños eternos.

 E así… foron devecendo os días… E fuxiron as andoriñas… E viñeron os cogomelos, as abelás, as castañas… E as xeadas de xaneiro… E reinou o inverno…

 Amence o día! Todo xeado!

 Non sopra o vento! Todo está calmo!

 Todo está triste! Todo aquelado!

 E…

 Colorín colorado…

 Este fermoso conto queda…

 Contado!!!

 

*Texto facilitado por Toño Núñez, e que pronunciou a dúo coa autora do poemario, María Xosé Lamas,  durante a presentación de CANTIGAS PARA APRENDER A SOÑAR na Feira do Libro de Lugo.