Sete propostas habitarán os espazos do festival ao que se suma este ano unha colaboración co Ciclo de Artes Vivas e Mediación de A Casa Vella en Amiadoso xunto ós habituais Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, Claustro de Santa María de Melón e Claustro do Mosteiro de Ribas de Sil en Nogueira de Ramuín:

Paulina Espinosa e Mariana Oliveira (México e Portugal), Álvaro Murillo (Extremadura), Patricia Hastewell e Noé Ferey (Catalunya), Diego Garrido (Catalunya), Daniel Rodríguez e as Xunquereteiras (Galicia),  Fito Guevara Morales (Costa Rica), Nuria Sotelo & Clara Ferrão (Galicia)

Danza no Claustro celébrase os días 28 de xullo, 2, 3 e 4 de agosto ás 20:00h:

+28 de xullo – A Casa Vella – Amiadoso, Allariz. Colaboración co Ciclo de Artes Vivas e Mediación da Casa Vella e as intervencións únicas de Fito Guevara e Nuria Sotelo & Clara Ferrão, xunto con Paulina Espinosa e Mariana Oliveira.

+2 de agosto – Claustro de Santo Estevo de Ribas de Sil en Nogueira de Ramuín.

+3 de agosto – Claustro de Santa María de Melón.

+4 de agosto – Claustro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo.

O programa dos días 2, 3 e 4 de agosto componse coas pezas de Paulina Espinosa e Mariana Oliveira (México e Portugal), Álvaro Murillo (Extremadura), Patricia Hastewell e Noé Ferey (Catalunya), Diego Garrido (Catalunya), Daniel Rodríguez e as Xunquereteiras (Galicia).

Danza no Claustro é un proxecto da Plataforma Cultural SóLODOS. Paisaxes cheas de historia e singularidade da provincia de Ourense son o contexto para que artistas internacionais e locais, xunto coas comunidades, constrúan un proxecto cultural en común. Os artistas tras un proceso de creación e investigación artística nos diferentes claustros e espazos, realizan unha exhibición do seu traballo creativo. A danza como motor cultural que potencia a historia do lugar, a súa xente, a súa beleza, a súa singularidade…Un xeito diferente de mirar a arquitectura e o patrimonio histórico a través do baile, do movemento.

Algúns datos de Danza no Claustro:

-Coa celebración da 12ª edición Danza no Claustro pasa a ser o festival de danza máis lonxevo de Galicia.

-Neste anos formaron parte do programa artistas de 12 países, sendo os máis habituais as de Galicia e resto do Estado, México e Costa Rica.

-Danza no Claustro forma parte da rede Acieloabierto desde 2021.

-Desde 2021 forma parte do proxecto a firma Adolfo Domínguez, quen viste ás artistas para as funcións no festival.

-Do 2013 ao 2019 naceu e celebrouse no Claustro de San Francisco de Ourense. No 2021, ano Covid-19 celebrouse soamente a extensión prevista en Xunqueira de Espadanedo. Do 2022 ata a actualidade lévase a cabo nos tres claustro actuais. No 2024 A Casa Vella alíase co proxecto propoñendo unha extensión no seu Ciclo de Artes Vivas e Mediación.

Os espectáculos:

-“Cuyeo tapacaminos” de Fito Guevara Morales (Costa Rica). Intervención única no Ciclo de Artes Vivas e Mediación da Casa Vella o 28 de xullo ás 20:00h.

“Cuyeo Tapacaminos” retrata a historia de dous seres, gardiáns dos camiños, co poder de perder a quen a segue e o infinito traballo de habitar cada perda. Inspirada na graza e adaptabilidade do tapacamiños, a coreografía invita a  vivir a beleza do presente e abrazar as sorpresas da vida.

-“Vestirme de ti” é a peza da compañía Nuria Sotelo e Clara Ferrão (Galicia), dirixida por Maximiliano Sanford e bailada por Alejandra Balboa e Nuria Sotelo. Intervención única no Ciclo de Artes Vivas e Mediación da Casa Vella o 28 de xullo ás 20:00h.

“Vestirme de ti” é unha metáfora das relacións humanas e a interdependencia que se crea cando interactuamos con outros individuos. A peza critica a exaltación da independencia que nos transmite o sistema de consumo no que vivimos e defende a necesidade de apoio mutuo nas nosas relacións.   Un dúo de danza para rúa ou espazos non convencioniais que reflexiona sobre o equilibrio entre opostos.

-“Nunca bailaré solo”  de Diego Garrido (Cataluña). Intervención os días 2, 3 e 4 de agosto.

¿Como se pode expresar o inexpresable? o sentimento de perda, a esperanza ¿pódense expresar unicamente con movemento, con danza?

“Nunca bailaré solo” lévanos á búsqueda e encontro da esperanza perdida despois dunha gran perda. Atopar ese brillo que se abre paso entre as sombras, sendo o propio bailarín unha luz en si mesmo, e que serve para recordarnos como espectadores que dentro de nós tamén está esa luz, e esa esperanza que ben pode ser en maior ou menor medida esquecido.

Con esta peza, Diego foi Premio SóLODOS En Danza Ourense 2023 e Premio Xove. Foi galardonado tamén en Valladolid e Badalona.

-“Les passants”  Patricia Hastewell Puig e Noé Ferey (Cataluña). A través da rede Acieloabierto. Intervención os días 2, 3 e 4 de agosto.

“Les Passants” é un dúo de danza contemporánea e teatro físico cun formato de estilo cinematográfico onde se encadean escenas con xogos visuais e corporais.

Cada unha ten su propio carácter cas súas personaxes, detalles e relacións. Todo transcurre nun espazo aparentemente mundano onde os corpos se transforman, os tamaños se dilatan e o tempo se manipula, creando así un espazo onírico. ¿Que pasa cando o foco se pon en cada unha das persoas que pasan por este espazo? As vidas dos demáis se nos presentan como auténticos misterios, rompecabezas onde nos faltan moitas pezas que non podemos ter. Pero ao mellor podemos descubrir algo se prestamos atención…

-“8km. en mula” de Álvaro Murillo (Extremadura). A través da rede Acieloabierto.  Intervención os días 2, 3 e 4 de agosto.

Unha crónica de sucesos, un feito real ocurrido a noite do 22 de xullo de 1928 serviu como inspiración a Lorca para a súa obra “Bodas de Sangre”. Un amor prohibido nunha sociedade que garda as apariencias. Unha forza instintiva que tende á unión irracional opoñéndose, sen buscalo, ao convencionalismo social. O día da súa voda unha noiva escapa co seu amante. O noivo ségueos e ten lugar o desenlace.

O corpo emprega o movemento para contar unha historia de amor maldito. Unha crónica danzada da obra, unha versión flamenca da historia. 8 kilómetros son os que percorreron Paco Montes e Paquita Cañada sen poder chegar ao alba.

-“Drauma” de Paulina Espinosa e Mariana Oliveira (México – Portugal).  Intervención os días 28 de xullo e 2, 3 e 4 de agosto. É a peza gañadora do certame de creación en SóLODOS En Danza Costa Rica 2023 e finalizan a xira española nos claustros de Ourense.

“Drauma” resúmese na seguinte frase: do trauma ao drama.  Paulina e Mariana exploran a través do movemento e en forma dunha divertida e emocional pero non menos dramática viaxe a través dos seus recordos as catro respostas ao trauma: loitar, fuxir, conxelarse e adular.

“De querer”  de Daniel Rodríguez e as Xunquereteiras (Galicia). Intervención os días 2, 3 e 4 de agosto.

“De querer” é un encargo do festival Danza no Claustro. É unha peza que se inspira, desde unha visión de presente, nas diversas mostras de amor e afecto entre individuos plasmadas no canto tradicional galego.

Danza no Claustro é un proxecto da plataforma SóLODOS dirixido por Maruxa Salas e Erick Jiménez. Produción Víctor López Carbajales e Manu Lago. Vestiario: Adolfo Domínguez. Foto e vídeo: Pablo Salas e Manu Lago. Coa axuda de: INAEM – Ministerio de Cultura, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia a través da AGADIC. Colaboran: Concello de Xunqueira de Espadanedo, Concello de Nogueira de Ramuín, Parador de Santo Estevo, Concello de Melón, Red Acieloabierto, Adolfo Dominguez, Festival Escena Patrimonio, A Casa Vella, Foto Pablo Salas.

www.danzanoclaustro.com

www.solodos.es