por Andre da Ponte | May 30, 2017 | Autores/as, Creación
Por estes versos tristes que lhe escrevo,
filhos do meu amor ortografado,
saberá a minha pena e meu cuidado
e que nada deve e eu todo lhe devo.
Se meu engenho dá, já não me atrevo
escrever o que o coração estragado
sente em si, golpe a golpe, tão penado
que, calando, a minha pena descrevo.
Fora grande ventura perto ver-vos
e, depois de vista, disposto a amar-vos
resignado a ser dó sem merecer-vos.
Pois resulta impossível olvidar-vos,
saiba que são estes versos protervos
as tulhas da paixão para guardar-vos.
[Do livro inédito “Sonata dum quebrado violino”]
https://s-media-cache-ak0.pinimg.com/564x/c6/50/bc/c650bced0b6418b9bb47f8728e226ddc.jpg
por martinho | May 30, 2017 | Autores/as, Novas
O vindeiro xoves 8 de xuño ás 20h., organizado polas Concellarías de Cultura e Educación do Concello de Vilalba e Culturalia GZ, levarase a cabo na Casa da Cultura de Vilalba o acto de presentación dos poemarios SOÑO E VÉRTICE e SILENCIO PERCUTIDO de Eva Veiga. Acompañarán á autora, o escritor Martiño Maseda, o tamén escritor e poeta Francisco X. Fernández Naval e Patricia Teijeiro, concelleira de Educación.
Atopámonos diante dunha poeta salientábel dentro do panórama poético galego da actualidade. Os seus libros foron galardoados en diversos certames literarios; sen esquecermos que recentemente recibiu o Premio da Crítica 2016 en galego polo poemario SOÑO E VÉRTICE.
Dita presentación incluirá un recital poético a cargo do Grupo OURIOL, integrado por Eva Veiga (Voz) e Bernardo Martínez e Fito Ares (Música).
Animádevos e acudide!
por martinho | May 30, 2017 | Novas, Xeral
Este venres, 2 de xuño, ás 19:30h. na Casa da Cultura de Vilalba,
organizado polo IESCHA, terá lugar a presentación do libro
de Manuel Nüñez Singala, SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCACIÓN.
Toda a información aquí.
Fonte: IESCHA
por Andre da Ponte | May 30, 2017 | Autores/as, Creación
Se nalgum dia, logo que
de ficar eu no decesso,
ouves crepitar as faíscas
do lume do meu relembro,
julga, amor, que além do espaço,
nas vertigens do silêncio,
todo este meu ser dolente
há de te seguir querendo.
[Do livro inédito “Sonata dum quebrado violino”]
http://1.bp.blogspot.com/_Ab9SC69EFr8/SPp8QBYEcWI/AAAAAAAAAHk/giDxXNcanJg/s1600/angel%2Bllorando%2Ben%2Buna%2Btumba,%2Bescultura%2Ben%2Bblanco%2By%2Bnegro.jpg