O programa de residencias Atopémonos Bailando presenta esta semana tres mostras abertas no Museo MIHL de Lugo

O programa de residencias Atopémonos Bailando, coordinado por Colectivo Glovo en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, presenta esta semana tres mostras abertas no Museo MIHL de Lugo:

➡ Martes 5 de novembro · 18:00 h

  • Jandross — A noite do cuco
    Unha figura que acompaña mentres o corpo permanece: celebra a vida, entreabre as portas do alén e encarna as contradicións que nos tecen.
  • Jessica Castellón & Boris Orihuela — Ni Fu Ni Fa
    Peza en proceso que cruza o tradicional e o contemporáneo, conectando danzas urbanas e flamenco para escavar na memoria persoal e colectiva.

➡ Xoves 7 de novembro · 18:00 h

  • IXA — 52-BLAU
    Case unha oda á adaptación: un corpo que sobrevive ao naufraxio nun océano de estímulos e información, buscando saír á tona.

Entrada de balde con reserva previa: 604 002 295.

Palestra UN REPASO Á HISTORIA DA MÚSICA POP EN GALEGO, con Pepe Cunha, na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, 8 de novembro, Pepe Cunha falará, na Casa-Museo Manuel María, da historia da música pop en galego.

Cunha, coñecido polo seu proxecto de divulgación musical Ábrete de Orellas, repasará desde os pioneiros da década de sesenta até a vizosa escena galega actual

A actividade está programada para as 19 horas e é de acceso libre até completar o aforo (reserva sitio en  contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621) 

Pepe Cunha é o nome que está tras o proxecto galego de divulgación musical Ábrete de Orellas, activo desde hai 25 anos e Premio Martín Códax ao mellor espazo de comunicación Musical en 2016 e 2018. Ábrete de Orellas naceu como programa musical a finais do século pasado e entrega cada semana unha nova edición de sesenta minutos que emiten as grellas da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (CUAC FM, Rádio FilispiM, Radio Roncudo, Radio Piratona, Radio Neria…), algunhas municipais como Radio Redondela, Radio Allariz, A Xente de Teo… e plataformas como Podgalego, Agora.gal, Pontevedra Viva Radio… Cunha é autor do libro Guadi Galego. Pola beira da canción (Embora, 2019), responsábel dos contidos da premiada exposición #cantáMOLAengalego (2000-2020) para o Concello de Pontevedra e da exposición #GaleGoza para Vicepresidencia da Deputación de Lugo, así como partícipe en artigos en prensa, charlas, coloquios ou xurado de concursos musicais.