Castiñeiro Milenario organiza a FOLIADA DE OUTONO 2025

O sábado 15 de novembro sobre as 20:00 horas terá lugar unha nova edición das foliadas estacionais da Asociación Cultural CASTIÑEIRO MILENARIO, coa celebración da FOLIADA DE OUTONO 2025 no Centro Sociocultural de Begonte, situado xunto ao centro médico e a pista de pádel. Dita foliada empezará cuns petiscos para coller forzas e a partir das nove da noite acontecerá o núcleo central da foliada con catro grupos participantes. Como sucedeu en edicións anteriores, abrirán a foliada os grupos residentes, as cantareiras de Foliadeir@s do Castro e o grupo de gaitas de Treitoira. Despois desde Cospeito achegarase o grupo Beteluma Cantareiras, rematando co grupo das Pontes, No Cómbaro. Finalmente haberá foliada aberta ata que o corpo aguante.