


O programa de residencias Atopémonos Bailando, coordinado por Colectivo Glovo en colaboración coa Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, presenta esta semana tres mostras abertas no Museo MIHL de Lugo:
➡ Martes 5 de novembro · 18:00 h
- Jandross — A noite do cuco
Unha figura que acompaña mentres o corpo permanece: celebra a vida, entreabre as portas do alén e encarna as contradicións que nos tecen. - Jessica Castellón & Boris Orihuela — Ni Fu Ni Fa
Peza en proceso que cruza o tradicional e o contemporáneo, conectando danzas urbanas e flamenco para escavar na memoria persoal e colectiva.
➡ Xoves 7 de novembro · 18:00 h
- IXA — 52-BLAU
Case unha oda á adaptación: un corpo que sobrevive ao naufraxio nun océano de estímulos e información, buscando saír á tona.
Entrada de balde con reserva previa: 604 002 295.
