Alizza lanza a súa mensaxe máis optimista en FLORECER, o seu novo sinxelo

ESTE SEGUNDO TEMA DA SÚA NOVA ETAPA MUSICAL BUSCA APRENDER A VER A VIDA DUNHA MANEIRA DIFERENTE

Tras a publicación de CandlesAlizza volve sorprender co segundo adianto da súa nova etapa, Florecer, un canto optimista á superación de malas épocas e á aprendizaxe de ver a vida con outros ollos menos pesimistas. Cun estilo pop-rock e un retrouso pegadizo, a cantante madrileña sorprende ao estrear a súa primeira canción en castelán, afondando en sons alegres e luminosos que contrastan cos tons melancólicos que marcaron as súas anteriores cancións. Este lanzamento coincide co anuncio do concerto de presentación da súa nova etapa musical, que terá lugar o próximo sábado 31 de xaneiro de 2026 na Sala Siroco de Madrid, como parte do festival Inverfest. As entradas están xa dispoñibles en https://inverfest.com/events/alizza/.

Florecer é o resultado de varias cancións compostas pola propia Alizza que converxen nun sinxelo que xa se pode gozar en todas as plataformas. Unindo os retais de varias ideas foi collendo forma un tema que narra un momento vital concreto da artista. Nel, comprendeu que tiña que aprender a gozar da vida, canalizando as cousas boas para aprender a restarlle importancia ás malas.

Este novo sinxelo sae acompañado dun videoclip que trata de reflexar o optimismo que transmite a canción. Gravado en Coslada, esta peza audiovisual está realizada por Rare Audiovisual e dirixida por Omar Romero, autores tamén do videoclip de Candles. Nela, pódense ver escenas dunha nena que representa a versión máis nova de Alizza, así como o cumprimento de pequenas cousas que paso a paso lle fan feliz, con especial énfase no seu soño de poder cantar e facer cancións.

MÁIS SOBRE ALIZZA

Fusionando sons do pop alternativo e R&B contemporáneo xorde a figura de Alizza, unha das voces emerxentes máis prometedoras da escena. Con sensibilidades introspectivas, a artista madrileña constrúe atmosferas envolventes que se complementan con letras intimistas para servir de voz ás novas xeracións. Irrompendo con forza no panorama, Alizza faise oco con producións modernas e traballadas que se afastan do establecido con personalidade.

Tras os seus primeiros sinxelos publicados, nos que traballou man a man na produción dos temas xunto ao seu pai, Pulpul, cantante da banda Ska-P, a artista está a traballar nos seus seguintes traballos, buscando que a personalidade e calidade das súas producións siga afianzando a súa condición como un dos grandes talentos da escena emerxente estatal.

20251107-NP-GAL-LANZAMENTO-FLORECER-ALIZZA