Ámote… non te quero.

Ámote… non te quero.

ÁMOTE

coa intensidade dunha raiola de sol
ás trés da tarde.
Ámote
coa luz fermosa da lúa chea
unha noite estrelada.
Ámote
na liberdade que dá o amor
cando é ceibe,
sen vencellos, sen cancelas…
nesa liberdade que tiven… negada.
Ámote
para que me extrañes… cando falte,
para ansiar vivir… na túa lembranza.
Ámote… , non te quero,
porque quererte paréceme pouco
para definir isto que sinto…
Cando prefiro terte nos meus soños
a terte preso…
Ámote
na liberdade das bolboretas de cores
que voan ceibes,
no cantar dos xílgaros… cando morre a tarde,
no bico que pousa o vento
na túa meixela,
na caricia tenra do arrecendo… a ti.
Ámote, que non te quero,
pois entendín que podes irte… se queres,
o meu amor seguirá enteiro
ainda que rache o corazón,
ainda que non deixe de chorar…
cada bágoa irá vencellada
ó desexo da túa… felicidade,
á túa vida mesma…
Mentras esteas aquí… amareite
coa intensidade dun temporal…
mais coa dozura do bico que pousan as ondas… na praia
Ámote… non te quero…

Biodiversidade e patrimonio na Terra Chá: concienciación, conservación e uso social

Biodiversidade e patrimonio na Terra Chá: concienciación, conservación e uso social

Xustificación:

As últimas tendencias demográficas galegas non só advirten dunha diminución de habitantes, senón tamén dun progresivo éxodo rural. Ademais a reducida oferta de actividades de aprendizaxe, ocio ou entretemento no interior galego e durante os períodos estivais, da lugar á masificación do arco atlántico galego e como consecuencia a un despoboamento notorio nas comarcas do interior. Así pois, con este proxecto preténdese executar numerosas liñas de acción para atraer a xuventude galega ao medio rural, mediante a posta en valor da riqueza ambiental, etnográfica e cultural dunha comarca eminentemente rural como é a Terra Chá.

Actividades e características do curso:

  • Rutas guiadas a distintos enclaves chairegos de alto valor natural e cultural.
  • Talleres: elaboración de produtos a partir de plantas medicinais, análise da calidade das augas dos ríos mediante indicadores biolóxicos e identificación de quirópteros mediante ultrasóns.
  • Visita á distintos elementos do patrimonio material etnográfico da Terra Chá.
  • Visita á Casa-Museo Manuel María e interpretación do legado cultural do poeta.
  • Aloxamento en pensión, almorzo e transporte.
  • Dotación de material para as labores de campo.
  • Agasallos.

 

Datas de celebración:

Do 12 ó 14 de outubro de 2018.

Lugar de celebración:

O curso comeza o venres 12 de outubro ás 9:00 na Casa das Insuas de Rábade (Rúa Xosé Pardo e Pardo Montenegro, Nº 27, Rábade, Lugo). Partindo da mesma, produciranse as saídas do bus cara os distintos enclaves da comarca.

Inscrición e requisitos:

A inscrición, o aloxamento e todas as actividades do curso son completamente gratuítas. O período para inscribirse comprende do 1 ao 7 de outubro. Os únicos requisitos serán estar empadroado nun concello galego, ter unha idade comprendida entre os 16 e 35 anos e traer roupa e calzado adecuados. Asemade, estipúlase en 30 o número límite de prazas ou participantes. Os interesados/as deberán poñerse en contacto con algún dos membros da dirección.

Dirección:

Daniel Irimia (680820350, danielirimia@hotmail.com)

Miguel Fernández (649572949, miguelfernandez.labrada@usc.es)

Máis información:

No seguinte enlace poderedes consultar/descargar a memoria completa do proxecto onde se atopa o programada das actividades detallado polo miúdo, amais do cartel anunciador.

https://drive.google.com/open?id=1wNnibIwOrYh1pqRIKyhMwjENYXmLEzlv