Xustificación:
As últimas tendencias demográficas galegas non só advirten dunha diminución de habitantes, senón tamén dun progresivo éxodo rural. Ademais a reducida oferta de actividades de aprendizaxe, ocio ou entretemento no interior galego e durante os períodos estivais, da lugar á masificación do arco atlántico galego e como consecuencia a un despoboamento notorio nas comarcas do interior. Así pois, con este proxecto preténdese executar numerosas liñas de acción para atraer a xuventude galega ao medio rural, mediante a posta en valor da riqueza ambiental, etnográfica e cultural dunha comarca eminentemente rural como é a Terra Chá.
Actividades e características do curso:
- Rutas guiadas a distintos enclaves chairegos de alto valor natural e cultural.
- Talleres: elaboración de produtos a partir de plantas medicinais, análise da calidade das augas dos ríos mediante indicadores biolóxicos e identificación de quirópteros mediante ultrasóns.
- Visita á distintos elementos do patrimonio material etnográfico da Terra Chá.
- Visita á Casa-Museo Manuel María e interpretación do legado cultural do poeta.
- Aloxamento en pensión, almorzo e transporte.
- Dotación de material para as labores de campo.
- Agasallos.
Datas de celebración:
Do 12 ó 14 de outubro de 2018.
Lugar de celebración:
O curso comeza o venres 12 de outubro ás 9:00 na Casa das Insuas de Rábade (Rúa Xosé Pardo e Pardo Montenegro, Nº 27, Rábade, Lugo). Partindo da mesma, produciranse as saídas do bus cara os distintos enclaves da comarca.
Inscrición e requisitos:
A inscrición, o aloxamento e todas as actividades do curso son completamente gratuítas. O período para inscribirse comprende do 1 ao 7 de outubro. Os únicos requisitos serán estar empadroado nun concello galego, ter unha idade comprendida entre os 16 e 35 anos e traer roupa e calzado adecuados. Asemade, estipúlase en 30 o número límite de prazas ou participantes. Os interesados/as deberán poñerse en contacto con algún dos membros da dirección.
Dirección:
Daniel Irimia (680820350, danielirimia@hotmail.com)
Miguel Fernández (649572949, miguelfernandez.labrada@usc.es)
Máis información:
No seguinte enlace poderedes consultar/descargar a memoria completa do proxecto onde se atopa o programada das actividades detallado polo miúdo, amais do cartel anunciador.
https://drive.google.com/open?id=1wNnibIwOrYh1pqRIKyhMwjENYXmLEzlv