XX ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA

XX ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA

Este sábado, 1 de setembro, a partir das 19:30 horas celebrarase na Casa da Cultura de Quiroga o XX ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA.

Poesía e música para comezar o mes de setembro. No seguinte enlace pódese acceder ao programa do devandito evento poético.

XX ENCONTRO DE POETAS NO VAL DE QUIROGA

 

Quiroga, 1 de setembro de 2018

(Ás 19:30 h. na Casa da Cultura)

 

Presenta o acto o poeta:

Emilio Vega

 

 Pregoeiro:

 Manuel Blanco Pacios

 

Colaboración musical:

 Javier Rodríguez Sotuela

 Dúo Yotón

 

 Organiza e patrocina:

 Concello de Quiroga

 

 

PARTICIPANTES XX ENCONTRO

DE  POETAS NO VAL DE QUIROGA

 

.Emilio Vega (Ponferrada)

.Branca Villar (Guitiriz)

.Martiño Maseda (Vilalba)

.Emilia Martínez (Vilalba)

.José Carlos Ulloa (Lugo)

.Paco Ledo (Chantada)

.Suso Talento (Monforte de Lemos)

.Martina Campos (Monforte de Lemos)

.Azarías Deleyre (León)

.Adolfina Mesa (Monterroso)

.Ana María Gamallo (Chantada)

.Anxo Boán (Chantada)

.Sonia Arias (Sarria)

.Lyra Sierra López (Ponferrada)

.Pilar Cambón (Monforte de Lemos)

.Primitivo Oliva (Sarria)

.Elba Grande (Carballedo)

.Ramón Porto (Chantada)

.Juan Manuel Campal (León)

.María Jesús “Albalara” (Monforte de Lemos)

.Germán López Quiroga (Monforte de Lemos)

.María Rosa González Méndez (Ourense)

.Mercedes Marcos (Sober)

.Pablo Juan Chelmick (León)

.Toño Núñez (Navia de Suarna)

.Ana Ríos (Taboada)

.José Antonio López Arias (O Courel)

.Jesús Galán López (O Courel)

.Isabel Rodríguez Losada (Escairón)

.Elvira Veloso Rodríguez (Monforte de Lemos)

. Mabel Pérez Fernández

 

 

 

 ORGANIZA E PATROCINA:

CONCELLO DE QUIROGA

 

Síguenos en:

www.concellodequiroga.com

Facebook: Quiroga

Twitter: @concelloquiroga

Wikiloc: Concello Quiroga

TELÉFONO 982 435125

I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA

I TOMA CULTURAL DE CALDALOBA

Poetas, aristas, activistas culturais e sociais, amantes da nosa cultura e patrimonio, reuniranse o 16 de Setembro nunha xuntanza organizada pola Asociación Sociocultural Lareira de soños, a Asociación Cultural e Recreativa de Pino, a NPG Nova Poesía Guitirica e o portal CulturaliaGZ coa colaboración do concello de Cospeito, co nome de I Toma Cultural de Caldaloba, un encontro para a defensa do patrimonio, a história e a cultura nun lugar emblemático, a fortaleza de Caldaloba.

Esta xornada, aberta á participación de quen desexe, comenzará ás 12:00 no local social de Pino, desde o que se realizará unha marcha a pé até a fortaleza de Caldaloba na que terán lugar unha serie de actividades lúdicas e didácticas arredor da torre, onde se explicará a história do lugar e intervirán diversos artistas e poetas
Ás 15:00, xa de volta ao local social de Pino, haberá un xantar de fraternidade con callos, churrasco mixto, bebidas, postre e café para o que é preciso anotarse nos correos dosvilares@gmail.com, info@culturaliagz.comou en calquera das redes sociais das entidades organizadoras ao prezo de 16€ que se abonarán no lugar. Alí realizaráse un intercambio de ideas para novas accións culturais a desenvolver.
Ao longo de toda a xornada gravara se imaxes e entrevistas para un documental.
Coa convocatoria do prémio de poesía de Caldaloba pola asociación de Pino e o Concello de Cospeito iníciase tamén unha nova xeira de accións culturais e literarias co emblemático monumento como referencia que terá outro novo pulo o 16 de Setembro.
A organización pretende facer deste evento unha cita anual de cultura de base desde a que xurdan iniciativas literarias e artísticas comunais. A Lareira de soños, NPG e CulturaliaGZ consolidan con este evento a liña de colaboracións iniciadas con entidades como Xermolos ou a Liga Santaballesa en diversas propostas culturais e literarias e que coa asociación de Pino amplían á defensa do patrimonio histórico e natural situando a Caldaloba no epicentro da cultura chairega.
Convidamos pois a participar a aquelas persoas que o desexen, aproveitando esta data para coñecer máis a nosa historia e patrimonio e ser participes de novas iniciativas culturais ademáis de pasar un día de disfrute do lugar e da amizade.