VI Foliada das Artes no Pazo de Sabadelle

VI Foliada das Artes no Pazo de Sabadelle

NoN MUNDO” é un proxecto expositivo creado e coordinado por María Xosé Domínguez e comisariado por Montse Rego e Ana Costas, responsables desta VI Edición de ‘Foliada das artes’, que permanecerá aberta ata o 1 de setembro no Pazo de Sabadelle.

O obxectivo da mostra é o de compartir a diversidade de propostas multidisciplinares de oito artistas visuais nun espazo alternativo rodeado de natureza.
A poesía e a música tamén formarán parte desta exposición a través da voz e a obra de dous poetas, un artista e performer e unha violinista.

O Pazo de Sabadelle será o enclave deste “Non Mundo”, concepto filosófico elixido como marco teórico para unha heterotopía chea de maxia, no que cada artista intervirá os espazos delimitados pola súa propia obra. “As heterotopías, os ‘territorios dos outros’, foron definidos por primeira vez por Foucault nos anos sesenta como espazos delineados pola sociedade mesma, sendo unha especie de contra-espazos; unha especie de utopías efectivamente verificadas, onde todos os demáis espazos reais que se poden atopar no seo dunha cultura están a un tempo representados, impugnados ou investidos”.

A arte contemporánea dentro do “non mundo” de Sabadelle será un pretexto sensible para a festa dos sentidos, onde as imaxes tanxibles, a poesía recitada e a música a través da festa darán paso á unión de todos os mundos posibles e imposibles.

Participantes:

• Ana Costas
• Manuel De la Rosa
• María Xosé Domínguez
• Basilisa Fiestras
• Mery Pais
• Montse Rego
• Antón Sobral
• Edu Valiña
• Helena Villar Janeiro
• Xesús Rábade Paredes
• Pablo Orza
* Clara Varela