Premios na Mostra Teatronoite

Premios na Mostra Teatronoite

Faise público o fallo do xurado da Mostra TEATRONOITE organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Vilalba, para grupos de teatro afeccionado, que presentaron as súas obras en lingua galega.

A selección das obras realizouse por unha Comisión formada por o director da Escola Municipal de Teatro de Vilalba, Guillermo Álvarez Cancelo, e os representantes da Concelleira de Cultura do Concello de Vilalba, a concelleira Consuelo Grandío Pardo e a técnico de cultura Sonia García, actuando esta como secretaria.

As compañías de teatro seleccionadas foron as seguintes:

The-Sastre Teatro de Barbadás (Ourense), coa obra “Cosa Nostra” que se representará o sábado 7 de xullo.

Andaravía Teatro (A. C. Papaventos) de Vedra (A Coruña), coa obra “Maniféstate!!” que se representará o sábado 21 de xullo.

Sen Cancelas Tetaro de Santa Comba (A Coruña) coa obra “A Corda” que se representará o sábado 28 de xullo.

Todas as obras terán lugar na Praza da Constitución e serán representadas no Templete, agás no caso de choiva que pasarán ao Auditorio Municipal Carmen Estévez.

Hora das representacións: ás 23:00h.