Crónica videográfica da entrega de premios no II Certame de Debuxo e Poesía AVELINO DÍAZ

Crónica videográfica da entrega de premios no II Certame de Debuxo e Poesía AVELINO DÍAZ

O pasado 21 de xuño celebrouse no Centro Sociocultural “Avelino Díaz das Rodrigas” de Riotorno a entrega de galardóns ás persoas premiadas no II Certame de Debuxo e Poesía AVELINO DÍAZ, convocan de maneira conxunta os concellos de Riotorto e Meira, en colaboración coa Asociación Cultural Avelino Díaz. Ademais da entrega dos galardóns foi un xeito de reivindicar a figura deste poeta nacido en Santa Comba da Órrea – Riotorto, pero que pasou boa parte da súa nenez en Meira. O “Poeta de Meira” emigrou sendo adolescente a Buenos Aires, onde desenvolveu un intensa actividade xornalística e literaria. Nunca regresou á Terra, e precisamente por iso a súa obra é, se cadra, máis coñecida en América que en Galicia. A pesar diso, trátase dunha obra de calidade que sen dúbida merece unha investigación demorada, sobre todo se temos en conta que, á marxe dos seus catro volumes publicados, uns 850 poemas están pendentes de localización. Precisamente por iso, para que a súa obra poida ser localizada e investigada, a Asociación Cultural “Avelino Díaz”, formada por un importante número de colectivos de toda índole dos concellos de Riotorto e Meira, ademais de por persoas particulares, pretendía conseguir para el o Día das Letras de 2017, cando cumpriría 120 anos. Dado que iso non foi posible, a candidatura de Avelino será presentada de novo para un Día das Letras.(*)

No seguinte enlace podemos atopar unha crónica videográfica do devandito acto.

 

 

*Información extraída da páxina web que trata sobre o autor.