Representación da obra DIVINAS PALABRAS de Valle-Inclán no Auditorio Municipal de Vilalba

Representación da obra DIVINAS PALABRAS de Valle-Inclán no Auditorio Municipal de Vilalba

O mércores 27 de xuño ás 21:00h, a Escola Municipal de Teatro de Vilalba estrea “Divinas Palabras”, de Valle-Inclán, considerada traxicomedia de aldea, publicada en 1919. Unha das pezas principais do chamado ESPERPENTO que amosa unha España sordida en situacións de crueldade, en tono traxicómico, a través dos personaxes.

A morte, avaricia e a luxuria, son as bases desta peza crítica e ácida de Valle o redor da capela de San Clemente.

Tratase da obra máis universal do autor galego, Sen dúbida a máis representada fora de España.

O mércores 27 de xuño ás 21:00h, no auditorio Carmen Estévez coa entrada de balde.

 

*Información achegada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.

Programación do Convívio da Cultura Galega do 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei

Programación do Convívio da Cultura Galega do 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei

Achegámosvos a programación do CONVIVIO DA CULTURA GALEGA que celebraremos este vindeiro 14 de xullo na Carballeira de Santa Isabel, en Outeiro de Rei.

11.30 Acollida na horta da Casa-Museo Manuel María. Actuación do grupo de música tradicional UNTIA e do coro da Asociación Cultural e Musical SOLFA

12.30 Ofrenda floral a Manuel María no cemiterio de Outeiro de Rei

13.00 Concerto da BANDA Municipal de Música “SONS E SOÑOS” de Rábade-Begonte-Outeiro, dirixida por Armando Morales Blanco, na Carballeira de Santa Isabel

14.00 Xantar na carballeira (cada quen trae a súa comida)

16.30 Títeres. O grupo de teatro Pereira de Lobos representa “Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo”

17.00 FOLIADA, para cantar e bailar, con distintos grupos de música tradicional (Untia, Treboada, Birloque Gaiteiros, Coitelo de pau, Parabéns, Reviravolta, Cantareir@s.comTigo…). Anima Xurxo Souto.