SURREALISMO
Sobrevaloramos a morte
Cando o único que nos fai esmorecer
é o medo!
O medo que nos derrota ante as loitas
Perante as escaramuzas, nas batallas
Por iso é que hai seres
Que van morrendo en anaquiños, no silencio
E vidas que resisten e camiñan
En ousadas valentías fronte aos prexuízos
Sobrevaloramos a morte construída no egoísmo
Hai quen di que por iso os poetas
Agonían o seu eu lírico moribundo
E os analfabetos heterodoxos
Practicamos as rimas inadaptados ás normas
Sobrevaloramos a morte coma se fose a metáfora
Madita sexa, só é unha escusa!!
En tanto o tempo nos delata
E o progreso nos institucionaliza e nos retrata
Neste xogo de espellos
Que é vivir!!
E deixar vivir !!
Sobrevaloramos a morte coma se fose a fin
Cando somos milleiros de ratos xirando na roda
Na gaiola
De quen son as mans que nos sentenzan a galeras ?
- PILAR MASEDA