Paseos pola Pontevedra literaria. Primavera 2018

Paseos pola Pontevedra literaria. Primavera 2018

Está aberta xa a inscrición nos Paseos pola Pontevedra literaria. Primavera 2018, unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.

As persoas interesadas deberán enviar os seus datos (nome completo, teléfono e enderezo electrónico) a pontevedraliteraria@gmail.com, e indicar a que paseo/s queren apuntarse, a partir do 21 de maio. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. O número de prazas é de 50 persoas por paseo. A hora de partida será, en todos os casos, as 11:30.

Estes son os paseos previstos:
Sábado 26 de maio
– Cegoñas no fondo da ría, con Manuel Lourenzo González.
Sábado 9 de xuño
– Polos camiños do Triángulo inscrito na circunferencia, con Víctor Freixanes.
Sábado 23 de xuño
– Josefina Arruti: tras a pegada das que quedaron, con Montse Fajardo.

 

ELEFANTE ELEGANTE PRESENTA ESTE SÁBADO, ÁS 18 HRS, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA, “TRISTÁN”

ELEFANTE ELEGANTE PRESENTA ESTE SÁBADO, ÁS 18 HRS, NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA, “TRISTÁN”

Trátase dunha peza visual e xestual dirixida para o PÚBLICO INFANTIL (entre 3 e 12 anos).

Gonçalo Guerreiro, director e actor na obra, sinala que esta trata dun “espectáculo que conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrincar o seu corazón para nunca máis sufrir e deullo a un paxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Mais a historia non remata así…Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

Podedes ver nesta ligazón un adianto do que será a función (https://www.youtube.com/watch?time_continue=11&v=z9uWMFtCtOc)

A actividade está programada pola Casa-Museo Manuel María e as ANPAs dos CEIPs Otero Pedrayo de Rábade e Laverde Ruíz de Outeiro de Rei. O prezo do billete é de 2 euros e pódese reservar chamando ao tel. 698 177 621 ou escribindo un correo ao enderezo contacto@casamuseomanuelmaria.gal