por martinho | May 7, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
CTRLuGo: Congreso sobre as Tecnoloxías e Recursos para a xestión e a socialización do Patrimonio.
Vello Cárcere de Lugo, 11 (venres), 12 (sábado) e 13 (domingo) de maio,
A cultura humanística está composta por un conxunto de saberes necesarios para o desenvolvemento da comunidade, compoñen un mar de conceptos que precisan de metodoloxías que permitan o seu acceso e a súa recuperación.
CTRL+G é a unidade mínima que representa estas metodoloxías. É o código tecnolóxico máis simple co que podemos enfrontar a necesaria protección e custodia dos saberes. De aí CTRLuGo.
É esa protección, a través das novas tecnoloxías, o que une a Javier de la Cueva (avogado), a Víctor Sampedro (xornalista), a Sabah Wallid (arqueóloga) e/ou a Brigada para a protección do Patrimonio da CNP.
O Congreso organizarase en tres xornadas, ao longo da próxima fin de semana, e conta coa homologación e certificación da consellería de Educación e da Facultade de Humanidades de Lugo (1 crédito ects).
A inscrición e a asistencia son totalmente gratuítas. Para inscribirse, basta con cumplimentar o formulario que atoparedes neste link:
https://lugoemundial.com/ctrlugo/
+ INFO: 655 96 03 42
info@lugoemundial.com
por martinho | May 7, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
O auditorio Carmen Estévez acollerá o 13 de maio ás 20:30 horas un concerto do musicólogo Abraham Cupeiro, baixo o título “Os Sons Esquecidos”.
Os Sons Esquecidos é en certa maneira unha viaxe no tempo. É unha búsqueda das fontes orixinais para fundilas co contemporáneo e crear un discurso novo e sorprendente. Neste proxecto, mestúranse instrumentos de épocas pretéritas cunha orquesta moderna, sacándoos do contexto para o que foron concebidos.
Os Sons Esquecidos é a búsqueda da esencia, do primario.
Unha viaxe pola historia e os sentimentos enraizada no presente.
Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba
Data: Domingo, 13 de maio de 2018
Hora: 20.30 horas
Entrada gratuita
É preciso coller a entrada en Ataquilla.com ou na casa da Cultura, para o control do aforo.
Organiza: Deputación de Lugo
Colabora: Concello de Vilalba
*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba
por martinho | May 7, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
A obra teatral “Estás aí?”, unha delirante comedia que narra as vivencias e os desencontros habituais que se producen nas parellas empregando o humor como fío conductor. Dirixida por Alex Sampayo, e protagonizada por Isabel Risco e Xúlio Abonjo, terá lugar no auditorio Carmen Estévez o sábado 12 de maio ás 20:30h.
Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba
Data: Sábado, 12 de maio de 2018
Hora: 20.30 horas
Prezo: entrada única de 5€
Para maiores de 13 anos.
Venta de entradas en Ataquilla.com e na Casa da Cultura no seu horario habitual.
*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba
por martinho | May 7, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
A Orquesta Sinfónica de Galicia visitará o auditorio Carmen Estévez o venres 11 de maio ás 20:30h, concerto que contará con Iván Martín como director e solista.
O concerto é gratuíto pero é preciso coller entrada para o control do aforo, na Casa da Cultura ou en Ataquilla.com.
*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba
por martinho | May 7, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Este vindeiro sábado teremos a oportunidade de darlle a benvida á primavera. Castiñeiro Milenario organiza unha xornada de cultura e música tradicional, na que as protagonistas serán as nenas e nenos que se acheguen ata a parroquia do Castro (Begonte), onde, guiadas por Branca Villares, van aprender a facer un maio e botar unhas cantigas ao seu arredor. Xa pola noite a música será a protagonistra nunha nova edición da Foliada de Primavera.
Velaí vai o programa do día.
Comezaremos pola tarde cunha merenda para a cativada, chocolate e biscoito para coller forzas e ir apañar flores e fentos e xestas para facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións de Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unhas pezas ao redor do maio, nenos, nenas e maiores todas xuntas para dar a benvida á primavera.
Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das nove, comezará a festa o grupo residente, Foliadeir@s do Castro, nesta ocasión moi ben acompañado pola Asociación A Legua Dereita desde O Corgo, As Cernellas de Santa María de Bóveda e para rematar, Troupelear desde Baralla. Ao remate, foliada aberta ata que os corpos aguanten.
Agradecemos, como sempre, a boa disposición dos grupos para participar neste acto festivo, a Branca Villares pola axuda e á Asociación Veciñal do Castro por cedernos o local para facer esta gran festa da primavera.
Toda a información na nosa páxina
https://castinheiromilenario.wordpress.com/2018/05/04/actos-foliada-de-primavera-e-maios/
Adxuntamos o cartaz do evento.
AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/