Nena Daconte, Luna Ki e Sila Lua continúan a festa do Atlantic Pride este venres 12 de xullo

Os Xardíns de Méndez Núñez acollerán os concertos da sexta xornada do festival de 20.30 a 02.20h, na que as pinchadas correrán a cargo dos dj’s Roi Porto e Dj Licho

Desde ás 21.30h, o público poderá gozar da mestura libre de xéneros de Sila Lua, a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea

Ás 22.30h, Nena Daconte presentará en directo os temas do seu último disco, Casi Perfecto, co que reivindica o seu pasado máis pop-rock para falar de amor, de desamor, da soidade e do paso do tempo

Contra ás 00.00h chegaralle a súa quenda a Luna Ki, un dos valores de futuro da nova música urbana en España, co explosión electrónica do seu álbum Generación de cristal

A festa do Atlantic Pride continúa este venres na Coruña con algunhas figuras de referencia da escena musical actual. De 20.30 a 02.20 horas, o público poderá gozar nos Xardíns de Méndez Núñez da mestura libre de xéneros de Sila Lua, a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea; do pop-rock de Nena Daconte, cos temas en directo do seu último disco, Casi Perfecto; e da fusión de sons como o new wave, o eurodance, o afrobeat ou o trap-pop de Luna Ki.Pola súa banda, as pinchadas para abrir e pechar a velada correrán a cargo de Dj Licho e Roi Porto.

Este venres continúan, tamén, as sesións ‘After Party’ do Atlantic Pride no Playa Club da Coruña con Gorllitox unha vez rematados os concertos ao aire libre nos Xardíns (de 02.00h a peche). En www.atlanticpride.es/fiestas é posible consultar os detalles destas festas ‘After Party’ do Atlantic Pride, así como adquirir as entradas anticipadas, a un prezo de 12 euros (consumición incluída). Os pases poderanse mercar tamén o mesmo día na porta do Playa Club (15 euros, consumición incluída).

PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2024

Venres, 12 de xullo

Xardíns de Méndez Núñez

(20.30 a 02.20h)

20.30h Dj Licho

21.30h Sila Lua

22.30h Nena Daconte

00.00h Luna Ki

01.00h Roi Porto

SILA LUA

Sila Lua, artista e produtora galega, leva desde 2017 desenvolvendo o seu son, algo a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea; una mistura libre de xéneros froito da súa crianza española e dos seus anos vivindo e estudando produción musical en Londres. As súas cancións, de forte mensaxe lírico, producións detalladas e unha elegancia misteriosa, valéronlle o título de “diva marciana do novo pop escuro europeo” por parte da prensa especializada.

Este talento emerxente logrou o ano pasado un éxito viral cos seus temas Nada e Quiero llorar, parte da banda sonora oficial da cuarta temporada da serie Élite, de Netflix, e que acumula xa +4M streams combinados e +200k Shazams (Nada alcanzou o posto #160 nas listas globais de Shazam na primeira semana da estrea da serie). Isto brindoulle a oportunidade de escribir a encargo Tanta vida, canción orixinal da serie de Atresplayer Premium La edad de la ira.

Agora presenta o seu primeiro álbum, ROMPE, un traballo conceptual que xira en torno ao mar, os seus símbolos, os seus mitos e a súa inmensidade, e que está composto por 11 cortes. Unha mestura moi coidada de música urbana, electrónica e pop na que a artista estivo traballando o pasado ano e medio xunto ao produtor Mumbai Moon e onde contou con varios músicxs, productorxs e colaboradorxs invitadxs de España, Brasil e Ecuador.

NENA DACONTE

Mai recupera en Casi Perfecto, o seu sexto álbum de estudio, a esencia dos seus comezos: volve ao son e á estética dos seus primeiros discos, con dez novas cancións que xiran en torno ao amor, o desamor, a soidade e o paso do tempo. Son cancións compostas novamente por Mai, excepto El verano, que é unha adaptación dun poema do cantautor Marwan. Producidas todas elas por Dani Alcover, teñen un son pop rock dos 90. É Casi perfecto… como a vida, como o amor… Pero, quen quere ser perfecto? 

Mai, Nena Daconte, medrou cos referentes musicais dos seus irmáns maiores: The Beatles, The Byrds, The Who, REM, Nacha Pop, Elvis Costello, Los Secretos… A música atrapouna. Máis tarde, na adolescencia, montou unha banda de pop rock coa que tocaba versións de Led Zeppelin, Radiohead ou The Cranberries, xunto con cancións propias por bares de Malasaña, en Madrid, como Al Lab’Oratorio.  Tras participar na segunda edición do programa televisivo Operación Triunfo, fundou Nena Daconte, marca coa que autoeditou o seu primeiro disco e coa que coñeceu o éxito grazas a temas como IdiotaEn qué estrella estará ou Tenía tanto que darte, compostos pola propia artista, en torno á idea da soidade, a obsesión pola búsqueda do amor ou a perda da ilusión polo paso do tempo. Tras numerosos premios e máis de 400 concertos percorrendo a xeografía española e cidades como París ou Berlín, Nena Daconte apartouse da música ata 2022, ano no que regresa cun novo traballo discográfico, Casi Perfecto, para reivindicar o seu pasado máis pop-rock da man do selo independente Subterfuge. 

LUNA KI

Luna Ki é o nome do proxecto musical da artista cubana Luna Górriz (Barcelona, 1999), quen estase a posicionar como un de los valores de futuro da nova música urbana en España. O seu estilo único, cunha gran variedad de referentes, desde Riff Raf ou Ivy Queen ata Shakira, mistura xéneros tan dispares como o trap o o k-pop. O seu modo de reinventar os sons sumado a unha rechamante imaxe, non deixa indiferente a ninguén, aportando un xiro que concede voz ás novas xeracións. O seu é un exercicio de rebeldía único, que sitúa á persoa no centro do discurso. 

O seu primeiro sinxelo, Septiembre, foi toda unha declaración de intencións, e acadou en poucos meses máis de 5 millóns de reproducións, posicionándose entre os lanzamentos máis virais de Spotify desde o seu lanzamento. 

Tras avanzar os sinxelos Enero e Cuatro Bodas,  Luna Ki presenta agora Generación de cristal, un EP no que homenaxea á súa propia xeración a través de sete pistas musicais. Con Carlos Ares na produción executiva, Generación de cristal concíbese como unha explosión electrónica, unha reinterpretación das bases do pop a través da fusión de sons como o new wave, o eurodance, o afrobeat ou o trap-pop. A produción tamén a firman Raúl Santos (Supernova), Dj Glass (Sexo Electrónico), Chus Santana (Enero), Allnightproducer (Cuatro Bodas e Bizarre Fatalité), Milan Leon e Ricard Galusi (McQueen). 

Un retrato irónico e emocional da Xeración Z, no que Luna Ki reivindica a fraxilidade como fortaleza e a hipersensibilidade como unha arma para expresar sentimentos reprimidos. O traballo explora, entre outros, temas como o poliamor, os impulsos autodestructivos, a construción do ego, o sexo… A dualidade entre a tecnoloxía e a natureza está moi presente neste novo EP de Luna Ki. Riveragento (deseño), Sergi Padial (foto), MNLO (estilismo) e Luna crean un contraste poético onde o artificial e o real poden coexistir á perfección.

20240711-NP-venres-12-Atlantic-Pride

Fillas de Cassandra publica d’ESCARNIO, o seu novo sinxelo, este venres 12 de xullo

Fillas de Cassandra publica mañá, venres 12, o seu novo sinxelo, nomeado d’ESCARNIO, “un ritual para desfacerse da ira”

A creación electrónica do dúo vigués é un canto que se sitúa “entre a sátira e a introspección”, e que pretende dar conta “do proceso que supón deixar atrás a furia e os dixomedíxomes”

Fillas de Cassandra publicará este venres, 12 de xullo, o seu novo sinxelo, nomeado d’ESCARNIO. A peza, que se poderá escoitar a partir das 00.00 horas de mañá nas principais plataformas dixitais, “é un ritual para desfacerse da ira”. 

Tal e como explican María SOA e Sara Faro, a súa nova creación, en cuxa produción tamén participan Mumbai Moon e Greta Ch’aska, “é unha sorte de cantiga actualizada que se sitúa entre a queixa satírica e un exercición de autocrítica e introspección”. “d’ESCARNIO quere dar conta do proceso longo e complexo que supón abandonar a furia e os dixomedíxomes ata acadar un canto liberador; e que esixe recoñecer e nomear o dano para deixalo ir”, din.

A sutileza das melodías acústicas, a agresividade dos recursos do xénero industrial e as texturas etéreas que se dilúen entre os ritmos máis tribais, vencellados á raíz, ofrecen, como resultado, un tema de corte electrónico e compacto no que a ira se revela como un espazo de forza, mais tamén de vulnerabilidade. 

d’ESCARNIO, o novo tema de Fillas de Cassandra, é unha das novidades que se pode escoitar nos directos da xira Últimas Dionisíacas, na que Sara Faro e María SOA revisitan os temas do seu disco Acrópole desde unha perspectiva máis electrónica e escura. Logo de visitar Marrocos e actuar o pasado sábado canda Ed Sheeran ou Bomba Estéreo no Gozo Festival, as artistas viguesas continuarán o seu periplo peninsular e formarán parte do cartel de citas de referencia, como é caso do Festival de Ortigueira, El Tingladu, Festival de la Luz ou Revenidas, entre outras moitas.


A música de Fillas de Cassandra, en Netflix

Alén da estrea este venres 12 do sinxelo d’ESCARNIO, a música de Fillas de Cassandra, está de actualidade nas plataformas audiovisuais. Se hai uns días II. LISÍSTRATA (varre vasoira) superaba o millón de reproducións en Spotify, ao éxito súmase tamén a difusión de canta miña sombra (negra sombra), por ser unha das pezas quese inclúen na banda sonora de Clanes, a serie de Netflix que está acadar os primeiros postos en número de visualizacións en distintos países do mundo.


Vindeiras datas confirmadas das Últimas Dionisíacas

  • 12 de xullo. Ortigueira. Festival de Ortigueira.
  • 25 de xullo. O Rosal. 
  • 27 de xullo. Vilanova i la Geltrú. El Tingladu.
  • 2 de agosto. Bueu. SonRías Baixas.
  • 3 de agosto. Catoira. Festa Vikinga. 
  • 17 de agosto. Pontevedra. Festas da Peregrina. 
  • 19 de agosto. Pobra do Caramiñal.
  • 21 de agosto. Ferrol. Festas San Roque.
  • 23 ao 24 de agosto. Boimorto. Festival de la Luz.
  • 30 de agosto. Pantón. 13 Roeis Fest.
  • 30 de agosto ao 1 de setembro. Ponteceso. Festiletras. 
  • 13 de setembro. Vilaxoán. Festival Revenidas. 

Escoita d’ESCARNIO 

20240711-NP-GAL-Fillas-de-Cassandra-dESCARNIO