A INACADABLE

A INACADABLE

Que vento ousou acubillarme
no naufraxio
no sufrir…na negrura
na distancia… no exilio
dos poetas calados.

Que vento ousou
rachar a miña voz
os meus berros e laios.

Perdinme no silencio
outorguei…peor…
non dixen nada!

Que vento ousou
mutilar os meus instintos
revólvense as tripas
neste visceral espertar
de prozac!

Que vento ousou
cegar os meus ollos
murchos de bágoas.

Quero a miña voz
a palabra
a dúbida
a miña liberdade…
a sempre inacadable…

PILAR MASEDA

COVARDES SUPERHEROIS

COVARDES SUPERHEROIS
Recoñezo ben a hipocresía
véxoa cada día en estado puro
neste visceral espertar
de agullas e galenos
que andan a aldraxarme
o corpo hinchado
coa alma cansada pola dor
de ver cada día máis
estupidez colectiva xunta.
Neste espertar de realidade
e pos-verdade significativo,
de rodillas,
ante os burócratas amansados,
xuíces e administrativos
que agardan polas motivacións
ben obxectivadas
cunha dialéctica propia do medievo
e agardando só a cobrar
a nómina a fin de mes
mentres arbitran entre a subxectividade
e as probas literales.

Recoñezo ben a hipocresía
predicada por mediocres
e covardes ben acomodados
covardes tras pancartas
de partidos proletarios
que un día nos venderon
o fume da democracia
cando xa estaban virados
a neoliberales católico-conservadores
de bonos, complementos e derivados.
Mirade, honestamente
estou farta…
pido silencio no nome da liberdade
de expresión e no meu propio nome
a tódolos marulos
que nos entreteñen
cos seus dogmas de telediario
e fan xogos malabares coas palabras
mentres, afogan miles de almas
no mediterráneo
e os cowboys imperialistas
bombardean pobos e civilizacións
para probar a súa mercadoría
armamentistica.
Que lles importa
a quen lle importa,
a nos tocounos
hai oitenta anos e aínda
estamos a buscalos mortos asasinados
por mans covardes e falanxistas,
hai unha pila de covardes
dirixindo o mundo
xogando a ser superherois.
Mentres a indecencia vestida
con roupa de marca viola, maltrata e asasina
a miles de nenos e mulleres cada día
ao carón das nosas casas.
Coñezo ben aos covardes
medrei ao carón dalgúns
polos que agora nos sinto
nin sequera indeferencia.
PILAR MASEDA

MANIFESTO

MANIFESTO

Fuxidas as bolboretas

da xuventude atrevida

estreméceseme a alma

ao pensar no vai e ven do seu voo

Fuxidas as bolboretas

da xuventude pasada

quixera ser bolboreta de novo

voar por riba das mimosas

nas tardes sereas

durmir debaixo dos magnolios

sorrir por sempre

como unha adolescente

cando suspira a vida

no comezo do conto…

Fuxidas as bolboretas

da xuventude tola

sería precioso renacer

cen veces bolboreta

voar e voar cal máxica princesa

que descoñece o remate do conto…

Fuxidas as bolboretas

da xuventude que queda…

Son muller

teño corpo de muller

intelecto de muller

desexos de muller

ansias de muller

A muller é o centro do universo

O mundo interior por descubrir

o útero fértil

a calor dos fillos

o desexo do home

a poesía da vida

as mans quentes

nas noites frías

A muller é o centro do universo

o planeta máis grande

o mar máis extenso