
Este sábado, día 18 de outubro, ás 17 hrs, o público infantil e familiar poderá desfrutar de PAKOLAS, que vén presentar o seu último traballo Ecoralia, a lambona ecolóxica na Casa-Museo Manuel María.
As súas cancións e narracións levarán os asistente á carballeira máis extensa de Galiza, un lugar mesto e verde, onde mora unha meiga nova chamada Ecoralia. Sobre ela e todos os personaxes que a arrodean (Mistín, o lucecú, Ramón, o teixugo, as tías de Ecoralia, Rosa e Mónica…) xirará a súa música.
Paco Cerdeira (“Pakolas”), é un músico, compositor e produtor que leva dedicándose ao público infantil desde xa hai máis de dezaoito anos, comezando no seus inicios, e durante dez anos, co grupo Mama Cabra, para formar en 2014 a súa banda, A Gramola Gominola, e en 2015 o seu proxecto máis persoal Pakolas. Con este último leva editado catro traballos: Pakolas (2017), Ramona Órbita, a dona do tempo (2020), A Ramona Pequena vai á lúa (2023) e Ecoralia, a lambona ecolóxica (2024). Este último é un traballo editado pola CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galiza) e pódense escoitar e baixar todas as cancións, así como ler o conto que as acompaña, na propia páxina web do autor (https://pakolas.com/ecoralia/).
O concerto vai dirixido para nenas e nenos entre os 3 e os 10 anos. Para asistir é necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.