Exposición e presentación O ÁLBUM DOS CROMOS[ONOS], de Xulio Pardo de Neyra, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa  Área de Cultura-Vicepresidenca da Deputación de Lugo, organiza o acto de inauguración da Exposición e da presentación de O ÁLBUM DOS CROMOS[ONOS], de XULIO PARDO DE NEYRA: Unha colección de postais conformadas a xeito de colaxe con poemas e fotos antigas. Intervirán tamén MARICA CAMPO E LUZ AIRADO. Presenta MARISA BARREIRO.

Esta acto terá lugar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba o venres 22 de novembro de 2024, ás 20:00 horas.

A exposición permanecerá aberta ata o 8 de xaneiro de 2025.

NOTA-INFORMATIVA-EXPO-ALBUM-DOS-CROMOSONOS

Ciclo Mestre Mateo. Proxección da 1ª Sesión de Curtas no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a 1ª Sesión de CurtaS, coa proxección de 5 CURTAMETRAXES: ANTES DE QUE SE POÑA O SOL, O COIDADO, TO BIRD OR NOT TO BIRD, O NENO SARDIÑA, ULISES, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 24 de novembro, ás 20:00 horas.

NOTA-INFORMATIVA-I-SESION-DE-CURTAS

Fallo do VII Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA


Fran Fernández Dávila e Amauta Castro foron os autores galardoados na presente edición deste certame poético


No mediodía deste pasado venres, 15 de novembro de 2024, fallouse o VII Certame de Poesía TORRE DE CALDALOBA, que convocan o Concello de Cospeito e a Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino, coa colaboración de Culturalia GZ e a Xunta de Galicia.

O xurado, integrado por Adolfina Mesa, Ánxela Gracián, Armando Requeixo, Cecilia F. Santomé e Xosé Otero Canto, decidiu por maioría de votos emitir o seguinte fallo:

Primeiro premio á obra ALBATROS, cuxa autoría, unha vez aberta a plica, correspondía a Francisco Javier Fernández Dávila (Fran Fernández Dávila).

Segundo premio á obra A VASTEZA DO NÓ, cuxa autoría, unha vez aberta a plica, pertencía a Rafael Xoán Muñoz Castro (Amauta Castro).

De ALBATROS o xurado dixo que amosa unha voz poética fresca cuns versos que retumban, que achegan a poesía a outras dimensións. Un poemario de vangarda, talvez unha bomba poética cuxos elementos van irradiar a outros eidos literarios ou non.

De A VASTEZA DO NÓ,  o xurado destaca a composición de estrofas breves que poden lembrar á vertente poética grecolatina. Tamén destaca a creación de sinestesias de alto rendemento poético. A composición dun escenario do desexo, coa descuberta do corpo a través dunha linguaxe de gran acerto literario.

A entrega de premios celebrarase o vindeiro sábado 23 de novembro no local social de Pino.

Hugo Guezeta anuncia a data de lanzamento do seu primeiro disco, ‘O Noso Tempo’


O DISCO TITULADO O NOSO TEMPO VERÁ A LUZ O VENRES 22 DE NOVEMBRO


Hugo Guezeta volta con forza para dar un golpe enriba da mesa da escena galega anunciando a data de lanzamento do seu primeiro titulado O Noso Tempo. Será o próximo 22 de novembro cando vexa a luz, e nos próximos días habilitarase a pre-venda para adquirilo en formato físico.

Hugo por fin pon data ao seu tan esperado álbum, do que só coñecemos 7 dos 14 temas que o compoñen. Dentro do disco destaca o carácter máis intimista nas súas letras, sen perder o foco reivindicativo que leva marcando a carreira do rapeiro. O labor como produtor de Peter Petrowski, un dos máis destacados da escena galega actual, é fundamental dentro de O Noso Tempo para artellar un traballo discográfico moi ecléctico.

O disco conta ademais con tres datas de presentación xa anunciadas, que terán lugar o 14 de decembro en Mos (Sala Rebullón), o 19 de decembro na Coruña (Sala Mardi Gras) e o 21 de decembro en Santiago de Compostela (Sala Sónar). A data na Sala Rebullón, ademais de ser o primeiro concerto en solitario desta etapa, será un concerto especial no que haberá moitas sorpresas e colaboracións, e servirá para dar comezo a unha xira que se espallará por todo 2025.


DATAS DE PRESENTACIÓN DE O NOSO TEMPO

14/12 · SALA REBULLÓN · MOS · ENTRADAS

19/12 · SALA MARDI GRAS · A CORUÑA · ENTRADAS

21/12 · SALA SÓNAR · SANTIAGO DE COMPOSTELA · ENTRADAS


MÁIS SOBRE HUGO GUEZETA

Hugo Guezeta é un dos rapeiros e letristas máis importantes e talentosos do panorama musical galego. Tras o éxito do seu grupo SonDaRúa, co que chegou a dar máis de 200 concertos por todo o estado, actuando en grandes festivais e enchendo salas históricas como a Sala Capitol de Santiago de Compostela, o rapeiro emprende agora a súa andaina en solitario.

Hugo consolidouse como un dos grandes rapeiros de Galicia non só pola súa pegada en SonDaRúa, xa que intercalou a súa labor no grupo con lanzamentos individuais que acumularon decenas de milleiros de escoitas en plataformas.

O artista galego destaca polas súas letras cargadas de reivindicación e crítica social, así como pola calidade do seu rapeo. Nesta andaina en solitario, Hugo leva as súas letras a un aspecto máis persoal e íntimo, pero mantendo en todo momento esa forte crítica e reivindicación que xa son característicos del. Tamén a súa música evoluciona cara sons máis versátiles e bailables, que posicionan ao proxecto como un dos máis interesantes deste ano dentro do panorama urbano.

O seu primeiro disco de longa duración titulado O Noso Tempo, gravado e producido na súa totalidade polo produtor Peter Petrowski, sairá o venres 22 de novembro de 2024,  e O Noso TempoFeridasDe VoltaCantareA ToleiraEspertar e Arder son os primeiros adiantos do mesmo, que se caracterizará por un son versátil e divertido, con letras de carácter persoal sen perder o foco na crítica social reivindicativa, selo de identidade de Hugo Guezeta.

Catuxa Salom publicará ‘Cāldo’, o seu álbum debut, o 21 de novembro

O primeiro LP da artista galego-arxentina é un disco creado “para bailar”, no que teñen cabida a electrónica, o afrobeat ou mesmo o reggaeton

Os coidados e a comunidade, os instrumentos de raíz, a natureza e a música electrónica son os ingredientes principais da proposta que presenta a gañadora do último Premio Martín Códax de Músicas do Mundo e Mestizaxe

Catuxa Salom publicará o xoves 21 de novembro o seu álbum debut, nomeado Cāldo; un LP no que a artista galegoarxentina abre as portas do seu mundo para convidar ao público a bailar e a degustar un traballo que pon en valor os coidados e a importancia de tecer, desde a proximidade, unha rede de afectos. 

A música electrónica, os instrumentos de raíz -dunha beira e doutra do Atlántico- e os elementos da natureza especialmente a auga- son ingredientes principais deste Cāldo preparado por Catuxa Salom. A mestura que a artista vén avanzando e presentando paseniño en temas como Xa non ves, Amores rusos ou Ela cando baila -publicado o pasado 24 de outubro- faise efectiva nesta proposta, un disco cociñado na Ulloa pero que traslada mensaxes universais e que Salom marida con ritmos como a muiñeira, o afrobeat ou o dembow (reggaeton), pois este é un álbum creado para bailar

Cāldo componse de nove pezas envoltas nun universo sonoro electrónico, nas que a creadora aborda cuestións coma o amor propio ou a liberdade, xoga con cuestións simbólicas e até canta no idioma francés. O disco, que Catuxa Salom servirá en directo no 2025, poderase escoitar nas principais plataformas dixitais a partir do 21 de novembro. 

Catuxa Salom

A fusión de ritmos indíxenas arxentinos, folclore galego e bases electrónicas enérxicas é a carta de presentación de Catuxa Salom, artista que irrompeu con forza na escena independiente coa publicación do seu EP Nunha aldea, sobre o achegamento ao mundo rural. Tras percorrer ducias de salas de concertos e festivais de toda España, e compartir escenario con artistas como Rozalén, El Kanka ou Sra. Tomasa, no 2024 acada o Premio Martín Códax da categoría Músicas do Mundo e Mestizaxe. Este outono publicará o seu álbum debut, ​​Cāldo, un traballo que ofrecerá, de novo, unha experiencia sonora envolvente e na que o sentido de tecer comunidade e os coidados estarán moi presentes.


Catuxa Salom en vídeo 

bro