O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, e dentro dos actos programados no mes das LETRAS GALEGAS’25, dedicadas este ano á POESÍA POPULAR ORAL, organiza a PALESTRA AS DE MENS. A ORALIDADE INVISÍBEL TORNANDO VISÍBEL, impartida por BEATRIZ BUSTO MIRAMONTES, Mestra Especialista en Educación Musical pola Universidade de Vigo (2003), Licenciada en Historia e Ciencias da Música (2006) e en Antropoloxía Social e Cultural (2008) pola Universidade Autónoma de Madrid, E Doutora en Antropoloxía Social e Cultural da USC e escritora.
O acto terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o venres 9 de maio de 2025, ás 20:00 horas, e contará tamén coa actuación do grupo LAMBE LAMBE.
Presentación a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.
A entrada será de balde ata completar aforo.
NOTA-INFORMATIVA-palestra-BEATRIZ-BUSTO-MIRAMONTES