O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, decidiu outorgar este 2026 o premio Xograr de Outono a Antonio Porteiro, director técnico do festival desde hai 25 anos e unha das persoas imprescindibles para entender a historia e o presente desta cita única e pioneira coas artes escénicas galegas
O galardón mantén así o seu propósito de recoñecer anualmente traxectorias fundamentais para o sector e pon o acento nunha profesión esencial que permanece habitualmente fóra dos focos: a dos equipos técnicos que fan posible que o teatro aconteza
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgará este 2026 o premio Xograr de Outono a Antonio Porteiro, director técnico do festival desde hai 25 anos e unha das persoas imprescindibles para entender a historia e o presente desta cita única e pioneira coas artes escénicas galegas. O galardón mantén así o seu propósito de recoñecer anualmente traxectorias fundamentais para o sector e, nesta ocasión, pon o foco nunha profesión esencial que permanece habitualmente fóra dos focos: a dos equipos técnicos que fan posible que o teatro aconteza.
Nesta edición, as xograresas e xograres do FIOT queren recoñecer en Antonio Porteiro unha maneira de entender o oficio baseada na profesionalidade, na confianza, na capacidade de traballo e, sobre todo, en facer posible o imposible. Durante un cuarto de século, Antonio traballou man a man co festival para sacar adiante cada edición, cada espectáculo e cada necesidade técnica, converténdose nunha peza fundamental dun equipo que fai realidade a programación do FIOT. Porque, como el mesmo adoita dicir con retranca cando un reto parece imposible, “queredes meter un pé do 45 nun zapato do 36”. E Antonio faino posible.
O seu compromiso transcende, ademais, o propio festival. Desde a súa empresa, Sonpress, que fundou e dirixe, leva décadas contribuíndo ao desenvolvemento do tecido cultural da comarca e colaborando con profesionais e proxectos de toda Galicia e do resto do Estado. A súa traxectoria e a súa forma de traballar convertérono nun profesional especialmente querido e respectado polos equipos técnicos que pasan por Carballo, procedentes de diferentes lugares de España e tamén do estranxeiro.
A súa actitude alegre, próxima, facilitadora e sempre disposta a buscar solucións fai de Antonio unha figura técnica de referencia da nosa escena. Un deses profesionais que coidan cada detalle para que, cando comeza unha función, todo pareza sinxelo. Para que a luz estea, o son chegue, o escenario funcione e a creación artística poida brillar.
Con este Xograr de Outono, o FIOT quere recoñecer a Antonio Porteiro, pero tamén poñer en valor todas as profesións técnicas que sosteñen as artes escénicas: son, iluminación, maquinaria, escenografía, montaxe, produción e tantos outros oficios imprescindibles para que cada espectáculo chegue ao público.
Porque o teatro é moito máis ca quen escribe, dirixe ou interpreta. Tamén é quen está detrás, quen coida, quen resolve e quen fai posible que a maxia suceda. E no FIOT, esa maxia leva 25 anos contando con Antonio Porteiro.
Sobre Antonio Porteiro
Antonio Porteiro é fundador de Sonpress, empresa especializada no ámbito técnico e audiovisual, e leva décadas vinculado á produción técnica de espectáculos e eventos culturais. Ao longo da súa traxectoria colaborou con numerosos proxectos e profesionais do sector, construíndo unha sólida reputación pola súa experiencia, capacidade de resolución e compromiso co traballo en equipo. No FIOT é responsable técnico desde hai 25 anos, unha relación que o converte nunha das persoas que máis profundamente coñecen o festival e que contribuíron a facelo posible edición tras edición.
FIOT35: UNHA COIDADA SELECCIÓN CO MELLOR DA ESCENA ACTUAL EN CARBALLO
Do 23 de setembro ao 31 de outubro de 2026, o FIOT reunirá un ano máis o mellor da escena actual en Carballo ao longo de cinco semanas. Haberá Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, FIOTeen, FIOTiño e Micro-escenas M2.
No cartel da 35ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo danranse cita nomes imprescindibles da escena galega, española e internacional, como Alba Flores, Alberto Velasco, almealera, Andrés Lima, Carles Sans (fundador de Tricicle), Chévere, a Companhia do Chapitô, Delphine de Vigan, Esther Carrodeguas, Gloria Muñoz, Juan Carlos Fisher, Lúa Mosquetera, María Velasco, Mofa e Befa, Rafael Álvarez, El Brujo, Spinish Circo, Titzina e moitas máis figuras que merece a pena revisitar ou descubrir.
En total, ‘o corazón do teatro en Galicia’ achegará a todos os públicos 43 espectáculos, 8 estreas absolutas, 9 estreas en Galicia, procedentes de dous países (España e Portugal) e 8 comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela León, Galicia e Illas Baleares).
Á cita con esta nova entrega do FIOT non faltarán tampouco coproducións, residencias artísticas e máis dunha vintena de actividades de mediación de públicos e apoio á creación teatral, como a exposición ZoomFIOT, presentación de libros e coproducións, gravación en directo dos podcasts do OndaFIOT, os Café con…, un homenaxe a Manuel Lorenzo, lecturas dramatizadas, encontros co público ao rematar a función, a colaboración coa Noite Europea das Persoas Investigadoras, o Premio do Público, o Certame de Teatro Lido ou a entrega do galardón Xograr de Outono.
Os bonos e entradas para a 35ª edición do FIOT poderán adquirirse a partir do día 14 de setembro para abonados de Telón e Aparte e desde o 18 de setembro para o público xeral, coa excepción da Rúa dos Contos, cos billetes xa dispoñibles a partir do día 14. Toda a información do programa e e venda de entradas está dispoñible na web www.fiot.gal.
O FIOT – Festival Internacional Outono de Teatro está organizado pola Asociación Telón e Aparte eo Concello de Carballo, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación Luís Calvo Sanz. Un ano máis, conta tamén coa colaboración da Libraría Brañas, Camiño Escena Norte, o Colectivo RPM e o CCA Carballo.
SOBRE O FIOT: MÁIS DE TRES DÉCADAS CREANDO TEATRO
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos máis prestixiosos do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo. Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e pola súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programación, con preto de 40 espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas da comunidade galega.
Desde hai 35 anos, o FIOT dá a coñecer en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos públicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programación de teatro de calidade na comarca de Bergantiños e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes escénicas na zona. Desde entón, FIOT é o lugar de encontro entre artistas, compañías e programadoras, e aposta por estimular a creación e o traballo en rede tanto a través da oferta de espazos para residencias artísticas como da implicación, do propio festival, na produción e novos espectáculos, fundamentalmente de compañías galegas.
Nas súas pasadas 34 edicións, FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, outorgando así espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, máis de 360 formacións e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama escénico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael Álvarez, El Brujo, Yllana, Ron Lalá, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compañía do Chapitô, Leo Bassi, Chévere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xosé A. Touriñán, Quico Cadaval, Pablo Remón, Andrés Lima…
Ao longo da súa traxectoria, diversos recoñecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes escénicas do século XXI á cidadanía e recoñeceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular máis relevantes na actualidade. Entre outras distincións cítanse, ademais da ‘Insignia Cultural’ do ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no ámbito das artes escénicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo regresa do 23 de setembro ao 31 de outubro para achegar a todos os públicos un total de 43 espectáculos, con 8 estreas absolutas e 9 estreas en Galicia, procedentes de dous países (España e Portugal) e 8 comunidades autónomas, ademais de máis dunha vintena de actividades paralelas
Las gratitudes, con Gloria Múñoz; Libres!!!, de Esther Carrodeguas, dirixida por Andrés Lima e protagonizada por Alba Flores; Vendrán los alienígenas y tendrán tus ojos, da Premio Nacional de Literatura Dramática 2024 María Velasco; ou ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao), de Chévere, son algúns dos pratos fortes desde nova entrega do FIOT, que chega baixo o lema “Colapso: Cando todo cae, ven ao teatro”
No programa do #FIOT35 destacan tamén propostas como a Companhia do Chapitô e a súa particular Odisea; os sempre interesantes Titzina coa súa nova estrea Disección de la bondad en tres actos; Yo nací en un surco de judías, de almealera, Premio Fetén 2026 ao mellor espectáculo; a traxicomedia punk dirixida por Alberto Velasco Solo quería bailar; ou ¡Por fin me voy!, a despedida dos escenarios do fundador de Tricicle Carles Sans
O FIOT outorgará este 2026 o premio Xograr de Outono a Antonio Porteiro, director técnico do festival desde hai 25 anos e unha das persoas imprescindibles para entender a historia e o presente desta cita imprescindible coas artes escénicas galegas
“Cando todo cae, ven ao teatro”. Baixo este lema, chega unha nova entrega do FIOT, o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, que celebrará a súa 35ª edición do 23 de setembro ao 31 de outubro de 2026.
A tarde deste venres, 4 de setembro, contra ás 19.30 horas, o FIOT presentou en rolda de prensa a programación escénica da nova edición do festival, nun acto celebrado no Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo, no que participaron a organización da cita, as institucións e entidades colaboradoras (Xuta de Galicia, Deputación da Coruña e Fundación Luís Calvo Sanz, entre outras), algunhas compañías e artistas programadas, os asociados e o público do festival. Durante a presentación, tivo lugar a representación do espectáculo Unha señora orquestra, de Torta Torta.
O programa e o leit motiv deste #FIOT35 ven marcado polo colapso. E no teatro como testemuña e nova posibilidade. Vivimos un tempo marcado pola vertixe e a incerteza. A crise económica e ambiental, os conflitos internacionais e persoais, o problema da vivenda ou a fraxilidade dunha sociedade cada vez máis líquida alimentan a percepción de que as estruturas que nos rodean están a perder o equilibrio. Colapso sintetiza este sentimento colectivo e dá nome a esta nova edición do FIOT, que pon o foco nos desafíos do presente e na maneira en que a creación artística se enfronta a eles.
Como apunta Alberto Sueiro, director do festival: “o FIOT propón unha lectura optimista do colapso: non como punto final, senón como movemento, transformación e oportunidade de reinvención. Nun momento de colapso, a escena pode salvar a nosa realidade. Caos, oportunidade, latido, arte, perspectiva, soño, ousadía… todos estes conceptos caben no noso programa. Podemos garantir que, quen asista ao FIOT, non quedará indiferente”.
Sueiro apunta tamén: “esta idea central de colapso como caída e oportunidade de reconstrucción está presente, como non podía ser doutro modo, na identidade gráfica do festival, na que a propia palabra COLAPSO perde o equilibrio, se despraza e parece derrubarse ante os nosos ollos. Porque cando algo entra en desorde, tamén se abre a posibilidade de reformulalo doutro xeito. E aí aparece o teatro: o escenario é o lugar onde as estruturas poden desmantelarse e reconstruírse, onde o caos pode converterse en relato e aquilo que parecía definitivo pode cambiar de significado. Así, o colapso convértese no escenario dun novo comezo, dun gran reinicio”. E remata: “Este #FIOT35 é unha invitación a mirar ao presente, cuestionar o establecido e imaxinar outras posibilidades. Porque cando todo parece desmoronarse, sempre queda a posibilidade de cambiar de escenario”.
UNHA COIDADA SELECCIÓN CO MELLOR DA ESCENA ACTUAL EN CARBALLO
O FIOT reúne un ano máis o mellor da escena actual en Carballo ao longo de cinco semanas, do 23 de setembro ao 31 de outubro de 2026. Haberá Programa de Sala, OTNI, Rúa dos Contos, Teatro de Rúa, FIOT en Ruta, FIOTeen, FIOTiño e Micro-escenas M2.
Deste xeito, no cartel da 35ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo danse cita nomes imprescindibles da escena galega, española e internacional, como Alba Flores, Alberto Velasco, almealera, Andrés Lima, Carles Sans (fundador de Tricicle), Chévere, a Companhia do Chapitô, Delphine de Vigan, Esther Carrodeguas, Gloria Muñoz, Juan Carlos Fisher, Lúa Mosquetera, María Velasco, Mofa e Befa, Rafael Álvarez, El Brujo, Spinish Circo, Titzina e moitas máis figuras que merece a pena revisitar ou descubrir.
En total, ‘o corazón do teatro en Galicia’ achegará a todos os públicos 43 espectáculos, 8 estreas absolutas, 9 estreas en Galicia, procedentes de dous países (España e Portugal) e 8 comunidades autónomas (Andalucía, Aragón, Cataluña, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid, Castela León, Galicia e Illas Baleares).
Á cita con esta nova entrega do FIOT non faltarán tampouco coproducións, residencias artísticas e máis dunha vintena de actividades de mediación de públicos e apoio á creación teatral, como a exposición ZoomFIOT, presentación de libros e coproducións, gravación en directo dos podcasts do OndaFIOT, os Café con…, un homenaxe a Manuel Lorenzo, lecturas dramatizadas, encontros co público ao rematar a función, a colaboración coa Noite Europea das Persoas Investigadoras, o Premio do Público, o Certame de Teatro Lido ou a entrega do galardón Xograr de Outono.
Os bonos e entradas para a 35ª edición do FIOT poderán adquirirse a partir do día 14 de setembro para abonados de Telón e Aparte e desde o 18 de setembro para o público xeral, coa excepción da Rúa dos Contos, cos billetes xa dispoñibles a partir do día 14. Toda a información de horas e venda de entradas está dispoñible na web do festival en www.fiot.gal.
O FIOT – Festival Internacional Outono de Teatro está organizado pola Asociación Telón e Aparte eo Concello de Carballo, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura e a Fundación Luís Calvo Sanz. Un ano máis, conta tamén coa colaboración da Libraría Brañas, Camiño Escena Norte, o Colectivo RPM e o CCA Carballo.
UN REPASO Á PROGRAMACIÓN ESCÉNICA DO #FIOT35
O programa do FIOT 2026 reúne unha coidada selección de propostas que percorren diferentes linguaxes, formatos e miradas sobre o presente, cunha especial presenza de creación contemporánea, grandes nomes da escena, estreas absolutas e espectáculos que chegan por primeira vez a Galicia. O Programa de Sala abrirase o sábado, 3 de outubro, con Chévere e a súa última creación ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao), unha peza de teatro documental coproducida polo Centro Dramático Nacional que parte do emblemático cadro de Castelao para reflexionar sobre a memoria persoal e colectiva, o esquecemento e a identidade, como non, co selo tan característico da prestixiosa compañía.
Pola súa banda, o venres, 9 de outubro, a querida troupe portuguesa Companhia do Chapitô regresa ao FIOT para levar ao escenario do Pazo da Cultura a súa particular revisión cómica da Odisea. Mentres, o sábado, 10 de outubro, chegaralle a súa quenda á estrea en Galicia de Las gratitudes, aclamada montaxe a partir do fenómeno literario de Delphine de Vigan, con Gloria Muñoz á fronte dun reparto dirixido por Juan Carlos Fisher.
O Programa de Sala de #FIOT35 continuará o sábado 17 de outubro con Libres!!!, un vitalista cabaré anarcosicalíptico de Esther Carrodeguas, protagonizado por Alba Flores e dirixido polo Premio Nacional de Teatro Andrés Lima, que recupera a memoria e a rebeldía das Mulleres Libres da Guerra do 36 para reivindicar a utopía e a capacidade de transformar o mundo.
O 23 de outubro, Mofa e Befa estrearán absolutamente A arte da guerra, coprodución do FIOT que converte o tratado de Sun Zi nunha sátira feroz e irreverente sobre o poder, o engano e os conflitos do noso tempo. O sábado 24 de outubro, a vangarda escénica aterra no FIOT con Vendrán los alienígenas y tendrán tus ojos, de María Velasco, Premio Nacional de Literatura Dramática 2024. A celebrada peza, que poderá verse por primeira vez en Galicia, combina autoficción, ciencia ficción, música en directo, danza e creación audiovisual para falar do amor, os afectos e a necesidade de recuperar as utopías.
Xa na recta final do #FIOT35, o venres, 30 de outubro, a sempre interesante Titzina iniciará no FIOT a xira de Disección de la bondad en tres actos, unha farsa que, desde a investigación e o humor, explora os límites entre a verdade, a memoria, a identidade e a mentira. Finalmente, o sábado 31, Rafael Álvarez, El Brujo, pechará a programación coa estrea en Galicia de La segunda venida de Cristo o el yoga de Jesús, un arriscado monólogo que mestura humor, palabra, improvisación, música en directo e reflexión da man do gran mestre das táboas.
Unha programación, en definitiva, que combina compañías e creadoras e creadores de referencia con propostas de marcada personalidade, novas linguaxes e unha mirada crítica e humanista sobre cuestións como a memoria, a identidade, o amor, a liberdade, o poder ou a condición humana.
O OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) volve ofrecer unha das apostas máis singulares e arriscadas do FIOT, cunha programación que reúne novas voces, linguaxes híbridas e propostas que exploran os límites da creación escénica. O xoves 1 de outubro, Carlota Mosquera e a súa compañía abrirán a sección con Ninguén tira fotos nos enterros, unha autoficción sobre a morte e a memoria desde a mirada dunha nena, que chega ao FIOT en formato grande despois de nacer no M2 de 2023, onde obtivo o premio á mellor interpretación.
O domingo 11 de outubro, Yo nací en un surco de judías, de almealera, Premio Fetén 2026 ao mellor espectáculo, achegará ao público as voces de agricultoras e gandeiras nunha peza de teatro documental que percorre 3.600 quilómetros para reflexionar sobre o mundo rural, o despoboamento, a memoria e o futuro da terra. Xa o xoves, 15 de outubro, o artista e investigador galego Álvaro Corral Cid presentará Asoballada por fentos, un work in progress desenvolvido no marco das Residencias Paraíso 2026 que, entre concerto e conferencia performativa, revisita a memoria folclórica galega e a instrumentalización das tradicións durante o franquismo.
O venres 16 de outubro, a compañía catalá PSiRC traerá en estrea en Galicia Cosas pequeñas, unha proposta multidisciplinar que combina circo contemporáneo, teatro de obxectos, microcine e poesía visual para preguntarse que nos fai humanos nun mundo dominado polas máquinas e os algoritmos. Pola súa banda, o domingo 18, tamén en estrea en Galicia, La Rueda Teatro Social presentará Doce metros cuadrados de piel, unha experiencia de creación interxeracional que reúne seis persoas de diferentes idades para falar, sen tabús e desde o humor, do corpo, o desexo, o pracer, a sexualidade e as formas de amar ao longo da vida, incorporando ademais participantes de Carballo nun proceso de mediación previo á función.
Finalmente, o domingo, 25 de outubro, o OTNI pechará a súa programación neste 2026 con Solo quería bailar, de Olalla Hernández, unha traxicomedia sevillana punk baseada na premiada novela de Greta García e dirixida por Alberto Velasco, que combina monólogo, humor e danza para retratar a precariedade, a burocracia e as estruturas de exclusión a través da historia dunha bailarina condenada a trinta anos de cárcere. Así, o OTNI consolídase un ano máis como o espazo do FIOT para descubrir creadoras e creadores, apoiar procesos de creación e achegar ao público propostas pouco convencionais que abordan cuestións como a memoria, o territorio, a identidade, a tecnoloxía, o corpo ou a exclusión social desde perspectivas críticas, poéticas e profundamente contemporáneas.
LIÑAS DE PROGRAMACIÓN PARA OS PÚBLICOS MÁIS DIVERSOS
O FIOT esténdese tamén pola cidade e polo territorio a través dunha ampla programación de proximidade. A Rúa dos Contos volverá converter bares, cafés e outros espazos cotiáns en escenarios para a palabra, o humor, a improvisación e a retranca, con propostas como ¡Por fin me voy!, a despedida escénica de Carles Sans, fundador de Tricicle, que celebra 45 anos de traxectoria; As ben dadas, de Atenea García, que recupera con humor as historias das disidencias sexuais en Galicia; A historia vaxenial, de Raquel Nogueira e Iván Marcos, unha irreverente viaxe pola representación do corpo feminino ao longo da historia; Pequenos pero faltóns, de Adrián do Regenco e Pablo Alvite, sobre as contradicións da vida cotiá desde a nova retranca galega; e El Famoso Trino, que leva ao escenario a súa sátira viral das falsas noticias. A programación complétase con historias da memoria oral de Galicia da man de Carmen Conde, a poesía acústica con Lúa Mosquetera e o humor imprevisible de Josito Porto, ademais da improvisación de Fábrica de Impro e a sesión musical de DJ Maikel.
Pola súa banda, o Teatro de Rúa levará ás prazas e parques de Carballo catro propostas de circo contemporáneo: Fins al Cel, de Spinish Circo, unha gran peza acrobática sobre a confianza e a cooperación; 5.0, de Sue Moreno, unha reivindicación da madurez a través do circo, a danza, o flamenco e o humor; Tavole, de Zirko Txosko, que explora o equilibrio e o xogo desde o absurdo; e Domte, de Nacho Flores, unha proposta poética construída arredor do movemento e da manipulación de obxectos.
O FIOT en Ruta achegará o festival a outros espazos de Carballo con pezas como Vidas enterradas, un conmovedor exercicio de teatro documental sobre as vítimas da Guerra Civil e o franquismo, da man de catro míticas compañías da escena española, e Lubbert, de Inda Pereda, un universo surrealista inspirado en O xardín das delicias de El Bosco.
Para o público máis novo, FIOTeen e FIOTiño combinan creación contemporánea, humor, circo e música con propostas como Caballito de mar, un monólogo sobre a diversidade, os afectos e a liberdade de ser; A arte da guerra, de Mofa e Befa, unha sátira irreverente sobre o poder e os conflitos; e Oh! Onde deterse a mirar, de asSircópatas, unha viaxe familiar entre circo e música.
Finalmente, o Certame de Micro-Escenas M2, pioneiro en Galicia e na súa décima edición, reunirá seis creacións de pequeno formato —cinco estreas absolutas— en espazos singulares de Carballo, con propostas como wOHrk, de Iván Dávila, unha peza de clown e humor absurdo sobre a precariedade e as fronteiras entre vida e traballo; A vinganza contra o Dr. Tirarrollas, da Compañía Humana, unha divertida peza de teatro de obxectos contra os estereotipos de xénero e a discriminación das mulleres na sanidade; Fogar, de La Tercera, unha proposta de máscaras e teatro físico sobre os prexuízos e estereotipos do choque entre o rural e o urbano; A casa do avó, de Candil Teatro, unha historia familiar que reflexiona, a través dos obxectos, sobre a memoria e o consumo; A vergonza era verde e comeuna a vaca, de Alicia López Méndez, un solo de danza contemporánea que explora a liberdade, a identidade e a memoria galega; e Planeta pop: a alien que se converteu en superestrela, de Aterradas, unha comedia musical e tecnolóxica sobre a industria musical vista desde unha mirada extraterrestre. Sen dúbida, estas micro-escenas ofrecerán, un ano máis, unha experiencia inmersiva e próxima, que reafirma a aposta do FIOT pola experimentación, as artes vivas e a creación emerxente galega.
ANTONIO PORTEIRO, XOGRAR DE OUTONO DO FIOT 2026
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, outorgará este 2026 o premio Xograr de Outono a Antonio Porteiro, responsable técnico do festival desde hai 25 anos e unha das persoas imprescindibles para entender a historia e o presente desta cita imprescindible coas artes escénicas galegas. O galardón mantén así o seu propósito de recoñecer anualmente traxectorias fundamentais para o sector e, nesta ocasión, pon o foco nunha profesión esencial que permanece habitualmente fóra dos focos: a dos equipos técnicos que fan posible que o teatro aconteza.
Nesta edición, as xograresas e xograres do FIOT queren recoñecer en Antonio Porteiro unha maneira de entender o oficio baseada na profesionalidade, na confianza, na capacidade de traballo e, sobre todo, en facer posible o imposible. Durante un cuarto de século, Antonio traballou man a man co festival para sacar adiante cada edición, cada espectáculo e cada necesidade técnica, converténdose nunha peza fundamental dun equipo que fai realidade a programación do FIOT. Porque, como el mesmo adoita dicir con retranca cando un reto parece imposible, “queredes meter un pé do 45 nun zapato do 36”. E Antonio faino posible.
O seu compromiso transcende, ademais, o propio festival. Desde a súa empresa, Sonpress, que fundou e dirixe, leva décadas contribuíndo ao desenvolvemento do tecido cultural da comarca e colaborando con profesionais e proxectos de toda Galicia e do resto do Estado. A súa traxectoria e a súa forma de traballar convertérono nun profesional especialmente querido e respectado polos equipos técnicos que pasan por Carballo, procedentes de diferentes lugares de España e tamén do estranxeiro.
A súa actitude alegre, próxima, facilitadora e sempre disposta a buscar solucións fai de Antonio unha figura técnica de referencia da nosa escena. Un deses profesionais que coidan cada detalle para que, cando comeza unha función, todo pareza sinxelo. Para que a luz estea, o son chegue, o escenario funcione e a creación artística poida brillar.
Con este Xograr de Outono, o FIOT quere recoñecer a Antonio Porteiro, pero tamén poñer en valor todas as profesións técnicas que sosteñen as artes escénicas: son, iluminación, maquinaria, escenografía, montaxe, produción e tantos outros oficios imprescindibles para que cada espectáculo chegue ao público.
Porque o teatro é moito máis ca quen escribe, dirixe ou interpreta. Tamén é quen está detrás, quen coida, quen resolve e quen fai posible que a maxia suceda. E no FIOT, esa maxia leva 25 anos contando con Antonio Porteiro.
Sobre Antonio Porteiro
Antonio Porteiro é fundador de Sonpress, empresa especializada no ámbito técnico e audiovisual, e leva décadas vinculado á produción técnica de espectáculos e eventos culturais. Ao longo da súa traxectoria colaborou con numerosos proxectos e profesionais do sector, construíndo unha sólida reputación pola súa experiencia, capacidade de resolución e compromiso co traballo en equipo. No FIOT é responsable técnico desde hai 25 anos, unha relación que o converte nunha das persoas que máis profundamente coñecen o festival e que contribuíron a facelo posible edición tras edición.
SOBRE O FIOT: MÁIS DE TRES DÉCADAS CREANDO TEATRO
O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) é un festival que ofrece un programa comprometido coas artes escénicas e cos proxectos máis prestixiosos do teatro actual. Está organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e conta coa colaboración do Concello de Carballo. Pola súa traxectoria, a calidade da programación, a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece e pola súa proxección, o FIOT sitúase como un dos festivais máis importantes de Galicia e referente cultural durante o outono: un mes completo de programación, con preto de 40 espectáculos e ducias de actividades paralelas, converten a Carballo na capital das artes escénicas da comunidade galega.
Desde hai 35 anos, o FIOT dá a coñecer en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadoras emerxentes. Mais, especialmente, busca atraer novos públicos ao teatro. O festival nace en 1992 como espazo para ofrecer unha programación de teatro de calidade na comarca de Bergantiños e impulsar unha estrutura creativa arredor das artes escénicas na zona. Desde entón, FIOT é o lugar de encontro entre artistas, compañías e programadoras, e aposta por estimular a creación e o traballo en rede tanto a través da oferta de espazos para residencias artísticas como da implicación, do propio festival, na produción e novos espectáculos, fundamentalmente de compañías galegas.
Nas súas pasadas 34 edicións, FIOT contou coa participación das compañías máis relevantes de Galicia e España, ademais do ámbito internacional, outorgando así espazo a numerosas disciplinas, novas linguaxes, xéneros e formatos; ademais de ofrecer estreas absolutas ou no territorio galego. Desde xeito, máis de 360 formacións e artistas presentaron os seus traballos no FIOT, con nomes tan salientables no marco do panorama escénico galego, nacional e internacional coma Blanca Portillo, Pablo Messiez, Rafael Álvarez, El Brujo, Yllana, Ron Lalá, Pont Flotant, Titzina, Kamikaze Producciones, Compañía do Chapitô, Leo Bassi, Chévere, Timbre 4, Mofa e Befa, Xosé A. Touriñán, Quico Cadaval, Pablo Remón, Andrés Lima…
Ao longo da súa traxectoria, diversos recoñecementos acreditaron o intenso traballo do FIOT para achegar as artes escénicas do século XXI á cidadanía e recoñeceron o festival como unha das iniciativas teatrais do noroeste peninsular máis relevantes na actualidade. Entre outras distincións cítanse, ademais da ‘Insignia Cultural’ do ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea como mellor proxecto cultural de Galicia en 2022, o Premio da Cultura Galega 2018 no ámbito das artes escénicas outorgado pola Xunta de Galicia ou o Premio Galego do Ano 2018, entre outros.
O mércores 23 de setembro, ás 20.30 horas, volverase celebrar, no Teatro Rosalía Castro da Coruña, unha nova edición, a XVII, de Lúas de Outono, celebración anual en homenaxe de Manuel María.
Este ano contarase coa presenza do coro de cámara Ludus Tonalis queserá o encarregado de presentarnos unha viaxe polifónica polo universo de Manuel María e a súa obra literaria, alén de trazar unha ponte musical entre a palabra do poeta e outras grandes voces da nosa lírica nacional.
A entrada para asistir a Lúas de Outono é gratuíta mais é necesario ter convite. Para a súa reserva pódese escribir ao whatsapp 698177621 ou ao correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal.
Os convites reservados poden recollerse o venres día 18 de setembro, de 11 a 13 hrs, e o luns día 21 de setembro, de 11 a 13 hrs e de 17 a 19 hrs no Espazo Cultural Manuel María (rúa do Socorro, 30, baixo. Frente á Cociña Económica). Ou ben diante da billeteira do Teatro Rosalía Castro, o mesmo día 23 de setembro, a partir das 19.30 horas (a reserva deixa de ser efectiva a partir das 20.15 horas do propio día 23 de setembro).