por martinho | May 9, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o día 16 de maio de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, o CONCERTO de CARLOS GÓMEZ OSA “Cantigas para andar a Terra Chá”, cando se cumpren 70 anos da primeira edición do libro de Manuel María “TERRA CHÁ”.
NOTA-INFORMATIVA-CONCERTO-CARLOS-GOMEZ
por martinho | May 9, 2024 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Joseba Sarrionandia, escritor e tradutor vasco, como Escritor Galego Universal en 2024, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra, así como por defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskadi.
O autor recollerá o seu Premio honorífico como Escritor Galego Universal, no marco da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024, que terá lugar o 11 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Previamente, o venres, sexta feira, 10 de maio, a partir das 19:30 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), terá lugar un coloquio coa presenza de Joseba Sarrionandia, acompañado por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Isaac Xubín, escritor e tradutor da súa obra ao galego.
Máis información aquí: https://www.aelg.gal/actividades/escritora-galegoa-universal/2024/1/1/escritor-galego-universal-2024-joseba-sarrionandia
por Suso De Lameliña | May 9, 2024 | Andanzas do Suso de Lameliña, Autores/as, Colaboracións, Creación, Literaria, Xeral
Andanzas do Suso de Lameliña
Suso de Lameliña
O CHAPEU DE AMANDINE BARBIER
Amandine, afamada cantante do século pasado, nacida en Arromanches, rexión de Calvados, destacou máis polos seus estrafalarios chapeus que pola súa voz ou letras. Os deseños únicos da casa parisiense “La Folie des Chapeaux” eran tan grandes que ocultaban case por completo o seu rostro, eclipsando o escaso talento que a natureza lle outorgara. Cada vez que o quitaba a inspiración desvanecíase e non era capaz de interpretar unha canción. Co tempo, os seus sombreiros chegaron a fusionarse con ela nunha só identidade, transformándoa nunha icona da moda mentres a música quedaba no esquecemento.
A finais dos noventa a súa actuación no San Froilán de Lugo, nunha Praza Maior, totalmente ateigada, foi todo un acontecemento; o sombreiro que lucía quedou gravado na memoria dos espectadores. Aínda hoxe hai moitos que se lembran da asombrosa posta en escena por parte da diva francesa. Esa noite decidín imitala. Ao día seguinte acudín á Sombreirería Da Costa, na rúa Conde Pallares de Lugo e merquei o meu primeiro chapeu. Desde aquela e ata o día de hoxe, non saio da casa sen esta prenda talismán.