Sabela presenta HI, MY LOVE, un tema co que aspira a revolucionar o pop electrónico en galego

“HI, MY LOVE” É O PRIMEIRO SINXELO DO SEU PRÓXIMO EP

O VIDEOCLIP QUE ACOMPAÑA AO TEMA TEN COMO DATA DE ESTREA ESTE VENRES 31 DE MAIO

Sabela presenta a súa candidatura para “canción do verán” co seu novo tema “Hi, My Love”, un sopro de aire fresco para o pop electrónico en galego. Nesta aposta, a artista de Ourol destaca por un son fresco e revitalizado do seu xa característico pop electrónico, introducindo elementos tradicionais galegos que manteñen e fortalecen as raíces da artista. O tema, que contará cun videoclip propio que se estreará o próximo venres 31 de maio, establécese xa como o primeiro sinxelo do próximo EP de Sabela, que sairá a finais deste ano 2024. Tanto a canción como o videoclip están financiados polo certame de Girando Por Salas e o INAEM.

“Hi, My Love” é a conxunción do traballo de produción de Sabela xunto con Mateo Bruquetas, o seu produtor habitual, e Ed is Dead. Ed é un recoñecido e prestixioso DJ e produtor de música electrónica a nivel internacional, con múltiples galardóns da talla do Premio VMA a “Mellor Produtor de Música Electrónica” ou o Premio MIN a “Mellor Gravación de Música Electrónica”. Algúns dos seus traballos están recoñecidos como referencias da música electrónica, seleccionados entre os mellores álbums do ano na música electrónica por revistas internacionais especializadas, contando con millóns de escoitas en plataformas dixitais, colaboracións con artistas finalistas nos  Premios Grammy ou presentacións en vivo nalgúns dos festivais máis importantes de España como son o BBK, o Sónar ou o Arenal Sound.

Desta colaboración conxunta nace este tema que mestura a electrónica e as voces ambientmáis actuais xunto coas raíces tradicionais e o galego. Este xunte supón unha declaración de intencións e unha ruptura co publicado ata agora por parte de Sabela. A artista busca un son máis internacional, feito dende a súa terra e tendo en conta as súas raíces e o seu idioma.

Esta canción que xira arredor do desexo é o primeiro adianto do seu próximo EP. Desta maneira, e sumado á xira que a está levando, grazas á axuda do certame Girando Por Salas nalgunhas das datas, por grandes cidades como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Oviedo, Valladolid ou León, por eventos como  Galicia Escena PRO, a feira de artes escénicas máis importante de Galicia, ou por festivais da talla do SonRías Baixas ou o Festival do Pasatempo; a artista galega completa un ano 2024 prolífico para a súa carreira, que a posiciona como un dos grandes alicerces do seu xénero. As entradas da súa xira están xa á venda na sabelamusic.es.

MÁIS SOBRE SABELA

Sabela Ramil é unha das caras visibles desta nova onda de pop electrónico que triunfa no panorama musical actual. Coas súas tinguiduras animadas e bailables, Sabela eleva a súa música a un aspecto máis eufórico, converténdose no gran alicerce deste xénero en Galicia. As súas cancións acumulan xa centos de miles de reproducións, conquistando en directo grandes cidades ao longo de España como Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Oviedo, Valladolid ou León entre moitas outras, así como festivais da talla do Festival Noroeste, o SonRías Baixas ou o propio O Son do Camiño, así como alzándose con premios como o Premio aRi[t]mar 2020 á Mellor Canción en Galiza por Despedida

.A artista de Ourol soubo madurar o seu proxecto para dotalo dunha sensibilidade maior, así como dun estilo xa propio e identificable. Temas como CenizasYa No Me Quiero Ir ou Cidade Desexo confirman a solidez dun proxecto que ven de obter grandes números de escoitas nas súas cancións, de encandear ao público nos seus directos e de colaborar con grandes artistas como Andrés Suárez, Baiuca, Xoel López, Tanxugueiras, Luisa Sobral ou Diogo Piçarra.

Sabela está mergullada neste 2024 no seu “Ceniza Tour”, unha gran xira por todo o paísque conta coa axuda do certame de Girando Por Salas. Ademais, tamén fará oco para levar o seu directo a festivais como os xa anunciado SonRías Baixas e Festival do Pasatempodurante o verán, ao que se lle sumarán máis datas que irá anunciando proximamente.  Con todo isto, a finais de ano Sabela presentará o seu novo EP para culminar así un ano cargado de novidades e éxitos para a carreira da de Ourol.