HENKO. A mirada de Miguel Díaz
Título: MARXES
Cando se apaguen as voces, as palabras continuarán conmocionando.
Cando fenezan as palabras, as marxes seguirannos sostendo.
Título: MARXES
Cando se apaguen as voces, as palabras continuarán conmocionando.
Cando fenezan as palabras, as marxes seguirannos sostendo.
Título do libro: Galicia en bus
Autora: María Reimóndez
Editorial: Xerais
Ano de publicación: 2018
Di a lucense María Reimóndez no seu Galicia en bus (Premio JohanCarballeira 2017): “Non me afago a que Lugo sexa unha estación de paso”. E precisamente decido volver a estas páxinas tras varios días escoitando falar de “AVES de paso” e desa teima de querer conectarnos a un centro omnipotente mentres as periferias resistimos como podemos (Ourense- Madrid: 2.15 h/ Lugo- Compostela: 2.43 h).
Estamos ante un poemario escrito desde a propia experiencia da autora, como usuaria frecuente de autobús, no que atopamos versos dun importante calado político e social. Ao longo deste particular traxecto, estruturado en catro partes, a escritora vai colocando varios sinais que nos interpelan dunha ou outra forma: lugares-lembranza, camiños que toman a palabra, toponimias e arquitecturas desde unha perspectiva de xénero… A medida que avanzamos na lectura, aparece, asemade, unha especie de intermitente baixo uns textos dun documento titulado O transporte público rodoviario na Galiza, escrito por un tal M. Roda, que vai xerando un interesante diálogo poético até o final da obra.
“Se cadra por iso din que en Galicia hai tanta poesía, porque vivimos en permanente estado fragmentario.
Resposta de M. Roda na defensa da súa tese”.
“Transformarei en poesía
o meu destino.”
Quen sabe, quizais aínda non é demasiado tarde para empapármonos do espírito rebelde que aquí se desprende e reivindicar fervorosamente o noso punto de partida e o destino que queremos.
“As palabras son perigosas
porque abren o camiño
que todo o cambia.
Porque fan posible
o imposible.
Porque son o único
e definitivo
medio de transporte”