AELG.- Actividades da semana do 21/10 a 27/10

Desde a Secretaría Técnica da AELG anúncianse as seguites actividades para a semana do 21 de outubro ata o 27 de outubro de 2019:

  1. A partir das 10.15, tamén en Lugo, neste caso no salon de actos do edificio da Deputación, XII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Rimas e letras da música popular. Do Romanceiro tradicional ao bravú. Consulta na web as modalidades de inscrición, aberta até o 24 de outubro.
  2. Ás 11.30, un novo Paseo pola Pontevedra Literaria, neste caso a cargo de Elena Gallego Abad, con título Pontevedra Dragaliana. Dragóns e recunchos máxicos na Pontevedra vella. Para se inscribir é necesario enviar a solicitude a pontevedraliteraria@gmail.com. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. Prazas limitadas: 50 persoas.
  3. Ás 12.00 comezan os Paseos pola Coruña Literaria Outono 2019, coa proposta A Coruña: cartografía con puntos de fuga​ a cargo de Dores Tembrás. A inscrición pódese facer en Normalización Lingüística, no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34322 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es. Adiantámosche que o luns 28 abrirá o prazo de inscrición no segundo dos paseos, o proposto por Tito PérezUn paseo polo barrio.

Informamos de que xa está aberto o prazo de inscrición da IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, a celebrar na Coruña o 23 de novembro, sábado.


 

*Información achegada desde a Secretaría Técnica da AELG

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Avda. Alfonso Molina, s/n, Edif. de Sindicatos, 8º
15008 - A Coruña
981 133 233 / 696 581 971
oficina@aelg.org
aelg.gal

/axendacultural.aelg.galfacebook.com/aelg.org

twitter.com/aelg



IEU.- Exposición CAMIÑOS DE NATUREZA, CULTURA E PEREGRINAXE, de Xosé Manuel Pérez Paredes, no Castelo de Pambre

O IEU organiza este domingo 20 outubro ás 13 h. no Castelo de Pambre a inauguración da exposición de fotografía do noso socio Xosé Manuel Pérez Paredes CAMIÑOS DE NATUREZA, CULTURA E PEREGRINAXE. Perú: Camino Inka
As fotografías desta exposición corresponden ao percorrido realizado do 1 ao 4 de abril de 2012 por 6 integrantes da Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar das Donas “Os Lobos”: Zeltia Laya Sanchez, Ana Isabel Ramos Lavandeira, Afonso García Penas, Xesus Vila Nuñez, Oscar Varela Casal e Xosé Manuel PérezParedes, polo “Val Sagrado dos Incas”, desde o km 82 (Piscakucho) ata chegar ao cañón do río Urubamba, concretamente a Machu Picchu e Wayna Picchu.

*Información achegada desde o IEU.

CALDO en concerto na Casa-Museo Manuel María

O próximo sábado, día 19 de outubro, ás sete da tarde vai comezar a actividade cultural trimestral que se desenvolve no auditorio da Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei

Ese día darase a posibilidade de presenciar a actuación de CALDO, un proxecto musical de recente creación que presentará o seu primeiro traballo homónimo apoiado no repertorio tradicional galego e en pezas de creación propia. Os seus membros (Pedro Fariña (guitarra), María Jorge (violín) e Anaïr Barbier (pandeireta e voz)) son músicos experimentados na música tradicional, folk e outras músicas e participan noutros proxectos como SonDeSeu, Fiandola, Transilvanians…

A entrada é libre até completar o aforo. Reservas en
contacto@casamuseomanuelmaria.gal

*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María.