Representación da obra “BERNARDA Vilalba 1975” no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 2 de outubro

Este vindeiro sábado 2 de outubro a partir das 20:30 h. no Auditorio Municipal de Vilalba representarase a peza BERNARDA Vilalba 1975, coas actrices Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja.

No seguinte enlace ofrécese información do devandito evento cultural.

*Información facilitada pola área de Comunicación do Concello de Vilalba.

CASTIÑEIRO MILENARIO.- Celebrando o Samaín e Teatro con Touporroutou

Celebrando o Samaín

Tal e como fixemos o ano pasado, este 31 de outubro celebraremos o Samaín polas parroquias de Pacios e  Baamonde. Se te queres unir á nosa “Santa Compaña”, quedaremos en Pacios sobre ás oito e media, e terás que vir cunha roupa axeitada para o ocasión: as mulleres, de negro e pano na cabeza, como se fose de loito; os homes, igualmente de negro. Tamén se pode ir de túnica negra ou similar. Iremos entonando unha “terrorífica” canción, adaptada para a ocasión pola nosa querida “meiga”, Branca Villares.

+info en https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/10/25/celebrando-o-samain-2019/

Touporroutou na 2ª xornada do 7º Ciclo de teatro.

Despois dalgúns problemas, temos a data definitiva para esta segunda representación do cilo de teatro. A compañía de Foz, Touporroutou, vai representar a obra “Comedia Bífida” na Casa da Cultura en Begonte a partir das sete da tarde. Unha obra para público familiar sobre o emprego da nosa língua.

+info en https://castinheiromilenario.wordpress.com/2019/10/28/7o-ciclo-de-teatro-touporroutou/

AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/

Acta resolución III Premio Agustín Fernández Paz

ACTA DA CONCESIÓN DO III PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE


Reunido na Sala de Xuntas do Instituto de Estudos Chairegos, sita na Casa da Cultura de Vilalba, o sábado, día 26 de outubro de 2019, o Xurado do III Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, e formado por Dª Rosa Aneiros Díaz, D. Manuel Bragado Rodríguez e D. Xavier Senín Fernández,


Acordou por unanimidade outorgar dito Premio á obra titulada PLAN DE RESCATE presentada baixo o lema ou seudónimo de PLAN DE RESCATE
Unha vez aberta a plica, resultou ser a autora ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ

ADENDA:
Noela unha rapaza de dez anos en cadeira de rodas conta a historia
protagonizada polos seus compañeiros de clase de apoio. Todos os catro
resolverán unha difícil situación que sofren o resto dos seus colegas e o
profesorado do centro. Unha aventura chea de humor e ironía onde cada un dos espazos da escola se transforma en escenario dunha inesperada operación de rescate.
E para que así conste, asinan a presente acta no lugar e data anteriormente citados,
Asdo.: Rosa Aneiros Asdo.: Manuel Bragado Asdo.: Xavier Senín

Velaquí a acta da resolución de dito premio.