O próximo sábado, día 19 de outubro, ás sete da tarde vai comezar a actividade cultural trimestral que se desenvolve no auditorio da Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei
Ese día darase a posibilidade de presenciar a actuación de CALDO, un proxecto musical de recente creación que presentará o seu primeiro traballo homónimo apoiado no repertorio tradicional galego e en pezas de creación propia. Os seus membros (Pedro Fariña (guitarra), María Jorge (violín) e Anaïr Barbier (pandeireta e voz)) son músicos experimentados na música tradicional, folk e outras músicas e participan noutros proxectos como SonDeSeu, Fiandola, Transilvanians…
A entrada é libre até completar o aforo. Reservas en
contacto@casamuseomanuelmaria.gal
*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María.