Desde a Secretaría Técnica da AELG anúncianse as seguites actividades para a semana do 21 de outubro ata o 27 de outubro de 2019:
- Este luns 21 de outubro, ás 18.00, conferencia do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas, a cargo de Jacobo Fernández Serrano e con título En que forno estaba o teu ?, na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo.
- O venres 25 de outubro, Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2019, no Centro Cultural Vello Cárcere da cidade de Lugo (Av. Alcalde Anxo López Pérez, 34 –como chegar) ás 19.00. Nesta sétima edición dos “Premios Mestra e Mestre da Memoria” (cuarta edición da Gala) Dorothé Schubarth e a Pablo Quintana recibirán os diplomas que os acreditan como Mestra e Mestre da Memoria, previa lectura das laudatios correspondentes a cada unha/un delas/es, a cargo respectivamente de Antón Santamarina e Xosé Luís Freire.
- O sábado 26 de outubro:
- A partir das 10.15, tamén en Lugo, neste caso no salon de actos do edificio da Deputación, XII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Rimas e letras da música popular. Do Romanceiro tradicional ao bravú. Consulta na web as modalidades de inscrición, aberta até o 24 de outubro.
- Ás 11.30, un novo Paseo pola Pontevedra Literaria, neste caso a cargo de Elena Gallego Abad, con título Pontevedra Dragaliana. Dragóns e recunchos máxicos na Pontevedra vella. Para se inscribir é necesario enviar a solicitude a pontevedraliteraria@gmail.com. A inscrición farase por orde de chegada ao correo electrónico. Prazas limitadas: 50 persoas.
- Ás 12.00 comezan os Paseos pola Coruña Literaria Outono 2019, coa proposta A Coruña: cartografía con puntos de fuga a cargo de Dores Tembrás. A inscrición pódese facer en Normalización Lingüística, no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34322 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es. Adiantámosche que o luns 28 abrirá o prazo de inscrición no segundo dos paseos, o proposto por Tito Pérez, Un paseo polo barrio.
Informamos de que xa está aberto o prazo de inscrición da IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, a celebrar na Coruña o 23 de novembro, sábado.
*Información achegada desde a Secretaría Técnica da AELG
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Avda. Alfonso Molina, s/n, Edif. de Sindicatos, 8º
15008 - A Coruña
981 133 233 / 696 581 971
oficina@aelg.org
aelg.gal /axendacultural.aelg.galfacebook.com/aelg.org twitter.com/aelg