por martinho | Oct 8, 2018 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
En anexo, remítese:
–
NOTA DE PRENSA coa listaxe de Obras Finalistas do Premio Mondoñedo10 2018 – Modalidade TEATRO
–
BASES Premio Mondoñedo10 2018 TEATRO
Para ampliar esta información poden poñerse en contacto con:
Antonio Reigosa Carreiras, presidente do xurado
655 432 511 / reigosa@mundo-r.com
Fran Bouso, secretario do xurado
647 468 672 (tardes) / fbouso76@gmail.com
por martinho | Oct 5, 2018 | Autores/as, Creación, Novas, Publicacións, Xeral
Os Vilares deu ao poeta, criado nas terras de trapeiros e canteiros, zoqueiros, de labregos e tamén de ferreiros. Non é casualidade que a “capital” da parróquia se chame As Reixas que como definiu o profesor Gonzalo Navaza para o libro de Pas Veres, As Reixas, puidera ser derivado de reixas de ferro ou ben, o máis probable, da labor de voltear a terra cun arado, en plural.
En calquera caso, os ferreiros son parte fundamental na historia e non o son menos na historia do noso rural. Os oficios complementan as necesidades dos labregos fabricando toda unha diversidade de apeiros que facilitaron en tempos moi duros a vida dos nosos antergos. Oficios que deixaron pegada no noso patrimonio arqueolóxico e etnográfico e dos seus autores e artes temos coñecemento por persoas como Raúl Río, que é desa xente que silenciosamente, vai recollendo, co seu ouvido de grande escoitador, coas suas cámaras e coas súas letras a memória do que aconteceu.
Así llo recoñeceron premiandoo coa Navalliña de Manuel María os da irmandade do poeta, do que foi grande amigo persoal e así a própria parróquia da que é orgulloso indíxena, Os Vilares, nomeandoo Trapeiro de Honra no ano en curso.
Raúl ten alma de cronista, testemuña ao pé do presente con vocación de historia e tamén coidador daquelas cousas pequenas que é quen de valorar e convertir en importantes tal e como o seu benquerido Díaz Castro plasmou mesas herbas pequerrechiñas sen as que o mundo non sería nada.
Desta volta deixa aquí para quen lle poida interesar e para os que veñan detrás, outro anaco desas pequenas herbas de ferro mildeadas por xentes humildes pero coa firmeza do metal e un corazón grande como o universo enteiro.
Este traballo de Raúl sairá en forma de artigo, máis curto en outros medios, máis aquí temos a sorte de contar co traballo íntegro, o que agradecemos e do que nos sentimos honrados.
A forxa de Raúl, non fai ferros, rescata ferreiros do óxido dos tempos nesa homenaxe da memoria e do respeito ao noso pasado, que é a maneira de fornecer o futuro. Os Ferreiros dos Vilares, da Chaira e do mundo enteiro son, somos os que petando no ferro do presente debemos forxar un mundo mellor…
O noso respeito a Raúl Río, ferreiro.
Velaí o enlace a dito documento.
por martinho | Oct 5, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Este venres ás nove da noite, na 🏠 Casa 🏫 Escola Habaneira de Guitiriz, concerto do prestixioso grupo Xardín Desordenado, coñecido por basear o seu repertorio musical nas letras d@s mellores poetas galeg@s apto para todo tipo de público.
Organizado pola Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, o soporte web CulturaliaGZ e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica, o concerto homenaxea ao poeta Díaz Castro polo 28 cabodano da súa morte (2 de Outubro de 1990) e celebra o nacemento da NPG (2 de outubro de 2015).
Será a primeira actuación do grupo na Terra Chá, comarca da que ten musicado a vários dos seus poetas máis recoñecidos como Manuel María, Darío Xohán Cabana e o proprio Díaz Castro.
Dentro da xira, A VICTORIA DA LUZ que os tenho levado este ano por numerosas localidades galegas e do estado español, en Guitiriz farán un repaso á súa traxectoria nos nove anos de existencia e aos catro discos editados, adicados á poesia galega mais coñecida, a Carlos Casares, a mulleres poetas, e o último a María Victoria Moreno.
Será pois un concerto completo e cargado de simbolismo co nome “Poetas galeg@s cantad@s”. A entrada será libre.
Así pois, a partir das 9 da noite hai en Guitiriz unha cita poetico-musical que paga a pena disfrutar ao vivo: XARDÍN DESORDENADO!
por martinho | Oct 2, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Adxuntamos cartaz e nota informando dos III SÁBADOS DE TEATRO, organizados polo Iescha, e que terán lugar, no Auditorio Municipal, durante os catro sábados do presente mes de outubro, ás 20:30 horas, con entrada libre e gratuíta.