4ª Función dos III Sábados de Teatro

4ª Función dos III Sábados de Teatro

Adxuntamos cartaz e nota informando da 4ª Función dos III Sábados de Teatro, organizados polo Iescha. Esta ocasión, e como remate da programación teatral, o grupo ACHÁDEGO TEATRO pon en escea a obra BALAS SOBRE BROADWAY. Será o sábado, 27 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

Colabora o Concello de Vilalba.

 

 

*Información achegada polo IESCHA.

San Vicente e a Virxe dos Desamparados súmanse á campaña para restaurar os frescos da súa igrexa nos Vilares, por Antón de Guizán

San Vicente e a Virxe dos Desamparados súmanse á campaña para restaurar os frescos da súa igrexa nos Vilares, por Antón de Guizán

V SÉCULOS DE NÓS/FRESCOS DOS VILARES

#SalvemosOsFrescosDosVilares

San Vicente e a Virxe dos Desamparados súmanse á campaña para salvar os frescos dos Vilares. Recurren á divinidade ao ver que as mundanas administracións non teñen a sensibilidade necesaria para salvar as pinturas.

3 paneis de 70×100 están xa colocados na Igrexa dos Vilares. Dous na pranta alta ao fondo e outro nun lateral no frente. Deseñados pola artista Viki Rivadulla, serán a imaxe da campaña de Crowfunding que iniciaremos en febreiro para conseguir que sexan os frescos restaurados os verdadeiros protagonistas da igrexa conxuntamente co resto de elementos patrimoniais de grande riqueza. Mentras, é importante sensibilizar sobre a importância destas pinturas e evitar a súa desaparición.

Oscar Santiago, párroco dos Vilares, facilitou a súa colocación no templo e manifestou o apoio económico para a campaña coa contribución da recadación da próxima Romaría dos Desamparados, pola Pascua. Os Vilares, lareira de soños, editará folletos, gravará un spot, realizará unhas xornadas con especialistas en patrimonio e fará actos públicos divulgativos entre outras iniciativas para salvar “in extremis” as pinturas do Mestre de Parga de máis de 500 anos de antigüidade en serio risco de desaparición. Despois de 26 anos do seu descubrimento e catro da Lareira de soños reclamando infrucyuosame te a súa restauración diante das diferentes institucións, local, provincial, autonómica e eclesiástica, obrigannos a iniciar unha campaña de Crowfunding que poñeremos en marcha en febreiro para poder evitar a súa desaparición definitiva diante do deterioro provocado polo abandono, humidades e rozaduras que os teñen levado a unha situación que de los. Actuar con urxencia pode chegar a ser irreversibel. Así e todo, seguiremos a trabalhar coa veciñanza e a sociedade civil para resolver o que as administracións non fan.

 

Entre tod@s, salvarémolos!!!

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares