Os ferreiros dos Vilares, por Raúl Río Díaz

Os ferreiros dos Vilares, por Raúl Río Díaz

Os Vilares deu ao poeta, criado nas terras de trapeiros e canteiros, zoqueiros, de labregos e tamén de ferreiros. Non é casualidade que a “capital” da parróquia se chame As Reixas que como definiu  o profesor Gonzalo Navaza para o libro de Pas Veres, As Reixas, puidera ser derivado de reixas de ferro ou ben, o máis probable, da labor de voltear a terra cun arado, en plural.

En calquera caso, os ferreiros son parte fundamental na historia e non o son menos na historia do noso rural. Os oficios complementan as necesidades dos labregos fabricando toda unha diversidade de apeiros que facilitaron en tempos moi duros a vida dos nosos antergos. Oficios que deixaron pegada no noso patrimonio arqueolóxico e etnográfico e dos seus autores e artes temos coñecemento por persoas como Raúl Río, que é desa xente que silenciosamente, vai recollendo, co seu ouvido de grande escoitador, coas suas cámaras e coas súas letras a memória do que aconteceu.

Así llo recoñeceron premiandoo coa Navalliña de Manuel María os da irmandade do poeta, do que foi grande amigo persoal e así a própria parróquia da que é orgulloso indíxena, Os Vilares, nomeandoo Trapeiro de Honra no ano en curso.

Raúl ten alma de cronista, testemuña ao pé do presente con vocación de historia e tamén coidador daquelas cousas pequenas que é quen de valorar e convertir en importantes tal e como o seu benquerido Díaz Castro plasmou mesas herbas pequerrechiñas sen as que o mundo non sería nada.

Desta volta deixa aquí para quen lle poida interesar e para os que veñan detrás, outro anaco desas pequenas herbas de ferro mildeadas por xentes humildes pero coa firmeza do metal e un corazón grande como o universo enteiro.

Este traballo de Raúl sairá en forma de artigo, máis curto en outros medios, máis aquí temos a sorte de contar co traballo íntegro, o que agradecemos e do que nos sentimos honrados.

 

A forxa de Raúl, non fai ferros, rescata ferreiros do óxido dos tempos nesa homenaxe da memoria e do respeito ao noso pasado, que é a maneira de fornecer o futuro. Os Ferreiros dos Vilares, da Chaira e do mundo enteiro son, somos os que petando no ferro do presente debemos forxar un mundo mellor…

O noso respeito a Raúl Río, ferreiro.

Velaí o enlace a dito documento.

Hoxe venres, concerto en Guitiriz de Xardín Desordenado, por Antón de Guizán

Hoxe venres, concerto en Guitiriz de Xardín Desordenado, por Antón de Guizán

Este venres ás nove da noite, na 🏠 Casa 🏫 Escola Habaneira de Guitiriz, concerto do prestixioso grupo Xardín Desordenado, coñecido por basear o seu repertorio musical nas letras d@s mellores poetas galeg@s apto para todo tipo de público.

Organizado pola Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, o soporte web CulturaliaGZ e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica, o concerto homenaxea ao poeta Díaz Castro polo 28 cabodano da súa morte (2 de Outubro de 1990) e celebra o nacemento da NPG (2 de outubro de 2015).

Será a primeira actuación do grupo na Terra Chá, comarca da que ten musicado a vários dos seus poetas máis recoñecidos como Manuel María, Darío Xohán Cabana e o proprio Díaz Castro.

Dentro da xira, A VICTORIA DA LUZ que os tenho levado este ano por numerosas localidades galegas e do estado español, en Guitiriz farán un repaso á súa traxectoria nos nove anos de existencia e aos catro discos editados, adicados á poesia galega mais coñecida, a Carlos Casares, a mulleres poetas, e o último a  María Victoria Moreno.

Será pois un concerto completo e cargado de simbolismo co nome “Poetas galeg@s cantad@s”. A entrada será libre.

Así pois, a partir das 9 da noite hai en Guitiriz unha cita poetico-musical que paga a pena disfrutar ao vivo: XARDÍN DESORDENADO!