CONCERTO ACÚSTICO DE CUARTA XUSTA NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA O SÁBADO 20 DE OUTUBRO

CONCERTO ACÚSTICO DE CUARTA XUSTA NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA O SÁBADO 20 DE OUTUBRO

O sábado, 20 de outubro, ás 20 hrs teremos na Casa-Museo un concerto
acústico de CUARTA XUSTA, grupo de rock melidense, formado en 2016, e
que ten por lema musical “Berrar con música as inxustizas que nos
rodean”. “Un novo espertar” é o título do seu primeiro traballo
discográfico composto por temas de contido social e reivindicativo, nel
colaboraron varios artistas da escena musical galega como Vituco Neira e
Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de Nao ou Javi
Maneiro de Herdeiros da Crus.

As persoas interesadas podedes reservar billete (5 euros) en
contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Aquí queda un adianto do que poderemos desfrutar o sábado 20 no
auditorio da Casa-Museo https://www.youtube.com/watch?v=EIguxkNLkpY

 

*Información facilitada pola Casa Museo Manuel María

2ª Función dos III Sábados de Teatro no Auditorio Municipal de Vilalba

2ª Función dos III Sábados de Teatro no Auditorio Municipal de Vilalba

Enviamos cartaz e nota informativa da 2ª Función dos III Sábados de Teatro coa posta en escea da obra HOTEL DESENCANTO a cargo do grupo HIPÓCRITA TEATRO e que terá lugar o vindeiro sábado, 13 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba.

A función conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, dentro do Programa Buxiganga’2018.

 

*Información facilitada polo IESCHA

Presentación de poemario PURA VIDA, de María Pereira, e homenaxe a Sila de Luz no Lar de Unta de Betanzos.

Presentación de poemario PURA VIDA, de María Pereira, e homenaxe a Sila de Luz no Lar de Unta de Betanzos.

O vindeiro día 3 de Novembro, no local social da Asociación Gastronómica e Cultural LAR DE UNTA de Betanzos, terá lugar a presentación do poemario dixital PURA VIDA, de María Pereira (Oslita), adicado a Sila de Luz, a rapaza de Coirós finada hai poucas semanas prematuramente por mor dun cancro e amiga da autora.

O acto, organizado por CulturaliaGZ, NPG Nova Poesía Guitirica (grupo do que forma parte María Pereira) e a Vocalía de Cultura do Lar de Unta, dará comenzo ás 18:00 horas e contará coa propia autora, diversos poetas, música e amizades e familia de Sila de Luz.

O poemario está prologado polo poeta vilalbés Martiño Maseda e editado polo soporte dixital CulturaliaGZ dentro das publicacións literarias Estraperlo Culturalia e poderase descargar gratuitamente en PDF unha semana antes do acto. Con posterioridade poderase descargar tamén no portal Galícia Digital.

 

 

María Pereira, natural de Betanzos, é documentalista, voceira dos Mariñeiros galegos en Noruega que reivindican os seus dereitos e directiva da Asociación Lar de Unta.

Ten participado en diversos recitais poéticos co grupo NPG Nova Poesía Guitirica e publicado poemas en diversas publicacións colectivas, tanto en papel como dixitais.

 

 

 

Este acto forma parte do programa de novidades #DoTrinque que desenvolven conxuntamente CulturaliaGZ, NPG e a Asociación Sociocultural Lareira de soños dos Vilares, e no que se presentan novidades literarias, musicais e artisticas.

Este é o segundo evento, o primeiro foi a presentación do disco “A Victoria da luz” de Xardín Desordenado na Escola Habaneira de Guitiriz o pasado 5 de Outubro.

O acto é aberto ao público.

 

 

 

María Pereira: +34674586147

maría.isabel.pereira.varela@gmail.com

https://www.facebook.com/events/533059117107263/?ti=cl

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.facebook.com/osvilares