Ballet “SHEREZADE” e “CHOPINIANA” coa orquestra  “Real Kyiv Filarmonica Orquesta” no Auditorio Municipal de Vilalba

Ballet “SHEREZADE” e “CHOPINIANA” coa orquestra “Real Kyiv Filarmonica Orquesta” no Auditorio Municipal de Vilalba

Ballet “SHEREZADE” e “CHOPINIANA” coa orquestra  “Real Kyiv Filarmonica Orquesta”.

O domingo 30 de decembro, o auditorio Carmen Etévez de Vilalba acollerá o Ballet “Sherezade” e “Chopiana” co acompañamento da Orquestra Real Kyiv Filarmonica Orquesta”.

Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez

Data: Domingo, 30 de decembro de 2018

Hora: 20.30 horas

Entrada anticipada adultos: 13€- Taquilla _15€

Entrada anticipada nenos: 8€- Taquilla _10€ ( ata 14 anos inclusive)

Evento con butacas numeradas.

As entradas xa a venda en Ataquilla.com ou na casa da Cultura.

 

*Información achegada desde a área de Cultura do Concello de Vilalba.

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no Auditorio Municipal de Vilalba

Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no Auditorio Municipal de Vilalba

A Orquestra Sinfónica de Galicia visitará o auditorio Carmen Estévez o venres 30 de novembro ás 20:30h, concerto que contará con José Trigueros como director.

Programa do concerto:

I

WOLFGANG AMADEUS MOZART (1756-1791)
Sinfonía nº 40, en sol menor, KV 550

Molto allegro

Andante

Menuetto. Allegretoo

Allegro assai

II

LUDWIG VAN BEETHOVEN (1770-1827)

Sinfonía nº 7, en la mayor, op. 92

Poco sostenuto

Allegretto

Presto

Allegro con brio

Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez

Data: venres, 30 de novembro de 2018

Hora: 20.30 horas

Entrada anticipada: 10€- Taquilla _12€

Evento con butacas numeradas

 

*Información facilitada pola áreda de Cultura do Concello de Vilalba.

“A FAMILIA UNIDA”, obra de títeres, este sábado na Casa-Museo MANUEL MARÍA

“A FAMILIA UNIDA”, obra de títeres, este sábado na Casa-Museo MANUEL MARÍA

Este sábado na Casa-Museo Manuel María programamos, para as 18 hrs, a obra de monicreques “A familia unida”, que levará a cabo Títeres Mircromina. A peza, de 50 minutos de duración, é un clásico de luva libre e desenfadada, chea de ritmos, xogos e cachiporra, que se mira na tradición Pulcinela, Bululú e Punch.

A sipnose da obra é a seguinte: André, o presidente, propietario e presentador do espectáculo busca empregado. A quen non lle interesa un bo traballo , unha colocación de por vida para un emprendedor coas mellores condicións de traballo posíbeis? Cromina, despois de ser pai, enfronta a súa natureza casual e festeira á responsabilidade e seriedade das circunstancias a través de clásicos como a autoridade, a paternidade, o dragón e até enfrontarse á propia morte.

A obra programada encádrase dentro do programa de teatro profesional PROSCENIO que impulsa a área de Cultura da Deputación de Lugo para contribuír á difusión do teatro na súa vertente profesional en entidades municipais e culturais da provincia, así como potenciar a actividade cultural.

A entrada é libre (para todos os públicos a partir dos 4 anos) até encher o aforo mais as persoas interesadas en asistiren deben facer a reserva previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou chamando ao teléfono 698177621.

Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario

Foliada de Outono de Castiñeiro Milenario

Xa está aquí unha nova edición das Foliadas de Outono de Castiñeiro Milenario.

Comezaremos a xornada foliadeira cun tempo adicado á aprendizaxe da música tradicional. Nesta ocasión propoñemos un obradoiro de bombo que impartirá Miguel Anxo López “Chino”, recoñecido percusionista na escena da música tradicional. O obradoiro empezará ás 19:30 e terá unha duración aproximada de 90 minutos. Para @s asociad@s de Castiñeiro Milenario será de balde e un custe de 10€ para os non asociad@s. É preciso apuntarse se queres asistir e podes facelo enviando un correo a castineiromilenario@hotmail.com ou chamando ao 616705174.

Despois do tempo de formación, comezará a foliada propiamente dita a partir das 21:30, aproximadamente. Nesta ocasión estamos especialmente orgullosos da presenza dos dous primeiros grupos: Os Miñocas e os Airiños da Terra Chá, pois moitos dos seus integrantes teñen unha estreita relación coa nosa asociación. Así que abrirán a foliada, dirixidos polo gran Brais Monxardín, os nenos e nenas do grupo de música tradicional da escola de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, que viñeron a chamarse Os Miñocas e despois collerán o testemuño o grupo de veteran@s da mesma escola, Os Airiños da Terra Chá; para rematar por todo o alto, os marabillosos cantareiros de Trevellos que porán peche á foliada oficial. Ao remate da súa intervención, comezará a foliada aberta.

Como sempre, agradecer aos grupos que participan na foliada a súa presenza, a Miguel Anxo polas facilidades postas para desenvolver o obradoiro, a Brais Monxardín polo seu empeño para que a escola de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei estivera nesta foliada e, por último, á Asociación Veciñal do Castro por deixarnos empregar ás súas instalacións da Casa do Pobo.

 

Toda a info en https://castinheiromilenario.wordpress.com/2018/11/21/foliada-de-outono-2018/

Adxuntamos o cartaz da foliada.

 

 

AC Castiñeiro Milenario
Pacios, 85 27373 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/