por martinho | Ago 21, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Publicacións, Xeral
O grande André Da Ponte verte ao galego-portugués os catro sonetos que encabezan os catro grandes concertos de Vivaldi.
No seguinte enlace podemos acceder a dita tradución.
por martinho | Ago 21, 2018 | Autores/as, Creación, Literaria, Xeral
SONETO DO VINHO
Em que reino, que século, sob qual silenciosa
Conjunção dos astros, em que secreto dia
Que o mármore não salvou, foi a valorosa
E singular ideia de inventar a alegria?
Com outonos de ouro a inventaram. O vinho
Flui vermelho por sobre as gerações
Como o rio do tempo e no árduo caminho
Nos doa sua música, seu fogo e seus leões.
Na noite de júbilo ou na jornada adversa
Exalta a alegria ou mitiga o espanto
E o ditirambo novo que este dia lhe canto
Outrora o cantaram o árabe e o persa.
Vinho, ensina-me a arte de ver a minha história
Como se esta já fosse cinza na memória.
Jorge Luís Borges, in “El otro, el mismo”, 1964. Das Obras Completas, Vol. III, Círculo de Lectores, Barcelona, 1995, página 77.
https://universoabiertoblog.files.wordpress.com/2017/09/jorge-luis-borges-en-la-biblioteca-nacional.jpg?w=625
por martinho | Ago 18, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
Un ano máis, o 15 de setembro, a concellaría de igualdade de San Sadurniño ten programado o recital poético POESÍA EN FEMININO, para o que a Concelleira Ana B. Gundín ten confiado nos colectivos chairegos NPG Nova Poesía Guitirica e CulturaliaGZ para a súa organización.
Desta volta, ademáis da música con intérpretes locais, recitarán 15 poetas vinculados a estes colectivos de diferentes lugares do país.
Pas Veres (Os Vilares), Branca Villar (Labrada), Martiño Maseda (Vilalba), María Xosé Lamas (Vilalba), Adolfina Mesa (Monterroso), Xosé Carlos Ulloa (Chantada), Asun Blanco (As Pontes), Maica Pastoriza (Vimianzo), Pilar Maseda (Vilalba), Emilia Martínez Fuentes (Vilalba/Monfero), Carmen Penín (Ortigueira), Moncho Bouzas (Betanzos), Amalia Díaz (Ortigueira), Francisco Zaera (Cedeira) e María Pereira (Betanzos) serán quenes poñan versos para a igualdade no precioso lugar do pátio do Pazo da Marquesa (concello).
Asimesmo, o
16 de setembro NPG e CulturaliaGZ teñen organizado coa Asociación Cultural e Recreativa de Pino (Cospeito), unha xuntanza cultural e literaria na Torre de Caldaloba e nos locais da asociación que incluirán unha marcha guiada á Fortaleza, actuacións poéticas e musicáis, xantar e intercambio de ideas e propostas para novas iniciativas. Deste xeito, e rematado o verán, a NPG e CulturaliaGZ abordando con forza novos retos para sumar aos xa instituídos do Certame Vilariñas de micro poesía, poemas pendurados de farolas, recitais, xornadas, publicacións de libros dixitais, etc nun grupo humano cada día máis numeroso e heteroxéneo que traspasa a os versos para abrirse a outros vampiros da cultura.
Estas duas actividades, como todas as que realizamos, son abertas á participación de quen o desexe, en San Sadurniño con asistencia libre e en Caldaloba previo anotamento nas redes sociais da NPG Nova Poesía Guitirica, Os Vilares lareira de soños e CulturaliaGZ ou nos correos
dosvilares@gmail.com e
info@culturaliagz.com
por martinho | Ago 15, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
SÁBADO, 25 DE AGOSTO, 17:00-LUGAR DA XIRA, NO CAMPO DE FUTBOL POR RIBA DAS PISTA DE TENIS DA MADALENA:
MOSTRA INTERACTIVA DE XOGOS TRADICIONAIS, a cargo de XOTRAMU, de Muimenta.
por martinho | Ago 15, 2018 | Autores/as, Novas, Xeral
VENRES, 24 DE AGOSTO, 22:00-NO AUDITORIO DE VILALBA:
INVENTARIO DE RETRANCA: HISTORIAS DE TRASMUNDO, con LOIS PÉREZ